GUÍA XUVENIL DE INVERNO 2014

Ardalén: PRADO, M.

TÍTULO: Ardalén
AUTOR: PRADO, M.
EDITORIAL: Patito Editorial
ISBN: 978-84-939434-5-5
RÓTULO: BDG PRA ard


RESUMO:

"Ardalén" é unha historia arredor da memoria persoal. A memoria como esencia da nosa existencia, da percepción da nosa propia vida, da nosa identidade. Pode soar filosófico pero, ao final, trátase dun grupo de seres humanos que se axudan e se mancan uns aos outros, algúns chegan a quererse e todos se aferran aos seus recordos para intentar evitar o naufraxio.

Volver ao inicio Back to top

El libro de los portales: GALLEGO GARCÍA, L.

TÍTULO: El libro de los portales
AUTOR: GALLEGO GARCÍA, L.
EDITORIAL: Minotauro
ISBN: 978-84-450-0130-1
RÓTULO: N(b) GAL lib


RESUMO:

Os pintores da la Academia de los Portales son os únicos que saben como debuxar os extraordinarios portais de viaxe que constitúen a rede de comunicación e transporte máis importante de Darusia. As súas ríxidas normas e a súa exhaustiva formación garanten unha impecable profesionalidade e perfección técnica en todos os seus traballos. Cando Tabit, estudante de último ano na Academia, recibe o encargo de pintar un portal para un humilde campesiño, non imaxina que está a punto de verse involucrado nunha trama de intrigas e segredos que podería sacudir os mesmos alicerces da institución.

 

Volver ao inicio Back to top

La isla de Bowen: MALLORQUÍ, C.

TÍTULO: La isla de Bowen
AUTOR: MALLORQUÍ, C.
EDITORIAL: Edebé
ISBN: 978-84-683-0427-4
RÓTULO: N(b) MAL isl


RESUMO:

1920. Todo comezou co asasinato do mariñeiro inglés Jeremiah Perkins en Havoysund, un pequeno porto noruegués situado no Ártico, e co misterioso paquete que, antes de morrer, Perkins enviou a Lady Elisabeth Faraday. O quizais a historia empezase antes, cando se descubriron unhas estrañas reliquias no interior dunha vella cripta medieval, pois foi precisamente unha desas reliquias imposibles a causa de que o malhumorado profesor Ulises Zarco, director da sociedade geográfica SIGMA, se embarcase nunha aventura inimaxinable a bordo do Saint Michel. Tanto Zarco coma o seu axudante, Adrián Cairo, percorreron o mundo enfrontándose a toda clase de perigos, igual que o capitán Verne e a súa tripulación, ou o novo fotógrafo Samuel Durango, e mesmo as dúas damas inglesas que lles solicitaron axuda; pero ningún deles estaba preparado para afrontar o temible misterio que envolve á illa de Bowen, máis alá do Círculo Polar Ártico.

 

 

Volver ao inicio Back to top

Vento e Chuvia:GAGO, M

TÍTULO: Vento e Chuvia
AUTOR: GAGO, M
EDITORIAL: Xerais
ISBN: 978-84-9914-575-4
RÓTULO: 398 GAG ven

RESUMO:

Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes. Nas vellas aldeas, na noite dos castros, hai máis de dous mil anos, alí onde hoxe vemos mudas ruínas circulares e murallas derrubadas, contáronse historias fermosas transmitidas de xeración en xeración. Historias de deuses que viven, que nacen, choran, aman, sangran, viaxan de monte en bosque, e das illas ás costas; historias nas que non existen fronteiras entre o real e o fantástico, porque, coma no tempo de hoxe, o mundo dos homes é sobre todo imaxinación. Deuses e homes corren baixo a chuvia, e as súas palabras son levadas polo vento e as augas, que son a cerna de Galicia. Manuel Gago imaxina os soños, as lendas e os mitos da Idade do Ferro, como un reporteiro de viaxes que leva a súa gravadora ao interior destas cabanas castrexas. Un minucioso traballo de documentación histórica foi o paso previo para deixar voar a imaxinación e entrar nun universo cultural mítico, onde o vento e a chuvia nos traen versos, memorias e a recuperación de centos de nomes de persoas, cidades e seres míticos da Galicia previa á invasión romana, ata agora descoñecidos polo gran público. As ilustracións de Manel Cráneo recrean este mundo con formas e cores poderosas que nos fan viaxar no tempo.

 

Volver ao inicio Back to top

Cuentos Macabros: POE, E.A.

TÍTULO: Cuentos Macabros
AUTOR: POE, E.A.
EDITORIAL: Edelvives
ISBN: 978-84-263-8154-5
RÓTULO: C(b) POE cue

RESUMO:

Unha edición de luxo dos contos de Edgar Allan Poe, mestre do terror. Os inquietantes relatos, que se presentan coa tradución de Julio Cortázar, van acompañados das espectaculares ilustracións de Benjamin Lacombe. Esta edición única inclúe ademais un texto de Baudelaire sobre a vida e obra de Poe. Contén os relatos Berenice, El gato negro, El corazón delator, La caída de la casa Usher, El retrato oval, Morella e Ligeia.

 

Volver ao inicio Back to top

El traficante de cómics: BACCALARIO, P.

