GUÍA VERDE DE INVERNO 9-11 ANOS 2014

Inventario ilustrado de animais: ALADJIDI, V.

TÍTULO: nventario ilustrado de animais
AUTOR: ALADJIDI, V.
EDITORIAL: Faktoría K
ISBN: 978-84-1525-034-0
RÓTULO: 59 ALA inv


RESUMO:

Este libro reúne sobre un cento de exemplares de fauna representativa de todo o mundo, tanto vertebrados -mamíferos, aves, peixes, anfibios, réptiles- como invertebrados, que con máis de 60 clases, representan o 95% das especies animais. De cada un indícase o seu nome científico e común, e engádese unha descrición que acompaña a ilustración, naturalista e coloreada con acuarela.

Volver ao inicio Back to top

Bandada: DÍAZ GARRIDO, M J.

TÍTULO: Bandada
AUTOR: DÍAZ GARRIDO, M J.
EDITORIAL: Kalandraka
ISBN: 978-84-8464-805-5
RÓTULO: 848(am) DIA ban


RESUMO:

“Bandada” foi a obra gañadora do V Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrados. O relato, a base de frases breves e sutís, propón unha profunda reflexión sobre a historia da humanidade: o desenvolvemento dunha sociedade que inicialmente busca o coñecemento, o progreso técnico e científico, o benestar e un bo porvir, pero que nese tránsito perverte os seus principios, xera violencia e dominación dos fortes sobre os débiles. Dende o punto de vista estético, “Bandada” destaca polo simbolismo das ilustracións, protagonizadas por toda clase de paxaros humanizados, representados cun extraordinario detallismo, en branco e negro. Un lirismo poético, un xogo contraditorio e unha mensaxe de esperanza que se leva ao extremo dun xeito moi hábil, asociando as aves desta historia coa incapacidade natural das persoas para voar.

 

Volver ao inicio Back to top

O aroma do liquidámbar: ALFAYA, A.

TÍTULO: O aroma do liquidámbar
AUTOR: ALFAYA, A.
EDITORIAL: Xerais
ISBN: 978-84-9914-436-8
RÓTULO: 841(v) ALF aro


RESUMO:

Miro non sabía que Susana estaba no cárcere, e Daniel devecía de pena porque Adelaida marchara a Guatemala para coidar da súa avoa enferma. Os dous estrañaban as súas nais; no entanto, uníronse na espera, compartindo segredos, animados pola harmónica de Humberto e a guitarra de Fermín, fartos do mal xenio de Manuela ou mortos de risa cos inventos de Vicente. Unha rosa fresca no cuarto de Susana mantiña viva a súa presenza no corazón de Miro; os recendos das herbas perfumadas de Adelaida, e sobre todo o aroma do liquidámbar, recordábanlle a Daniel o espírito feiticeiro da súa nai, e mais o de Violeta, a súa centenaria avoa.

 

Volver ao inicio Back to top

Mago por casualidad:GALLEGO, L.

TÍTULO: Mago por casualidad
AUTOR: GALLEGO, L.
EDITORIAL: Bruño
ISBN: 978-84-216-7269-3
RÓTULO: 846(v) GAL mag

RESUMO:

Ratón é o típico rapaz que traballa na típica pousada do típico reino fantástico, cos seus cabaleiros típicos, os seus feiticeiros típicos e os seus tipiquísimos dragóns. Un día, un accidente cun obxecto máxico outórgalle os grandes poderes do famoso mago Calderaus... uns poderes que non sabe usar. O problema é que Calderaus, agora convertido en corvo, non se deterá ata recuperar o que é seu... e Ratón desexará non o ter coñecido nunca. Os dous iniciarán unha delirante viaxe, no que coñecerán a toda unha serie de personaxes extravagantes e vivirán unha serie de tolas aventuras repletas de humor.

 

Volver ao inicio Back to top

Ocultos: GUTIÉRREZ, X.

TÍTULO: Ocultos
AUTOR: GUTIÉRREZ, X.
EDITORIAL: Kalandraka
ISBN: 978-84-152-5041-8
RÓTULO: 59 GUT ocu

RESUMO:

Na natureza todo está en cambio perpetuo. As especies evolucionan mediante a selección natural para adaptarse ao ecosistema no que viven. Pero antes ou despois, o ecosistema tamén cambia e, como consecuencia, algunhas especies -antes moi ben adaptadas- son incapaces de sobrevivir no novo ambiente e acaban extinguíndose. Mentres, outras máis versátiles ocupan o seu lugar e comezan outra etapa de adaptación ás novas condicións. Nos ecosistemas máis intrincados, como selvas e arrecifes de coral, proliferan animais capaces de ocultarse no contorno. A evolución destas especies favoreceu a produción de adaptacións que lles permiten pasar desapercibidas.

 

Volver ao inicio Back to top

Casas: CARBALLEIRA, P.

