GUÍA IMPÓRTANOS: PEGADA ECOLÓXICA

O cabalo galego: CARREIRO, P.

TÍTULO: O cabalo galego
AUTOR: CARREIRO, P.
EDITORIAL: A Nosa Terra
ISBN: 978-84-8341-210-7
RÓTULO: O mundo que me rodea


RESUMO:

Un libro onde Os Bolechas contan a historia e as características do cabalo galego.
Dentro desta colección podemos atopar outros animais autóctonos en perigo de extinción como son o can de palleiro, a galiña de Mos, o porco celta ou as ovella e morenas galegas.

Volver ao inicio Back to top

La evolución de Calpurnia Tate: Kelly, Jacqueline

TÍTULO: La evolución de Calpurnia Tate
AUTOR: Kelly, Jacqueline .
EDITORIAL: Rocabolsillo
ISBN: 978-84-92833-15-3
RÓTULO: N (b) KEL evo


RESUMO:

Calpurnia Virginia Tate ten once anos e é a menor de sete irmáns. Corre o ano 1899 nunha aldeíña de Texas, e Calpurnia está moi interesada en todo o que concerne ó mundo natural, á súa investigación e a súa contorna. Axudada polo seu avó, un ser bastante huraño cun laboratorio propio, irá coñecendo a Darwin e as súas teorías, as diversas especies e subespecies que conviven con ela.

 

Volver ao inicio Back to top

O bosque animado: FERNÁNDEZ FLÓREZ,W.

TÍTULO: O bosque animado
AUTOR: FERNÁNDEZ FLÓREZ,W.
EDITORIAL: Xerais
ISBN: 978-84-9914-021-6
RÓTULO: 846(am) FER bos


RESUMO:

O bosque animado é o gran libro da Fraga de Cecebre. Nestas páxinas vibrantes, Fernández Flórez narra as historias pequenas dos habitantes da fraga: Fendetestas, Xeraldo, Hermelinda, Pilara, Marica etc. Mais tamén dos aparecidos ou fantasmas que pasean polo bosque: a alma en pena de Fiz Cotobelo e por suposto de Hu-Hu e as súas moscas, do clan dos gatos ceibes, ou das árbores que cren que un poste de telégrafos é unha compañeira delas. Nesta novela fantástica latexa, algueirante e punxente, o buligar vital, polo común da xente, da multitude de animais e plantas que constitúen o mundo insospeitado da Fraga de Cecebre, xunto coa tensa andaina humana duns seres conformados indubidablemente pola cultura galega.

 

Volver ao inicio Back to top

A praia da esperanza : FERNANDEZ PAZ, A.

TÍTULO: A praia da esperanza
AUTOR: FERNANDEZ PAZ, A.
EDITORIAL: Xerais
ISBN: 84-9782-068-1
RÓTULO: 841(v) FER pra

RESUMO:

O relato, protagonizado pola pequena Raquel, comeza o derradeiro día de agosto cando, a punto de rematar as vacacións, atopa unha enorme buguina que levará como recordo para a cidade.
Esa mesma noite descubrirá que no interior da buguina agóchase unha diminuta serea. Sunia, a pequena serea, pídelle que lle deixe pasar o inverno con ela; desa maneira converterase na amiga secreta que lle conta contos cada noite. A mediados de novembro a serea séntese desacougada e unha desas noites comeza a saír chapapote do interior da buguina. O cheiro e o ruído espertan aos pais, que non poden entender a presenza do alcatrán na casa e acaban descubrindo tamén á pequena serea, que se oculta nas mans de Raquel; daquela cóntalles que isto só pode ser o aviso dun suceso terrible no mar. Cando conectan a radio e a televisión para coñecer que estaba pasando escoitan que un petroleiro afundira, pero que non había riscos na costa. Ante a insistencia da serea, que afirma que os medios de comunicación minten, telefonan ao cámping e así confírmanlles que toda a beiramar está inundada de petróleo. Os pais de Raquel collen os días que lles quedan de vacacións e vanse coas pequenas a axudar a limpar as praias, traballando co resto dos voluntarios.


OBSERVACIÓNS: Rematado o relato, unha serie de anexos explican, coa axuda de fotografías, o que foi noticia real naqueles días: o afundimento do Prestige, a marea negra e os danos que produce, a mobilización social, as cartas de reis de dous rapaces galegos, unha cadea de vida, unha longa historia de mareas negras, e ¡nunca máis! ás mareas negras.
Na páxina wed de Xerais hai actividades para realizar na aula.

 

Volver ao inicio Back to top

Non é unha caixa: PORTIS, A .

