PROGRAMACIÓN ABRIL 2019

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Bicos de papel

O 13 de abril celébrase o Día Internacional do Bico, así que a biblioteca quere unirse a este día tan significativo no noso calendario. Con esta mostra queremos repartir unha chea de bicos de papel.
Ollo, non confundir co Día do Bico Roubado, que ese é outro día a celebrar!

Do 1 ao 30 de abril

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Bicos de papel

Volver ao inicio Back to top

RECOMENDACIÓN DO MES: Luis García Montero

Mostra bibliográfica

Este mes queremos recomendar a obra do poeta e crítico literario Luis García Montero. Pertence á “Generación de los ochenta” ou Postnovismo dentro da nomeada “Poesía de la experiencia”.

Do 1 ao 30 de abril

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Recomendación do mes: Manel Loureiro

Volver ao inicio Back to top

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL: Scriptorium

PREVIA INSCRICIÓN* ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

“Scriptorium, a palabra convertida en Arte” é un proxecto para ensinar o importante labor dos monxes e monxas copistas medievais. Explicarase aos participantes de xeito divertido e didáctico como vivían e de que xeito realizaban o duro traballo de copiar e iluminar os códices nos Scriptoria para conservar a nosa cultura.

Martes, 2 de abril ás 18.00h

Para: Público infantil maior de 6 anos.

Día do libro Infantil e xuvenial scriptorium Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 4 e 25 de abril ás 19.00 h

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS: Cris de Caldas

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Venres, 5 de abril ás 18.00h

Para: público infantil dende 3 anos.

Aforo limitado

A hora dos contos Cris de Caldas Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 1 DE ABRIL ÁS 17.00H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Un venres ao mes grazas a Migallas Teatro os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Venres, 12 de abril ás 18.00h

Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

OBRADOIRO DE STOP MOTION

PREVIA INSCRICIÓN* 26 DE MARZO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Neste obradoiro achegamos ao público infantil dun xeito lúdico e divertido á creación de bonecos e decorados con plastilina, así como á aprendizaxe de técnicas de animación.
O obradoiro está realizado por Fernando Cortizo, director e guionista do filme O Apóstolo.

Martes 16 e mércores 17 de abril de 11.00 a 13.00h

Para: público infantil maiores de 6 anos.

Día da poesía Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

DÍA DO LIBRO: Escape Room: O legado de Verne

PREVIA INSCRICIÓN* 2 DE ABRIL ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Para celebrar o Día do Libro realizaremos na biblioteca un xogo de Escape Room creado por EsKapark. Neste xogo dirixido ao público xuvenil os participantes resolverán quebracabezas e enigmas baseados na ciencia e na tecnoloxía do imaxinario de Jules Verne, competindo contrarreloxo nun divertido reto de 60 minutos..

Martes, 23 de abril ás 19.30 h

Para: Público xuvenil dende 14 anos.

Día do libro Escape room o legado de Verne Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Avelino González

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todos aqueles que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o actor Avelino González.

Venres, 26 de abril ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Aforo limitado

Contos Dakí Avelino González Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

Inscrición:

A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Máis información das actividades en: a web, blog, facebook, twitter da biblioteca e no próximo newsletter.

Normas de inscrición

Normas de comportamento

 

Aforo

Nas actividades sen inscrición, a entrada é libre ata completar aforo.

 

Toma de imaxes

actividades Neira Vilas na biblioteca

No transcurso das actividades o persoal da biblioteca realizará fotografías, para a súa divulgación e difusión.

Se non desexas participar na reportaxe, comunícao ao comezo da actividade.