PROGRAMACIÓN XANEIRO 2018

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Nadal

Durante as festas de Nadal a Biblioteca Neira Vilas ofrece unha mostra na que atopar moitas ideas para decorar a túa casa, preparar novas receitas nas celebracións, facer agasallos ou gozar con diferentes historias para celebrar estas datas.

Do 22 de decembro ao 06 de xaneiro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Nadal na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

RECOMENDACIÓN DO MES: Marcial Lafuente Estefanía

Mostra bibliográfica

Este mes queremos recomendarvos a obra de Marcial Lafuente Estefanía, o popular escritor de novelas do oeste, quen publicou tamén cos pseudónimos Tony Spring, Arizona, Dan Lewis o Dan Luce. Tamén se dedicou ao xénero das novelas rosas, que firmaba baixa o nome de María Luisa Beorlegui e Celia de Iraluce.

Ademáis para coñecer máis a este autor a mostra bibliográfica complétase coa proxección do documental Galicia. Máis oeste que nunca, dentro do ciclo De verbas a fotogramas.

As obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca soamente en consulta en sala.

Do 01 ao 31 de xaneiro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Recomendación do mes Bob Dylan na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

BUZÓN REAL

O Buzón Real estará na biblioteca durante as festas para que todo o mundo poida deixar nel as súas peticións aos Reis Magos e contarlles como se portaron durante todo o ano.

Do 22 de decembro ao 5 de xaneiro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Buzón Real na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS: Conto para un inverno baixo as mantas

Felipe Caxoto

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Venres, 12 de xaneiro ás 18.00 h

Para: Público infantil dende 3 anos.

Aforo limitado

A hora dos contos Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 18 de xaneiro ás 19.00 h

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 02 DE XANEIRO ÁS 10.00 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Un venres ao mes grazas a Migallas Teatro os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Venres, 19 de xaneiro ás 18.00 h

Para: público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Soledad Felloza

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todos aqueles que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos a contadora Soledad Felloza.

Venres, 26 de xaneiro ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Aforo limitado

Contos Dakí Soledad Felloza Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CICLO DE CINE: De verbas a fotogramas

Mostra das diferentes fórmulas de audiovisual que se realizan en Galicia, todo en torno á literatura e ás verbas. Visionaranse os proxectos e faremos un encontro con algún dos seus directores e protagonistas.

Isaac Díaz Pardo: ISAAC

Visionado da longametraxe documental e charla coloquio.

Sinopse
Documental dirixido por Xosé Abad sobre a figura de Isaac Díaz Pardo, coproducido por EAF Produccións e CRTVG, e coa colaboración da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e da Consellería de Cultura e Deporte
“ISAAC” é un documental de 55 minutos sobre Isaac Díaz Pardo, o fundador, promotor e primeiro traballador do Laboratorio de Formas, de Cerámicas do Castro, de Sargadelos, de Edicións do Castro e do Instituto Galego da Información.
Baixo a dirección de Xosé Abad e con guión de Carlos Vázquez, realizouse este documental que, sen renunciar a elementos biográficos, pretende amosar sen artificios, o pensamento, a opinión e os sentimentos de Isaac Díaz Pardo sobre o seu tempo, o seu mundo e o seu país. Economía, Emigración-Inmigración, a guerra do Irak ou lembranzas da República e da Guerra Civil son temas sometidos no documental á súa disección lúcida. Aos seus 87 anos, cunha saúde intelectual envexable, Isaac é quen de ofrecernos a súa opinión sempre comprometida e excepcionalmente libre e libertaria.
Isto quere contarse con ritmo vivo, sentido do humor e a clarividencia que lle son propias á perxonaxe galega máis relevante e fértil de todo o século vinte e parte do vinteún.

Mércores, 17 de xaneiro ás 19.00 h

Para: público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Isaac Días Pardo  ciclo de cine Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

Xosé Neira Vilas: O espantallo amigo

Visionado da longametraxe documental e charla coloquio.

Sinopse
Xosé Neira Vilas abre as portas da súa casa e da súa memoria para amosarnos, nunha entrevista, un percorrido polas súas andaduras vitais e literarias. Ao mesmo tempo transcorre en paralelo a animación do seu conto O Espantallo Amigo. Realidade e ficción terminan por mesturarse, escenificando unha fermosa apoloxía á xenerosidade, á amizade e ao poder expansivo da lingua galega.
Para recrear o conto de O Espantallo Amigo foi necesario realizar un esforzo a nivel de animación e integración 3D en contornas reais. Nada que non poida solucionar a ilusión que transmitiu o gran Neira Vilas, un home inmenso, xeneroso, apaixonado, cun inabarcable saber e unhas ganas inesgotables de ser útil aos seus 87 anos.

Mércores, 24 de xaneiro ás 19.00 h

Para: público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Xosé Neira Vilas O espantallo amigo  ciclo de cine Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

Marcial Lafuente Estefanía: Galicia. Máis oeste que nunca

Visionado da longametraxe documental e charla coloquio.

Sinopse
Mediante testemuños e material de arquivo abórdase a figura de D. Marcial Lafuente Estefanía, popular autor de novelas do Oeste, que comezou a súa carreira en Vigo nos anos 40, da man da Editorial Cíes, a primeira galega da posguerra.
Entre os participantes destaca Federicio Lafuente, fillo de Marcial que segue escribindo as noveliñas do pai, e con profundos lazos con Vigo ao transcorrer aquí a súa infancia e adolescencia. Xunto a él entrevístase a escritores como Fernando Sabater, X.L. Mendez Ferrín, Francisco G. Ledesma, Eduardo Mendicutti ou Domingo Villar; especialistas como Carlos Abraham, Fernando Eguidazu e Pedro Puialto; ou á popular autora de novela rosa Corín Tellado, falecida en 2009, e que concedeu a súa última entrevista para este documental.
Por outra banda, lectores e vendedores de España e Latinoamérica, axúdannos a comprender a vixencia do fenómeno Estefanía. O documental desprázase, con este obxecto, a Barcelona, Madrid, Montevideo, Managua ou Bos Aires.
Inédito material de arquivo, localizado tras unha exhaustiva labor de investigación, complementa os citados testemuños. Resaltar o apoio da familia do fundador de Cíes, Barrientos, que proporcionou fotografías e documentos diversos cos que se puido reconstruir a intensa actividade da editorial nos seus 20 anos de existencia.
Finalmente, a modo de noveliña, o documental inclúe o considerado primeiro western galego ou grelos- western, ‘NAIPE DE SANGUE’, estrenado no Festival de Cans, en maio de 2010 e protagonizado por Silvia Superstar e Eladio Santos entre outros. Esta curtametraxe despertou o interese dos medios de comunicación e conseguiu un gran éxito do público e a crítica, resultando seleccionado para competición, entre máis de 700 producións de todo o mundo, no Festival Internacional de Cine de Ourense.

Mércores, 31 de xaneiro ás 19.00 h

Para: público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Marcial Lafuente Estefanía  ciclo de cine Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org

Inscrición:

A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Estade atentos ao próximo newsletter e a web, blog, facebook e twitter da biblioteca, onde poderedes atopar máis información das actividades.

Normas de inscrición

Normas de comportamento

 

Aforo

Nas actividades sen inscrición, a entrada é libre ata completar aforo.

 

Toma de imaxes

actividades Neira Vilas na biblioteca

No transcurso das actividades o persoal da biblioteca realizará fotografías, para a súa divulgación e difusión.

Se non desexas participar na reportaxe, comunícao ao comezo da actividade.