GUÍA VERMELLA DE INVERNO 6-8 ANOS

O raposo e a mestra: RIVAS, M.

TÍTULO: O raposo e a mestra
AUTOR: RIVAS, M.
EDITORIAL: Xerais
ISBN: 978-84-9914-576-1
RÓTULO: 834(r) RIV rap


RESUMO:

O raposo Pindo é un raposo solitario, que sabe as falas de todos os animais e as persoas; segundo se di é fillo do lobo Petiso e a raposa Meiga. Pindo ten un poder: é quen de hipnotizar a calquera cos seus ollos de lanterna. Ese poder conseguiuno, vendo como o Sol pousaba a súa luz, ao afundirse no mar, despedindo o día.


OBESRVACIÓNS:

Propostas de actividades na páxina de Xerais http://www.xerais.es/libro.php?id=3557078

Volver ao inicio Back to top

El secuestro de la bibliotecaria: MAHY, M.

TÍTULO: El secuestro de la bibliotecaria
AUTOR: MAHY, M.
EDITORIAL: Alfaguara
ISBN: 978-84-204-4848-0
RÓTULO: 833(r) MAH sec


RESUMO:

Un día a señorita Ernestina Laburnum, bibliotecaria do concello, foi secuestrada por uns ladróns que tiñan a intención de pedir unha boa suma polo seu rescate. O que os ladróns non contaran era coa intelixencia e a dozura da bela Laburnum, e cosarampelo que acababa de pasarlles. Os corazóns dos ladróns (os que estaban encamados a causa do sarampelo) conmovéronse, xa que ninguén lles lera contos, e moi pronto os "temibles" amigos chegaron a identificarse con novos heroes, capaces converter a biblioteca do pobo nun lugar máxico e un pouco salvaxe. Esta nobre e divertida aventura, ilustrada por Quentin Blake, cóntanos como todos, ata os ladróns máis terribles, podemos chegar a querer aos libros se contamos coa pedagoxía que utilizan os verdadeiros amantes da lectura, como a señorita Ernestina: contar historias.

OBESRVACIÓNS:

Propostas de actividades na páxina de Divierteteleyendo http://www.divierteteleyendo.com/archives/libro/el-secuestro-de-la-bibliotecaria

 

Volver ao inicio Back to top

Pan de Millo: MIGALLAS

TÍTULO: Pan de Millo
AUTOR: MIGALLAS
EDITORIAL: Kalandraka
ISBN: 978-84-8464-847-5
RÓTULO: CD 784 MIG pan


RESUMO:

“Pan de millo” é un libro-disco dirixido a público familiar en que Migallas Teatro reúne 14 cancións infantís e versións de temas tradicionais. Os arranxos e adaptacións están feitos por Magoia Bodega e Paulo Nogueira, músicos e educadores, membros do grupo Treixadura e moi vencellados a proxectos de divulgación da música galega tradicional. Canda eles, intérpretes do prestixio de Pancho Álvarez, César Longa, Begoña Riobó ou Segundo Grandío, entre outros artistas. Co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor, este traballo está pensado para seguir practicando o xogo e a diversión, recuperar a memoria dos avós e avoas, e contribuír á transmisión da lingua. No repertorio conviven ritmos autóctonos -como muiñeiras, pandeiradas e pasodobres- con melodías de inspiración latinoamericana. Os temas de creación tratan cuestión actuais como a colaboración fronte á competición, a promoción da paz ou o exceso de actividades extraescolares. Tamén se inclúen propostas de expresión plástica e dramática. A partir das cancións, Dani Padrón crea unhas ilustracións que destacan pola frescura, o colorido e a ledicia que transmiten os personaxes.

 

Volver ao inicio Back to top

Marcopola, a illa remeira. As orixes de Marcopola:FERNÁNDEZ, J.

TÍTULO: Marcopola, a illa remeira.
As orixes de Marcopola
AUTOR: FERNÁNDEZ, J.
EDITORIAL: Xerais
ISBN: 978-84-9914-442-9
RÓTULO: 87(r) FRE mar/I

RESUMO:

MARCOPOLA, antes de chamarse Marcopola, era unha illa illada no medio do océano, e aburríase moito. Todo cambiou aquela mañá en que un estraño obxecto apareceu na súa praia. Que sería esa cousa tan rara? Para que serviría? Marcopola. A illa remeira é o inicio dunha serie de cómic para os primeiros lectores que seguirá coa publicación de Marcopola e os piratas da Lúa

 

 

Volver ao inicio Back to top

Vamos a buscar un tesoro: JANOSCH

TÍTULO: Vamos a buscar un tesoro
AUTOR: JANOSCH
EDITORIAL: Kalandraka
ISBN: 978-84-92608-62-1
RÓTULO: 834(r) JAN vam

RESUMO:

“Moitas veces, as cousas non son como un pensa. Incluso son ao revés!”, díxolles o vello moucho a oso pequeno e tigre pequeno cando se empeñaron en ir á procura da mellor cousa do mundo. Cansaron de facer buratos na terra e de buscar mesmo baixo a auga, por máis que alí só atoparon algas, peixes e lixo. E cando por fin conseguiran os cartos que querían para satisfacer todos os seus caprichos, volveron quedar sen nada. Enganados e roubados, volveron á casa; ata entón viviran moitas aventuras, tamén rifaran entre eles, e non só coñeceran o vello moucho, senón tamén a toupa, o peixe do río, o león dos pantalóns azuis, a pita tola e o burro Petronio.
“Imos buscar un tesouro”, xunto con “Que bonito é Panamá!” e “Correo para tigre”, forma parte dunha serie de libros cos que Janosch enxalza o valor da amizade, con historias protagonizadas por animais humanizados. Nesta ocasión, oso pequeno e tigre pequeno aprenden que os auténticos tesouros da vida non sempre están no económico nin no material. Cunhas ilustracións alegres e coloristas, clásicas e planas, de estilo infantil, este entrañable relato de Janosch desprende humor e deixa un pouso sentimental de optimismo e inocencia, cun inesperado final que colma as expectativas dos personaxes.