TÍTULO: Casas
AUTOR: CARBALLEIRA, P.
EDITORIAL: Tambre
ISBN: 978-84-15165-70-5
RÓTULO: 841(v) CAR cas


RESUMO:

Casas repasa en vinte e un capítulos outros tantos tipos de vivendas nas que os seres humanos ou os animais moran. Faino, amais, alternando o relato en prosa co poema narrativo, nunha complementariedade que engade un agradecido plus estilístico a un discurso sempre imaxinativo, ben humorado e non por iso exento de comprometida crítica para con sensibles cuestións sociais que aparecen sutilmente tratadas como pano de fondo. Desfilan, así, pola obra as casas de palla, as casas niño dos paxaros, a casa ás costas do caracol, a casa allea do cuco, a casa haima, a casa iglú, a casa de bonecas ou a casa barco, entre outras. Fantásticas vivendas que cobran vida, en atractivo trazo, mercé ao ollo que todo o aprehende da ilustradora pontevedresa Minia Regos.

 

Volver ao inicio Back to top

Luces en el canal: FERNÁNDEZ SIFRES, D.

TÍTULO: Luces en el canal
AUTOR: FERNÁNDEZ SIFRES, D.
EDITORIAL: SM
ISBN: 978-84-675-5192-1
RÓTULO: 841(v) FER luc


RESUMO:

Ao home da barca nunca ninguén lle preguntou o seu nome. Tampouco lle preguntaron que son esas estrañas luces que saen ás veces da súa barca, nin quen é esa especie de monstro de cara xigantesca e rectangular que aprece algunhas noites. Pero Frits está decidido a descubrilo, e entón decatarase de que a realidade é moito máis do que un ve.

 

 

Volver ao inicio Back to top

Rosalía pequeniña: UXIA

TÍTULO: Rosalía pequeniña
AUTOR: UXIA
EDITORIAL: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-484-4
RÓTULO: CD 81(r) UXI ros


RESUMO:

A música é sempre un dos mellores vehículos para descubrir e gozar da poesía. Uxía déixanos un feixe de cancións para retratar esa muller que uns chamaron tola e outros santa: a verdadeira Rosalía. Rosalía pequeniña, pirata, poeta, aventureria ou fada. Rosalía pequeniña para cantar, para rir, para gozar ou bailar. Rosalía de Castro. Na voz de Uxía e na voz dunha lexión de cantadeiras e un nutrido grupo de músicos.

 

Volver ao inicio Back to top

El diario de Dan: GOFFIN, J.

TÍTULO: El diario de Dan
AUTOR: KIRCHNER, D.
EDITORIAL: Destino
ISBN: 978-84-08-10307-3
RÓTULO: 841(am) DAN(I)


RESUMO:

Como? Que a túa vida é dura? Non coñeces a Dan... Para o pobre Dan todo son problemas: o seu novo profe é un extraterrestre, o chapón da clase quedou o seu cómic preferido, o seu irmán non deixa de facerlle xogadas e parece que todos están decididos a facerlle a vida imposible! Pero Dan teno claro: onde as dan, tómanas! Dan, con gran sentido do humor, comparte connosco o seu día a día: as metidas de pata, as leas no colexio, as canalladas cos amigos... e as súas ideas máis tolas!

 

Volver ao inicio Back to top

Jack e a morte: BOWLEY, T.

TÍTULO: Jack e a morte
AUTOR: BOWLEY, T.
EDITORIAL: OQO
ISBN: 978-84-9871-367-1
RÓTULO: 846(v) BOW jac


RESUMO:

Jack atópase coa Morte e, ao intuír que vai buscar a súa nai, que está doente, trama un plan para librarse dela. Con incrible astucia, Jack é quen de atrapar o sinistro personaxe nun bote; pero as consecuencias do acto son imprevisibles –xa nada pode morrer– e o que semellaba, no inicio, un motivo de alegría –a nai recupérase de súpeto da súa grave doenza– acaba por se converter nun caos.

 

Volver ao inicio Back to top

Séguenos

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 11:00 a 14:00h
Tardes: de luns a venres de 17:00 a 20:30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18:00h

 

NOVIDADES

LIBRO ADULTO

ler máis +

LIBRO INFANTIL

ler máis +

 

GUÍAS DE LECTURA

GUÍA AZUL DE 0-5 ANOS

ler máis +

 

GUÍA VERMELLA DE 6-8 ANOS

ler máis +

 

GUÍA VERDE DE 9-11 ANOS

ler máis +

 

GUÍA AMARELA DE 12-14 ANOS

ler máis +

 

GUÍA XUVENIL

ler máis +

 

OUTRAS MATERIAS

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

ler máis +

 

PEGADA SOCIOECONÓMICA

ler máis +

PEGADA CULTURAL

ler máis +

 

PEGADA ECOLÓXICA

ler máis +