TÍTULO: El traficante de cómics
AUTOR: BACCALARIO, P.
EDITORIAL: Anaya
ISBN: 978-84-678-2938-9
RÓTULO: N(b) BAC tra


RESUMO:

Un edificio de muros descascados no centro de Budapest, unha familia esnaquizada, un colexio que nega aos rapaces o dereito ao futuro: esta é a súa vida, á que Sándor, non obstante, non se resigna. É que acaso non existe un mundo no que a mesquindade quede desterrada e o valor veña premiado? Un mundo no que sexa posible vingar as ofensas, derrotar o crime, castigar os malvados, defender a liberdade? Claro que existe, pero para Sándor e os seus amigos, na Hungría oprimida polas últimas rabexadas do réxime, é un mundo prohibido: é o dos superheroes: Batman, Spiderman, os Catro Fantástico. Deste xeito, Sándor toma unha decisión: sementará fragullas de liberdade e de xustiza ao seu arredor, custe o que custe. Converterase nun traficante de cómics, seguindo os pasos dos superheroes que dende sempre camiñan ao seu lado, sentinelas invisibles da súa fantasía. Vivirá outra vida, secreta e temeraria, ata o día no que un vento novo empece por fin a soprar.

 

Volver ao inicio Back to top

A modelo descalza: SIERRA I FABRA, J.

TÍTULO: A modelo descalza
AUTOR: SIERRA I FABRA, J.
EDITORIAL: Galaxia
ISBN: Galaxia
RÓTULO: N SIE mod


RESUMO:

Nesta obra de Jordi Sierra i Fabra, o autor que máis libros vende no conxunto do estado no ámbito da literatura infantil e xuvenil, abórdanse unha serie de cuestións esenciais como motivo de reflexión na idade adolescente como son a tiranía da imaxe perfecta, os transtornos alimentarios consecuentes… pero tamén o desamor e as dificultades asociadas ao corazón humano no terreo sentimental. O libro é tamén un texto de denuncia das mafias que operan polo mundo adiante traficando con seres humanos, en especial dende o terceiro mundo. O autor achégase á cuestión dende un formato de novela policial, de tal maneira que a historia, envolvida en intriga, déixase ler moi facilmente. A acción viaxa por África e España, protagonizada por un xornalista que ve na televisión como unha antiga moza, agora supermodelo, está acusada do asasinato do seu actual noivo. Baixo destes parámetros, revísase todo o mundo corrupto que ás veces se agocha debaixo dun suposto universo de glamour e excelencia.

 

Volver ao inicio Back to top

Rapoemas: AID

TÍTULO: Rapoemas
AUTOR: AID
EDITORIAL: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-441-7
RÓTULO: P AID rap


RESUMO:

Rapoemas é un libro-disco da rapeira Aid no que se musican os grandes clásicos da literatura galega. Nunca antes se escoitara a Rosalía ou a Curros cantados desta maneira. A sorpresa vai ser grande. A calidade musical, tamén o é. Xa que logo, Rapoemas é unha viaxe que vai dende o século XIX, cando foron escritos moitos destes textos que tan ben coñecemos, ata este século XXI cheo de ritmos novos.

 

Volver ao inicio Back to top

O derradeiro irmá: APPANAH, N

TÍTULO: O derradeiro irmá
AUTOR: APPANAH, N
EDITORIAL: Xerais
ISBN: 978-84-9782-879-6
RÓTULO: 841(am) APP der


RESUMO:

Cando David se lle aparece en soños, Raj prende na memoria da súa infancia: os campos verdísimos da illa tropical onde naceu, o arrecendo e o sabor das froitas e
das bágoas, o seu pai e a súa violencia tan previsible, a tenrura da súa nai, os dioivos destrutivos e aquel sol abrasador, os seus irmáns desaparecidos na enchente e a instalación da familia preto da cadea onde vivían uns misteriosos refuxiados. O 26 de decembro de 1940, o Atlantic atraca en Port-Louis, con 1.500 xudeus a bordo, rexeitados de Palestina e deportados á illa Mauricio, entón colonia británica. Daquela Raj non sabía moito sobre o mundo, nin tampouco sobre as traxedias que estaban acontecendo. Tiña dez anos. A curiosidade levouno xogar no bosque da cadea onde traballaba o seu pai e desde alí viu a David no patio da cadea. Sabía que deberían ser amigos. Unha novela conmovedora, que posúe a sonoridade dunha canción triste, onde cada frase pode chegar a emocionar.

 

Volver ao inicio Back to top

El caso del crimen de la ópera : BARCELÓ, E.

TÍTULO: El caso del crimen de la ópera
AUTOR: BARCELÓ, E.
EDITORIAL: Edebé
ISBN: 978-84-236-7659-0
RÓTULO: N(b) BAR cas


RESUMO:

O día en que ía ser asasinado, Matthias Schroll espertou moito antes do amañecer coa boca amarga e o peito oprimido pola angustia. Estaba dun humor de cans, como case sempre, e o feito de que esa noite fose a estrea de “La Flauta Mágica” a súa primeira estrea en Austria, non contribuía a mellorar a situación... Apenas quince horas despois, tres rapazas encontrarían o seu cadáver, cun estraño aceno de sorpresa no rostro e o papel dun bombón de café na man.

 

Volver ao inicio Back to top

Séguenos

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 11:00 a 14:00h
Tardes: de luns a venres de 17:00 a 20:30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18:00h

 

NOVIDADES

LIBRO ADULTO

ler máis +

LIBRO INFANTIL

ler máis +

 

GUÍAS DE LECTURA

GUÍA AZUL DE 0-5 ANOS

ler máis +

 

GUÍA VERMELLA DE 6-8 ANOS

ler máis +

 

GUÍA VERDE DE 9-11 ANOS

ler máis +

 

GUÍA AMARELA DE 12-14 ANOS

ler máis +

 

GUÍA XUVENIL

ler máis +

 

OUTRAS MATERIAS

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

ler máis +

 

PEGADA SOCIOECONÓMICA

ler máis +

PEGADA CULTURAL

ler máis +

 

PEGADA ECOLÓXICA

ler máis +