PROGRAMACIÓN MAIO 2018

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Día das Letras Galegas

Unha mostra bibliográfica onde estarán presentes as obras de María Victoria Moreno, así coma outras obras significativas da literatura galega. Esta mostra complétase cunha sesión especial de contos dirixidos ao público infantil da man de Raquel Queizás que nos amosará o mundo literario de María Victoria Moreno.

Do 1 ao 31 de maio

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

RECOMENDACIÓN DO MES: María Reimóndez

Mostra bibliográfica

Este mes queremos recomendar a obra de María Reimóndez, escritora e tradutora lucense, á que vos podedes achegar tanto a través das suás novelas como da súa poesía ou das súas obras de ensaio, e que conta ademais cunha ampla produción no eido da literatura infantil e xuvenil.

Do 1 ao 31 de maio

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Recomendación do mes María Reimóndez na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 3 e 24 de maio ás 19.00 h

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS: Cris de Caldas

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Venres, 4 de maio ás 18.00 h

Para: Público infantil dende 3 anos.

Aforo limitado

A hora dos Contos: Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 2 DE MAIO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Un venres ao mes grazas a Migallas Teatro os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Venres, 11 de maio ás 18.00h

Para: público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

¡PASEN I ESCOITEN! PASEN I LEAN!: Día das Letras Galegas

Trátase de lecturas públicas de textos que teñen como fío condutor o “ENCONTRO” entre tres poetas. As sesións están conducidas polo Voluntariado do Concello de Vigo, pero están abertas a todas aquelas persoas que desexen compartir co resto do público as súas lecturas.

Martes, 15 de maio ás 19.00h

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Aforo limitado

¡Pasen i escoiten! ¡Pasen i lean! Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: Ruta Propia. Raquel Queizás

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Mércores, 16 de maio ás 18.00 h

Para: Público infantil dende 3 anos.

Aforo limitado

Día das letras Galegas Biblioteca Xosé Neira Vilas  Raquel Queizás

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Avelino González

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o actor e contador Avelino González.

Venres, 25 de maio ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Aforo limitado

Contos Dakí Avelino González Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

Si non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org

Inscrición:

A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Máis información das actividades en: a web, blog, facebook, twitter da biblioteca e no próximo newsletter.

Normas de inscrición

Normas de comportamento

 

Aforo

Nas actividades sen inscrición, a entrada é libre ata completar aforo.

 

Toma de imaxes

actividades Neira Vilas na biblioteca

No transcurso das actividades o persoal da biblioteca realizará fotografías, para a súa divulgación e difusión.

Se non desexas participar na reportaxe, comunícao ao comezo da actividade.