GUÍA AMARELA DE INVERNO 12-14 ANOS 2014

Camiños sen nome: CASTAGNOLI, A.

TÍTULO: Camiños sen nome
AUTOR: CASTAGNOLI, A.
EDITORIAL: OQO
ISBN: OQO
RÓTULO: 81(v) CAS cam


RESUMO:

Un pardal nun campo nevado deserto, unha tartaruga que camiña lentamente polo xardín, unha estrela fugaz, unha araña que lanza o seu primeiro fío de prata… Non todos os camiños teñen nome. Pero con orellas de morcego ou con orellas submarinas e con palabras de colibrí, podemos oír e cantar a poesía das pequenas cousas que nos rodean.

Volver ao inicio Back to top

A illa de todas as illas: P. DOCAMPO, X.

TÍTULO: A illa de todas as illas
AUTOR: P. DOCAMPO, X.
EDITORIAL: A illa de todas as illas
ISBN: 978-84-9914-591-4
RÓTULO: 843(am) DOC ill


RESUMO:

A illa de todas as illas narra a aventura de tres rapaces, nunha illa deserta que non ten nome, pero a que todos chaman Navalleira. Puxéranlle ese nome os mariñeiros, porque nela había moitas navallas; pero agora, segundo lles conta o patrón do barco que os leva alí, só quedan brétemas mestas e espíritos. Algúns mariñeiros que chegaran á illa buscando navallas volveran a terra dicindo que escoitaran voces e que viran xentes que lles falaban en todas as linguas do mundo e que vestían como os que veñen nos libros antigos. Xabier P. DoCampo quixo render tributo con esta historia a todos aqueles fermosos libros de aventuras cuxas historias sucedían nunha illa deserta ou aparentemente inhabitada, obras que mantiveron, como di no epílogo, «o meu corazón alterado, as miñas emocións abrollando coma fontes da alma e moitas horas entregadas á lectura cando llelas tiña prometidas ao sono ou ao estudo»

 

Volver ao inicio Back to top

O castiñeiro de abril: FRAGA, A.M.

TÍTULO: O castiñeiro de abril
AUTOR: FRAGA, A.M.
EDITORIAL: Xerais
ISBN: 978-84-9914-574-7
RÓTULO: 841(am) FRA cas


RESUMO:

Buto, o zapateiro, conta a historia do seu amigo Baltasar, un rapaz de once anos, cego de nacemento e orfo de nai, que vive coas súas tías, Olegaria e Berenguela, dúas xemelgas moi antipáticas e un pouco malvadas. Acompañado do seu can, Barriga Branca, Baltasar vende na praza dos Zoqueiros soldadiños e bailarinas de madeira, labradas coa súa navalla, coa intención de xuntar cartos para reunirse co seu pai. A aparición na praza do Castañeiro de Abril provocará un xiro na súa vida e unha chea de acontecementos que trastornan a vida da xente do seu barrio. O Castañeiro de Abril é unha historia de superación dunha dignidade tremenda e dunha afouteza extraordinaria. Unha reivindicación das cousas miúdas, que adoitan ser a principal orixe dos nosos desgustos e das nosas maiores satisfaccións.

OBSERVACIÓNS:
Na páxina de Xerais pódese atopar unha ficha de lectura
http://www.xerais.es/libro.php?id=327127

 

Volver ao inicio Back to top

Blacksad:DÍAZ CANALES, J.

TÍTULO: Blacksad
AUTOR: DÍAZ CANALES, J.
EDITORIAL: Norma
ISBN: 978-84-679-1425-2
RÓTULO: BDH CAN bla(V)

RESUMO:

A quinta entrega de Blacksad, unha das series máis aclamadas do panorama nacional, que nesta ocasión rende toda unha homenaxe ás road movies clásicas do cine norteamericano que levará ao detective felino a percorrer as poeirentas estradas do sur de Estados Unidos detrás dun asasino que o implicou involuntariamente nos seus crimes.

 

 

Volver ao inicio Back to top

Cartas de inverno: SEIJAS, A.

TÍTULO:Cartas de inverno
AUTOR: SEIJAS, A.
EDITORIAL: Xerais
ISBN: 978-84-9914-443-6
RÓTULO: BDG SEI car

RESUMO:

Á volta da súa viaxe, o escritor Xabier Louzao atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Mais alí, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que talvez as persoas nin tan sequera somos capaces de imaxinar. Versión en banda deseñada de Cartas de inverno, a extraordinaria novela de terror de Agustín Fernández Paz, un dos clásicos da narrativa galega contemporánea.

 

Volver ao inicio Back to top

Tigres de la otra noche: GARCÍA ESPERÓN, M.