 

Volver ao inicio Back to top

Desde unha estrela distante: FERNANDEZ PAZ, A

TÍTULO: Desde unha estrela distante
AUTOR: FERNANDEZ PAZ, A
EDITORIAL: Xerais
ISBN: 978-84-9914-492-4
RÓTULO: 846(v) FER des


RESUMO:

Daniela está pasando uns días na casa da súa avoa antes de mudarse coa súa familia a unha nova cidade. Unha tarde sobe ao faiado a explorar e alí leva o susto da súa vida. Ao abrir un baúl, aparécelle un rato decidido a falar con ela e que, en realidade, é un extraterrestre! Poderán chegar a entenderse dous seres tan diferentes?

 

Volver ao inicio Back to top

Pastas e Pizzas: CARUNCHO, M.

TÍTULO: Pastas e Pizzas
AUTOR: CARUNCHO, M.
EDITORIAL: Ouvirmos
ISBN: 978-84-938276-5-6
RÓTULO: 641 PAS


RESUMO:

Reinventamos a cociña italiana para sorprender a toda a familia. Revisitamos a gastronomía italiana para transformar pastas e pizzas en orixinais receitas que farán as delicias dos máis pequenos: desde a pizza de Bob Esponxa até unha árbore de pasta ou un sushi feito con macarróns.

 

Volver ao inicio Back to top

O carballo: SILVAR, C.

TÍTULO: O carballo
AUTOR: SILVAR, C.
EDITORIAL: Bahía
ISBN: 978-84-9995-037-2
RÓTULO: 582 SIL car


RESUMO:

Carlos Silvar, cun texto moi sinxelo e de fácil comprensión para os lectores aos que vai dirixido e mesmo cunha presentación do protagonista, humanizado ao modo dos contos clásicos e tradicionais dos animais falantes, como guía do seu ecosistema para os visitantes que acoden a coñecelo. Asemade, vai explicando quen son as árbores e, concretamente, os Quercus e as diferenzas máis singulares entre as distintas especies, como nacen, se desenvolven e como evolucionan durante o seu longo período de vida. Alerta tamén dos perigos que o axexan no presente e fai unha chamada para procurar a súa defensa como un piar básico da conservación da natureza. Finalmente, achegándose ao terreo cultural, explica os usos que as persoas fixeron deles e a importancia que en determinados aspectos tiveron para a evolución de moitos pobos e a súa pegada na cultura popular.

 

Volver ao inicio Back to top

Palabras: MARCHAMALA, J.

TÍTULO: Palabras
AUTOR: MARCHAMALA, J.
EDITORIAL: Kalandraka
ISBN: 978-84-92608-72-0
RÓTULO: 833(r) MAR pal


RESUMO:

As palabras son a materia prima deste álbum poético e suxestivo. Un texto que transmite veneración pola linguaxe, habilmente acompañado dunhas ilustracións que mesturan elementos realistas e simbólicos, cun estilo moderno e actual, abrazando o binomio Literatura-Arte: fotografías intervidas con trazos e cores superpostas, debuxos bosquexados entre o rastro dos pinceis, ou formas xeométricas marcadas. Trátase dunha orixinal reflexión que chama a atención sobre a sonoridade das palabras, a imaxe mental que transmiten; que afonda nas raíces do seu significado para revestilas dunha nova dimensión. Un libro que nos descobre as palabras favoritas de grandes figuras das letras universais: García Márquez, Unamuno, Valle Inclán, Octavio Paz, Pío Baroja, Gerardo Diego, Ortega e Gasset, Dámaso Alonso...

 

Volver ao inicio Back to top

De profesión inventor : GÓMEZ, K.

TÍTULO: De profesión inventor
AUTOR: GÓMEZ, K.
EDITORIAL: Bululú
ISBN: 978-84-616-1542-1
RÓTULO: 833(r) GOM dep


RESUMO:

Martiño é un neno ao que lle encantan os experimentos e crear novos inventos, aínda que non todos sexan moi eficaces. Non obstante, Martiño encontrarase coa incomprensión dos seus veciños, o que o fará sentirse tremendamente só. Por iso decidirá buscarse un amigo. Onde o encontrará? Coñecendo a Martiño, calquera cousa é posible...

 

Volver ao inicio Back to top

Séguenos

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 11:00 a 14:00h
Tardes: de luns a venres de 17:00 a 20:30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18:00h

 

NOVIDADES

LIBRO ADULTO

ler máis +

LIBRO INFANTIL

ler máis +

 

GUÍAS DE LECTURA

GUÍA AZUL DE 0-5 ANOS

ler máis +

 

GUÍA VERMELLA DE 6-8 ANOS

ler máis +

 

GUÍA VERDE DE 9-11 ANOS

ler máis +

 

GUÍA AMARELA DE 12-14 ANOS

ler máis +

 

GUÍA XUVENIL

ler máis +

 

OUTRAS MATERIAS

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

ler máis +

 

PEGADA SOCIOECONÓMICA

ler máis +

PEGADA CULTURAL

ler máis +

 

PEGADA ECOLÓXICA

ler máis +