PROGRAMACIÓN FEBREIRO 2018

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Cosa Nostra

Durante este mes de febreiro realizamos unha mostra na biblioteca na que reunimos material bibliográfico e audiovisual que tratan sobre a Mafia e o crime organizado.
Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 1 ao 28 de febreiro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

RECOMENDACIÓN DO MES: Astrid Lindgren

Mostra bibliográfica

Este mes queremos recomendarvos a obra de Astrid Lindgren, a escritora sueca que deu vida á nosa querida Pippi Mediaslongas. Con esta mostra queremos amosar este e outros traballos de Lindgren, quen ofreceu a varias xeracións a oportunidade de ler libros infantis irreverentes e alonxados de moralinas.

Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 1 ao 28 de febreiro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Recomendación do mes Bob Dylan na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 1 e 15 de febreiro ás 19.00 h

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

¡PASEN I ESCOITEN! ¡PASEN I LEAN!

Trátase de lecturas públicas de textos que teñen como fío condutor o “ENCONTRO” entre tres poetas. As sesións están conducidas polo Voluntariado do Concello de Vigo, pero están abertas a todas aquelas persoas que desexen compartir co resto do público as súas lecturas.

Mércores, 7 de febreiro ás 19.00h

Para: Público adulto.

¡Pasen i escoiten! ¡Pasen i lean! Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

DÍA DA MULLER E A NENA CIENTÍFICAS

A biblioteca únese ás celebracións do 11 de febreiro, Día da Muller e a Nena Científicas, cunhas charlas ofrecidas aos colexios que veñen ás visitas escolares.
As profesoras Soledad Torres Guijarro e Verónica Salgueiriño Maceira ofrecerán estas charlas para concienciar da importancia da muller na investigación e no desenvolvemento da ciencia.

Xoves, 8 de febreiro ás 11.00h

Para: visitas escolares.

 
Día da Muller e a nena ciencífica Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS: O Kamishibai de Juste

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Venres, 9 de febreiro ás 18.00h

Para: Público infantil dende 3 anos.

Aforo limitado

A hora dos contos Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 1 DE FEBREIRO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Un venres ao mes grazas a Migallas Teatro os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Venres, 16 de febreiro ás 18.00h

Para: público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

OBRADOIRO DE BOOKTUBERS

PREVIA INSCRICIÓN* 2 DE FEBREIRO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Coñeceremos de xeito teórico o proceso creativo e audiovisual, para compartir no YouTube comentarios e recomendacións de libros máis dinámicos.

Mércores, 21 de febreiro ás 17.30 h

Para: público xuvenil dende 14 anos.

Obradoiro de Booktubers Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Quico Cadaval

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o actor e dramaturgo Quico Cadaval.

Venres, 23 de febreiro ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Aforo limitado

Contos Dakí Quico Cadaval Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org

Inscrición:

A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Máis información das actividades en: a web, blog, facebook, twitter da biblioteca e no próximo newsletter.

Normas de inscrición

Normas de comportamento

 

Aforo

Nas actividades sen inscrición, a entrada é libre ata completar aforo.

 

Toma de imaxes

actividades Neira Vilas na biblioteca

No transcurso das actividades o persoal da biblioteca realizará fotografías, para a súa divulgación e difusión.

Se non desexas participar na reportaxe, comunícao ao comezo da actividade.