TÍTULO: Tigres de la otra noche
AUTOR: GARCÍA ESPERÓN, M.
EDITORIAL: Fondo de Cultura Económica
ISBN: 968-16-8272-6
RÓTULO: 81(r) GAR tig


RESUMO:

Vinte son as poesías que compoñen o presente volume. Nelas, a autora ponnos en presenza de tigres que saltan debaixo do pupitre, da caixa de cores e da porta do armario. Tigres que nos acompañan nos nosos paseos en bicicleta e de cando en vez nos dan unha manito de gato.

 

Volver ao inicio Back to top

Migrar: MATEO, J. M.

TÍTULO: Migrar
AUTOR: MATEO, J. M.
EDITORIAL: Faktoria k de libros
ISBN: 978-84-15250-38-8
RÓTULO: 841(am) MAT mig


RESUMO:

De correr "entre galloa y cochinos" no campo, a lanzarse cara ao alto dun tren en marcha que o leve, xunto á súa irmá e a súa nai, ao outro lado da fronteira con Estados Unidos. Así de crua é a experiencia dun neno anónimo, un dos aproximadamente 50.000 menores que cada ano abandonan México en busca dun futuro mellor. "Migrar" -que parte dunha iniciativa da editorial mexicana Tecolote- non só aspira a xerar conciencia sobre este preocupante fenómeno social, senón a visibilizar tamén o contexto que o rodea: perigo físico, desprotección legal, incerteza e sacrificio. Un relato emocionante e duro cuxo protagonista conta, coa naturalidade e a inxenuidade propia da súa idade, unha aventura de final incerto que lle leva ata Los Ángeles, para deixar de ser un neno que busca ao seu pai e converterse precozmente nun traballador. O texto de José Manuel Mateo compleméntase á perfección coa grande ilustración do mestre artesán Javier Martínez Pedro, realizada en branco e negro no tradicional papel amate. A partir da súa propia vivencia como emigrante, as imaxes -que destacan polo seu detallismo visual e a característica iconografía mexicana- representan dende un idílico escenario rural e costumista ata unha grande urbe moderna, pasando polos avatares da arriscada viaxe ata o valo fronteirizo.

 

Volver ao inicio Back to top

El viaje secreto: MERINO, J.M.

TÍTULO: El viaje secreto
AUTOR: MERINO, J.M.
EDITORIAL: Anaya
ISBN: 978-84-667-6261-8
RÓTULO: 841(am) MER via


RESUMO:

Nas longas noites de insomnio, un escritor aproveita para desenvolver a súa novela sobre Hipatia, unha fermosa e erudita muller, matemática e filósofa de Alexandría. Unha desas noites, sucede algo estraño na súa biblioteca: o libro Alexandría (unha primeira edición que o seu avó comprara en 1934), que colocou noutra sección da biblioteca, aparece no seu antigo lugar. Este feito misterioso lévao a recordar outra noite, cando tiña doce anos e apareceu o seu avó, falecido había nove días.

 

Volver ao inicio Back to top

Las costuras del guante: ÁLVAREZ, B.

TÍTULO: Las costuras del guante
AUTOR: ÁLVAREZ, B.
EDITORIAL: Anaya
ISBN: 978-84-667-6287-8
RÓTULO: 86(am) ALV cos


RESUMO:

As conversacións que manteñen o gato dun sabio e un sapo dono da súa propia poza, sérvenlle á autora para presentarnos estas cinco historias. Cinco textos literarios nos que pasea, entre outros asuntos, polo amor e a morte, a guerra e a arte... Cinco contos que teñen como referencia a algúns personaxes dos contos marabillosos, e que, como aqueles, introducenao lector, novo ou adulto, nun mundo de fabulación enigmático e suxestivo.

 

Volver ao inicio Back to top

Chaplin: STOURDZÉ, S.

TÍTULO: Chaplin
AUTOR: STOURDZÉ, S.
EDITORIAL: Combel
ISBN: 978-84-9825-361-0
RÓTULO: 929(b)Chaplin STO cha


RESUMO:

Un libro de gran formato sobre a vida e a obra de Charles Chaplin. Cun texto ameno, o autor repasa a traxectoria deste celebre actor e realizador mediante fotografías, escenas das súas películas, carteis da época e unha selección de obxectos relacionados con Charlot.

 

Volver ao inicio Back to top

Séguenos

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 11:00 a 14:00h
Tardes: de luns a venres de 17:00 a 20:30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18:00h

 

NOVIDADES

LIBRO ADULTO

ler máis +

LIBRO INFANTIL

ler máis +

 

GUÍAS DE LECTURA

GUÍA AZUL DE 0-5 ANOS

ler máis +

 

GUÍA VERMELLA DE 6-8 ANOS

ler máis +

 

GUÍA VERDE DE 9-11 ANOS

ler máis +

 

GUÍA AMARELA DE 12-14 ANOS

ler máis +

 

GUÍA XUVENIL

ler máis +

 

OUTRAS MATERIAS

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

ler máis +

 

PEGADA SOCIOECONÓMICA

ler máis +

PEGADA CULTURAL

ler máis +

 

PEGADA ECOLÓXICA

ler máis +