ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS : LECTURAS AXEITADAS PARA O MEU BEBÉ

 


A afección á lectura e a capacidade de ler ben pode comezar a estimularse dende os primeiros momentos da vida do teu fillo. Do acerto con que escollamos títulos para el dependerán non só a evolución dos seus gustos e capacidades lectoras, senón tamén a doutros aspectos do seu desenvolvemento asociados coas aprendizaxes que achegan os libros.

Non todo vale. Pero ante a gran variedade dispoñible, saber distinguir pode parecernos unha tarefa realmente difícil. Aquí dámosvos unha guía para acertar.


Volver ao inicio Back to top

RECURSOS QUE PODES ATOPAR NA BIBLIOTECA:

Revistas:
CLIJ
www.revistaclij.com/


Internet:
Fundación Germán Sánchez Ruipérez
www.fundaciongsr.com/

Club kiriko
www.clubkirico.com/


Guías de lectura

Actividades de fomento á lectura

E ante calquera dúbida pregunta ao persoal da biblioteca


 

Volver ao inicio Back to top

S.O.S SOMOS PAIS:

Este Punto de Interese da biblioteca pode axudar aos pais a resolver algunha das dúbidas que plantexa a educación dos seus fillos. Consellos para solucionar algúns dos problemas diarios como ensinarlles a comer, a resolver os conflitos entre irmáns ou a ir á cama sen protestar...

TÍTULOS RECOMENDADOS DE S.O.S. SOMOS PAIS

Dr. ESTIVILL, E.
¡A dormir!,
Barcelona: Plaza Janes, 2012.


BARBE-GALL, F.
Como falar de arte aos nenos,
San Sebastian: Nerea, 2009.


BICKART T.S.
El buen comienzo de la lectura,
Barcelona: Medici, 2007

JAY, R.
Las 10 cosas más importantes
que puedes hacer por tus hijos,

Madrid Pearson 2009.


CONWAY, R.
A comer,
Madrid Pearson 2008.


 

 

Volver ao inicio Back to top

CÓMO ESCOLLER UN LIBRO AXEITADO PARA CADA IDADE :

A medida que crece, as necesidades, capacidades e intereses do teu bebé cambian. E as cualidades dos libros teñen que adaptarse a eses cambios.

Ata 6 meses
Son adecuados os libros brandos, por exemplo de tea, que o bebé pode manexar sen risco. Son moi recomendables as primeiras narracións orais en forma de nanas e as cancións para recoñecer o corpo e facer arrolos.

De 6 a 12 meses
É un bo momento para dar entrada aos libros de exploración (libro-xoguete). Convén que sexan libros realizados con materiais resistentes, doados de manexar, con imaxes realistas de obxectos ou persoas facilmente recoñecibles que formen parte do ámbito cotián e máis inmediato do neno.

De 1 a 2 anos
Tempo de experimentar con libros de diferentes formatos e con ilustracións que varíen de estilo e técnica, que permitan realizar unha lectura de imaxes máis que de textos, para facilitar unha narración máis dinámica que o neno poida seguir doadamente.

De 2 a 3 anos
O teu neno gozará xa coas primeiras historias secuenciadas. Lellas máis dunha vez, incrementando de forma progresiva o contido da historia. Os detalles da ilustración e os acontecementos dan pé a dialogar co pequeno sobre o que sucede e motivalo para que se exprese.

 

 

Volver ao inicio Back to top

 

 

Séguenos http://bpvigoneiravilas.blogspot.com/

 

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 11:00 a 14:00h
Tardes: de luns a venres de 17:00 a 20:30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18:00h