PROGRAMACIÓN DE SETEMBRO 2018

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: CHICK LIT...

Chick lit é un xénero composto por libros que foron escritos por e para mulleres. Normalmente teñen un ton persoal, lixeiro, humorístico e unha grande dose de romanticismo.
O xénero leva anos formando parte das nosas vidas, novelas, películas, series, calquera formato é válido para contarnos a vida das mulleres, pero este xénero posúe tantos seguidores como retractores. Con esta mostra queremos ofrecervos a oportunidade de crear a vosa opinión sen que contedes con ningún tipo de prexuízo.

Do 1 ao 30 de setembro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

RECOMENDACIÓN DO MES: MEGAN MAXWELL

Mostra bibliográfica

Esta escritora é un referente nacional dentro da novela de xénero Chick it dende que no 2010 foi galardoada co "Premio Internacional de Novela Romántica Seseña". Dende ese momento deixa atrás o seu nome María del Carmen Rodríguez del Álamo Lázaro e toma o seudónimo de Megan Maxwell co que leva máis de 30 novelas publicadas.

Lembrade que podedes consultar todas as obras en sala ou levalas para casa en préstamo.

Do 1 ao 30 de setembro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Recomendación do mes na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

CITA A CEGAS

Ofrecemos unha CITA A CEGAS co que pode chegar a ser un gran amor literario. Haberá na biblioteca unha serie de paquetes pechados que se poden levar a casa emprestados, sen saber o que hai dentro, ata que ao abrilos se desvele o seu segredo, atopando o que pode chegar a ser un gran descubrimento, unha decepción ou un gran amor.

Do 1 de xullo ao 30 de setembro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Todo o público socio da biblioteca.

Cita a cegas

Volver ao inicio Back to top

TERRAZAS DE VERÁN

Aproveitando o bo tempo do verán saímos á rúa para realizar unha serie de actividades que teñen a literatura e a música como protagonistas.

Encontro co escritor Beto Luaces

En primeiro lugar visítanos o escritor Beto Luaces, autor da novela Vicus. Trátase dun encontro informal cos lectores, unha charla amigable onde os participantes poden falar e preguntar ao escritor sobre o que rodea ao mundo literario.

Xoves, 13 de setembro ás 19.30 h

Para: Público xeral.

 
Encontro co escritor Beto Luaces Biblioteca Xosé Neira Vilas

Concerto de DAVID REGUEIRO TRIO

Tributo a Django Reinhardt

Venres, 14 de setembro ás 19.30 h

O trío presenta un repertorio baseado en temas compostos e/ou gravados por Django Reinhardt. Trátase dun concerto con carácter divulgativo no que se pretende dar unha visión xeral da música do guitarrista creador do jazz manouche.

Para: Público xeral.

 
David Regueiro Trio Concerto Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

...E ADEMAIS:

En outubro comezan de novo as actividades permanentes: Entre arrolos e contiños, A hora do contos, O club de lectura e Contos Dakí.

 

CLUB DE LECTURA

Lembrade as datas de inscrición:

CLUB DE LECTURA comeza o prazo de inscrición o martes 18 de setembro ás 10.30 h

Martes, 18 de setembro ás 10.30 h

 

Club de lectura Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

Si non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org

Inscrición:

A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Máis información das actividades en: a web, blog, facebook, twitter da biblioteca e no próximo newsletter.

Normas de inscrición

Normas de comportamento

 

Aforo

Nas actividades sen inscrición, a entrada é libre ata completar aforo.

 

Toma de imaxes

actividades Neira Vilas na biblioteca

No transcurso das actividades o persoal da biblioteca realizará fotografías, para a súa divulgación e difusión.

Se non desexas participar na reportaxe, comunícao ao comezo da actividade.