TÍTULO: Non é unha caixa
AUTOR: PORTIS, A .
EDITORIAL: Faktoría K
ISBN: 978-84-9695-721-3
RÓTULO: 831(az) POR non Libros para ver

RESUMO:

Unha caixa é xustamente unha caixa... a menos que non sexa unha caixa. Desde unha montaña a un foguete espacial, o coelliño desta historia demóstralles aos lectores que unha caixa pode ser todo aquilo que lles permita a imaxinación. A autora recrea unha experiencia da súa nenez, cando sentaba coa súa irmá sobre unha caixa que había de camiño á súa casa. Aposta por seguir potenciando esa economía de recursos de outrora: sen apenas nada co que distraerse, os nenos poden converter o máis sinxelo dos obxectos no máis marabilloso dos xoguetes.

 

Volver ao inicio Back to top

La basura y el reciclaje : TURNBULL, S.

TÍTULO: La basura y el reciclaje
AUTOR: TURNBULL, S.
EDITORIAL: Usborne
ISBN: 978-07-4608-587-5
RÓTULO: 628 TUR bas


RESUMO:

Sonia é unha nena calada, triste e solitaria. A razón é que os seus compañeiros se meten con ela por ser albina; Lola mesmo o obriga a facerlle os deberes. Ninguén parece decatarse ata que unha nova profesora chega ao centro e decide cambiar a situación que vive Sonia desta situación.

 

Volver ao inicio Back to top

Ayudo a mi planeta: VV.AA.

TÍTULO: Ayudo a mi planeta
AUTOR: VV.AA.
EDITORIAL: Blume
ISBN: 978-84-9801-213-2
RÓTULO: 504 AYU


RESUMO:

Descobre cales son os animais máis ameazados do noso planeta. Numerosas ideas para protexer ás especies en perigo con comportamentos para adoptar na túa vida cotiá. Axuda a evitar o empeoramento do teu ámbito cun cambio de actitude durante o baño, os desprazamentos, as viaxes, os xogos. Inclúe infinidade de exemplos para coidar o medio: salvarás unha árbore se çevitas a publicidade nas caixas de correo; reducirás o consumo de produtos químicos se te alimentas bioloxicamente; aforrarás ata 12 botellas de auga se pechas a billa cando cepillas os dentes; colaborarás na reciclaxe ecolóxica se seleccionas os teus residuos axeitadamente, e conseguirás coidar do clima e dos animais se te desprazas a pé, en bicicleta ou en patíns.

 

Volver ao inicio Back to top

Salva nuestro planeta : BROWNJOHN, E.

TÍTULO: Salva nuestro planeta
AUTOR: BROWNJOHN, E.
EDITORIAL: Combel
ISBN: 978-84-9825-219-4
RÓTULO: O mundo que me rodea


RESUMO:

Un libro que ofrece ideas para que o noso planeta sexa máis verde, máis saudable e un lugar mellor para vivir. Inclúen consellos sobre como reciclar, e preservar os nosos bosques e ríos, e sobre a protección dos animais e o seu hábitat.

O Xogo do final do libro axudará a reforzar a mensaxe ecolóxica para que os máis pequenos poidan achegar o seu gran de area.

 




 

Volver ao inicio Back to top

Conoce por dentro el planeta Tierra : DAYNES, K. e ALLEN P.

TÍTULO: Conoce por dentro el planeta Tierra
AUTOR: DAYNES, K. e ALLEN P.
EDITORIAL: Usborne
ISBN: 978-1-4095-0179-4
RÓTULO: 5(r) DAY con Saber e coñecer


RESUMO:

Un libro con solapas que levantar para explorar a fondo o planeta Terra, a súa situación, historia e evolución.

 

Volver ao inicio Back to top

Pregunta a Dra. Peteiro sobre o Planeta Terra : LLEWELLYN. C

TÍTULO: Pregunta a Dra. Peteiro sobre o Planeta Terra
AUTOR: LLEWELLYN. C.
EDITORIAL: Bahía
ISBN: 978-84-92630-22-6
RÓTULO: Saber e coñecer


RESUMO:

Pregunta á Dr.a Peteiro sobre ou Planeta Terra é unha boa forma de descubrir como afectan aos animais os volcáns en erupción, a mareas que fan desaparecer a auga, como flúen os ríos... e moito máis.

 

Volver ao inicio Back to top

Si non visualizas ben o boletín fai clic aquí

 

Séguenos http://bpvigoneiravilas.blogspot.com/

 

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 11:00 a 14:00h
Tardes: de luns a venres de 17:00 a 20:30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18:00h