PROGRAMACIÓN DECEMBRO 2018

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Día dos Dereitos Humanos

O Día dos Dereitos Humanos celébrase cada 10 de decembro coincidindo coa data na que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a Declaración Universal de Dereitos Humanos, en 1948.

Para celebrar o seu 70 aniversario unímonos á ONU no seu propósito de destacar a transcendencia deste documento histórico, que proclamou os dereitos inalienables inherentes a todos os seres humanos, sen importar a súa raza, cor, relixión, sexo, idioma, opinións políticas ou doutra índole, orixe nacional ou social, propiedades, lugar de nacemento nin ningunha outra condición, e cuxa esencia recolle tamén o Manifesto IFLA/UNESCO sobre a Biblioteca Pública.

Presentámosvos así unha escolma de obras que reflexionan sobre ditos dereitos ou denuncian a violación dos mesmos dende perspectivas e xéneros moi diferentes.

Do 1 ao 31 de decembro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Día dos dereitos humanos Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

RECOMENDACIÓN DO MES: Eduardo Galeano

Mostra bibliográfica

Entre os moitos autores/as que traballaron na defensa dos Dereitos Humanos, destacamos nesta ocasión a figura de Eduardo Galeano (1940-2015), escritor e xornalista urugaio considerado un dos máximos expoñentes da literatura latinoamericana.

Na súa obra, que trascende os xéneros ortodoxos e na que se mesturan narrativa e ensaio, poesía ou crónica, reivindícase a identidade cultural dos pobos e déixase ver o seu fervente compromiso a favor das causas xustas.

Entre os numerosos galardóns que recibiu, en 2010 concedéronlle o prestixioso Premio Stig Dagerman (Suecia) por “estar sempre e de forma inquebrantable do lado dos condenados” e valerse da poesía, a prosa e o xornalismo “para escoitar e transmitir as súas testemuñas.”

Do 1 ao 31 de decembro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Recomendación do mes: Eduardo Galeano

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS: Trini Puentes

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Este mes de decembro visítanos Trini Puentes

Venres, 7 de decembro ás 18.00h

Para: público infantil dende 3 anos.

Aforo limitado

A hora dos contos Trini Puentes Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 13 e 20 de decembro ás 19.00 h

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 1 DE DECEMBRO ÁS 10.30H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Un venres ao mes grazas a Migallas Teatro os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Venres, 14 de decembro ás 18.00h

Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Soledad Felloza

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos a contadora Soledad Felloza.

Venres, 21 de decembro ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Aforo limitado

Contos dakí: Soledad Felloza Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Tempo de Nadal

Durante as festas de Nadal na Biblioteca Neira Vilas ofrecémosvos unha mostra na que atopar moitas ideas para decorar a casa, preparar novas receitas nas celebracións, facer agasallos ou gozar con diferentes historias para celebrar estas datas.

Do 22 de decembro ao 5 de xaneiro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Mostra bibliográfica  Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

BUZÓN REAL

O Buzón Real estará na biblioteca para que todo o mundo poida deixar as súas cartas aos Reis Magos e contarlles como se portaron durante todo o ano.

Do 22 de decembro ao 5 de xaneiro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Buzón Real na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

OBRADOIRO DE NADAL: Contos en construción

PREVIA INSCRICIÓN* 4 DE DECEMBRO ÁS 10.30H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Con motivo das festas do Nadal a Biblioteca Xosé Neira Vilas organiza o obradoiro “Contos en construción”, baseado nos contos clásicos e contemporáneos e no que nos achegaremos tamén a diferentes conceptos da arquitectutra e a sustentabilidade. Durante a sesión primeiramente contaremos e reflexionaremos sobre o conto escollido para despois interpretar un fragmento do mesmo materializándoo coa consturción dunha maqueta colectiva. Así, os/as participantes percibirán a importancia dos materiais e aprenderán as súas calidades, fomentándose o traballo cooperativo e o respecto á nosa contorna.

Xoves, 27 de decembro

Horario de 11.00h a 12.00h

15 prazas

Para: Público infantil a partir de 5 anos.

Obradoiro de nadal: Contos en construción Biblioteca Xosé Neira Vilas
Obradoiro de nadal: Contos en construción Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

VISITA DO PAXE REAL

O Carteiro Real visita a biblioteca para recoller todas as cartas e desexos do público infantil.

Xoves, 27 de decembro ás 12.30 h

Para: Público infantil.

 
Visita paxe real na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org

Inscrición:

A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Máis información das actividades en: a web, blog, facebook, twitter da biblioteca e no próximo newsletter.

Normas de inscrición

Normas de comportamento

 

Aforo

Nas actividades sen inscrición, a entrada é libre ata completar aforo.

 

Toma de imaxes

actividades Neira Vilas na biblioteca

No transcurso das actividades o persoal da biblioteca realizará fotografías, para a súa divulgación e difusión.

Se non desexas participar na reportaxe, comunícao ao comezo da actividade.