PROGRAMACIÓN XANEIRO 2017

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Nadal

Durante as festas de Nadal a Biblioteca Neira Vilas ofrece unha mostra na que atopar moitas ideas para decorar a túa casa, preparar novas receitas nas celebracións, facer agasallos ou gozar con diferentes historias para celebrar estas datas.

Do 22 de decembro ao 06 de xaneiro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Nadal na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Non violencia

O día 30 de xaneiro celébrase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi polo que a biblioteca quere sumarse á celebración do Día Escolar da Non violencia e da Paz con esta mostra bibliográfica.

Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 01 ao 31 de xaneiro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Non violencia na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

RECOMENDACIÓN DO MES: Castelao. Mostra bibliográfica

Mostra bibliográfica

Neste mes de xaneiro no que se celebra o aniversario do nacemento e morte de Castelao queremos recomendar a obra deste símbolo da cultura galega, un loitador no exilio, que reflectiu na súa obra literaria e pictórica o fondo compromiso que o unía á súa terra.

Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 01 ao 31 de xaneiro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Recomendación do mes Bob Dylan na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

BUZÓN REAL

O Buzón Real estará na biblioteca para que todo o mundo poida deixar as súas peticións aos Reis Magos e contarlles como se portaron durante todo o ano.

Do 22 de decembro ao 06 de xaneiro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Buzón Real na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

VISITA DO PAXE REAL

Actividade realizada por: Área de Festas e Turismo do Concello de Vigo

O Carteiro Real visita a biblioteca para recoller todas as cartas e desexos do público infantil.

Martes, 03 de xaneiro ás 17.00 h

Para: Público infantil.

 
paxe real na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

UN NADAL CHEO DE CONTOS

Actividade realizada por: SNL do Concello de Vigo

O Nadal está cheo de contos, contos que viaxan nas nubes e no vento, e chegan a nós arrastrados polas chuvias, neves, poalla, e as fortes tormentas do inverno. Veñen de cidades descoñecidas, países remotos, illas case desertas... e enchen o Nadal de contos, e máis contos.

Martes, 03 de xaneiro ás 18.00 h

Para: público infantil dende 3 anos.

Aforo limitado

Un Nadal de contos Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS: O kamishibai de Juste

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura onde presentamos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, todo encamiñado a fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Venres, 13 de xaneiro ás 18.00 h

Para: público infantil dende 3 anos.

Aforo limitado

A hora dos contos Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 19 de xaneiro ás 19.00 h

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 02 DE XANEIRO ÁS 17.00 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Un venres ao mes grazas a Bea e a Davide os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Venres, 20 de xaneiro ás 18.00 h

Para: público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

TÓMAO CON FILOSOFÍA: Como procuro a miña felicidade?

PREVIA INSCRICIÓN* 07 DE XANEIRO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

De xaneiro a marzo

Un dos propósitos dos diálogos é que cada un dos participantes comparta aquelas ideas ás que chegou a través do seu propio percorrido vital. Trataremos de xerar un diálogo enriquecedor no que todos podamos ser partícipes activos, achegando as nosas ideas, reflexións e experiencias. Trataremos así mesmo de xerar un espazo de escoita respectuosa no que teñan cabida visións distintas e modos diferentes de comprender a cuestión que nos reúne para facilitar que sexa un diálogo aberto do que todos podamos enriquecernos e pasalo ben.

Non é preciso ter coñecementos de filosofía para participar nestes encontros.

Mércores, 25 de xaneiro ás 19.00 h

Para: público adulto.

 
Tómao con filosofía Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Olga Abad

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aqueles persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos a contadora Olga Abad.

Venres, 27 de xaneiro ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Aforo limitado

Contos Dakí Olga Abad Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

Inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Estade atentos ao próximo newsletter e ao blog, facebook e twitter da biblioteca, onde poderedes atopar máis información das actividades.

Normas de inscrición da actividade

Normas de comportamento na actividade

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org