GUÍA AZUL DE INVERNO O-5 ANOS 2014

Toc Toc: PABLO DÍAZ

TÍTULO: Toc Toc
AUTOR: PABLO DÍAZ
EDITORIAL: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-505-6
RÓTULO: 78 DIA toc


RESUMO:

Este libro-disco, que conta con ilustracións de Nuria Díez e que achega un feixe de temas optimistas e con ritmo. Canda ao que dá título ao volume, tamén hai cancións dedicadas ao Apalpador, á defensa do medio ou ao coidado dos animais, todo elo con ritmos alegres e grandes doses de fantasía. Díaz conta cunha banda de apoio e inclúe no traballo instrumentos como gaita, guitarras, acordeón e percusións.

Volver ao inicio Back to top

Que tal estás? : Que tal estás?

TÍTULO: Que tal estás?
AUTOR: BROWNE, A
EDITORIAL: Kalandraka
ISBN: 978-84-8464-723-2
RÓTULO: 834(az) BRO que O mundo que me rodea


RESUMO:

Con este libro, os máis pequenos aprenderán a expresar como se senten, a través de imaxes e palabras sinxelas: aburridos, contentos, tristes...
Ten un texto breve que se complementa á perfección cunhas ilustracións nas que destacan a expresión e a actitude do personaxe, aderezadas con elementos cotiás de atrezzo-xoguetes, pinturas, libros...- que reforzan cada concepto coa súa correspondente descrición visual. Anthony Browne lévanos ao mundo das emocións infantís, xoga coas cores, cos tamaños, coas tipografías: figuras que minguan ou agrandan; trazos ondulantes; palabras maiúsculas, minúsculas ou cursivas, diferentes en función da súa carga emotiva. “Que tal estás?” é un libro para pre-lectores e primeiros lectores, un libro de autocoñecemento e de socialización.

 

Volver ao inicio Back to top

Leer y tocar: CARLE, E

TÍTULO: Leer y tocar
AUTOR: CARLE, E
EDITORIAL: Kókinos
ISBN: 978-84-92750-98-6
RÓTULO: 834(az) CAR lee Torre de Babel


RESUMO:

Nada mellor para aprender os conceptos básicos en español e en inglés que un libro xogo como este. Algúns debuxos conteñen texturas diferentes que os pequenos poden tocar, sentir e diferenciar. Ademais, hai unha ventá que se pode abrir unha e mil veces para descubrir que hai detrás. E moitos efectos especiais que o converten nun obxecto moi atractivo.

Eric Carle regálanos esta vez un libro cheo de cor e xogos para os máis pequechos.
Ideal para compartir en familia e imprescindible para a escola infantil.

 

Volver ao inicio Back to top

El más suertudo: SERRANO, L

TÍTULO: El más suertudo
AUTOR: SERRANO, L
EDITORIAL: Anaya
ISBN: 978-84-678-4049-0
RÓTULO: 833(az) SER más Libros para ver

RESUMO:

Os meus amigos van ao cole en autobús, en moto, en avión Pero eu son o máis afortunado de todos. Queres saber en que vou eu?

 

Volver ao inicio Back to top

Animales parecidos: URBERUAGA, E

TÍTULO: Animales parecidos
AUTOR: URBERUAGA, E
EDITORIAL: Anaya
ISBN: 978-84-678-2895-5
RÓTULO: 834(az) URB ani O mundo que me rodea

RESUMO:

No mundo hai selvas, e tamén cidades, e en ambos os dous lugares viven animais. Algúns son antipáticos, outros son extrovertidos, algúns parécense moito entre si, outros non tanto, hai os de formas e tamaños diferentes... O que temos en común é que todos, animais de selva e animais de cidade, compartimos o mesmo fogar, a Terra.

 

Volver ao inicio Back to top

Niños: MÁRQUEZ, P.

TÍTULO: Niños
AUTOR: MÁRQUEZ P.
EDITORIAL: Kalandraka
ISBN: 9788484646983
RÓTULO: 833(az) MAR niñ O mundo que me rodea


RESUMO:

Polas súas plumas multicolores, a súa forma estilizada e a súa envexable capacidade para voar, os paxaros espertan a curiosidade infantil.
“Niños” é un álbum para pre-lectores e primeiros lectores que nos achega aos conceptos de diversidade, biodiversidadee fauna, suxerindo distintos tipos de aves estrafalarias, orixinais niños e formatos familiares dispares, cun estilo que combina a reflexión, o humor e o absurdo. Con frases breves en tipografía maiúscula, Pepe Márquez destaca a singularidade de cada especie de ave e o seu correspondente modelo de niño: construidos en lugares elevados ou baixos, de tamaño pequeno ou grande, sofisticados ou humildes... os protagonistas deste libro demostran que, sendo todos paxaros, poden ser á vez tan diferentes e tan semellantes. As imaxes con texturas caracterizan a proposta estética de Natalia Colombo, na que destaca unha contrastada paleta de colores intensos e luminosos, tanto nas figuras como nos fondos. Os seus debuxos son esquemáticos, con perfís pouco definidos, e acentúan o carácter lúdico da obra.

 

Volver ao inicio Back to top

A galiña roxa: MARTÍNEZ, P

TÍTULO: A galiña roxa
AUTOR: MARTÍNEZ, P
EDITORIAL: Kalandraka
ISBN: 978-84-8464-809-3
RÓTULO: 834(az) MAR gal Contos para contar


RESUMO:

“A galiña roxa” é un conto tradicional moi estendido no mundo anglófono, cunha temática que nunca deixa de estar presente na vida cotiá: o valor do esforzo e da constancia -que sempre dan bos froitos-fronte á insolidariedade e á nugalla de quen está afeito a beneficiarse inxusta e inmerecidamente do traballo alleo.A diferenza da ansia da galiña roxa por sacar proveito duns grans de trigo, a actitude do can lacazán, do gato durmiñón e do pato barulleiro indica -polos adxectivos que definen os personaxes- que non está no seu ánimo colaborar nas tarefas necesarias: sementar, segar, recoller, moer, amasar... Faenas que, ademais de ser duras, transcorren nunha longa liña de tempo, a través das estacións, polo que tampouco a paciencia forma parte das cualidades de quen só se interesa por obter resultados inmediatos. As ilustracións, de tons cálidos e ocres, revisten o texto dun tinte lúdico, con animais humanizados, orixinais elementos mecánicos e unha ambientación que reflictea vida tradicional no campo.

 

Volver ao inicio Back to top

En el desván: ORAM, HIAWYN

TÍTULO: En el desván
AUTOR: ORAM, HIAWYN
EDITORIAL: Fondo de Cultura Económica
ISBN: 978-968-16-4112-2
RÓTULO: 833(az) ORA ene Contos para contar


RESUMO:

Un fermoso libro que nos invita a reflexionar sobre un problema cada vez máis incitante: os nenos necesitan xogar, non xoguetes. Para xogar abonda coa imaxinación. Este álbum toca outro tema de gran relevancia: a soidade de moitos nenos. E todo isto cun texto fermoso e unhas ilustracións moi ricas. Paga a pena achegarse a este libro álbum e saborealo con calma.

 

Volver ao inicio Back to top

A familia C: BRUNO, P

TÍTULO: A familia C
AUTOR: BRUNO, P
EDITORIAL: Kalandraka
ISBN: 978-84-8464-740-9
RÓTULO: 833(az) BRU fam Contos para contar


RESUMO:

Pasen e vexan, damas e cabaleiros, nenas e nenos, ao único, ao inigualable e nunca visto espectáculo da familia C que, servíndose tan só do seu grande imaxinación, sen rede nin artificio, sen trampa nin cartón, consegue encher de cor ata os días máis tediosos! ... Porque o circo é moito máis que unha carpa enche de artistas insólitos e animais habilidosos; é un espazo onde se cruzan realidade e irrealidade, un lugar neste mundo que pertence a outro mundo: ao da ficción e a maxia. "A familia C" (C de circo?) é unha familia que adora o ambiente circense e canto significa de posible-imposible. Y ese amor pola fantasía, o xogo de irreal-realidade, é o que permite que a rutina gris dos seus días se impregne de ilusión e soño. A familia C vive unha vida normal, pero ese caudal de enxeño a chea de cor e posibilidades; vive así no sono dos días fermosos, onde facer o almorzo ou ir a traballar pode acabar sendo toda unha aventura. As ilustracións, realizadas con técnica mixta, destacan polo seu colorido e a súa forza expresiva. En conxunto, unha obra que o xurado do III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado definiu como "imaxinativa, orixinal e moderna".

 

Volver ao inicio Back to top

Claudia en el circo: SUEIRO, R

TÍTULO: Claudia en el circo
AUTOR: SUEIRO, R
EDITORIAL: RM Verlag
ISBN: 978-84-936123-1-3 | 978-9
RÓTULO: 833 (az) Cuentos para contar


RESUMO:

Claudia é unha nena con dúas coletas e un nariz de pallaso que posúe unha grande imaxinación. Un día imaxínase que vive nun circo e que ten a oportunidade de xogar cos animais, ensaiar trucos de maxia, facer malabarismos e acrobacias. A vida no circo está chea de aventuras e sorpresas, e Claudia fainos partícipes dos seus desexos e inquietudes.

 

Volver ao inicio Back to top

Séguenos

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 11:00 a 14:00h
Tardes: de luns a venres de 17:00 a 20:30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18:00h

 

NOVIDADES

LIBRO ADULTO

ler máis +

LIBRO INFANTIL

ler máis +

 

GUÍAS DE LECTURA

GUÍA AZUL DE 0-5 ANOS

ler máis +

 

GUÍA VERMELLA DE 6-8 ANOS

ler máis +

 

GUÍA VERDE DE 9-11 ANOS

ler máis +

 

GUÍA AMARELA DE 12-14 ANOS

ler máis +

 

GUÍA XUVENIL

ler máis +

 

OUTRAS MATERIAS

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

ler máis +

 

PEGADA SOCIOECONÓMICA

ler máis +

PEGADA CULTURAL

ler máis +

 

PEGADA ECOLÓXICA

ler máis +