PROGRAMACIÓN DECEMBRO 2017

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Achégase o inverno

A biblioteca expón durante este mes unha escolma bibliográfica que ten como fío condutor o inverno. Coa chegada estes días do solsticio os propoñemos unha selección de lecturas que se desenvolven nesta estación, e nas que o inverno ademais de un marco temporal ten tamén unha dimensión simbólica.

Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 1 ao 31 de decembro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Revolución Rusa Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

RECOMENDACIÓN DO MES: Kazuo Ishiguro

Mostra bibliográfica

Neste mes de decembro queremos recomendar a obra do último Premio Nobel de Literatura Kazuo Ishiguro. O xurado destacou "as súas novelas de gran forza emocional que descubriron o abismo baixo o noso ilusorio sentido de conexión co mundo". A súa obra máis celebrada é Los restos del día (1989)

Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 1 ao 31 de decembro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Recomendación do mes Neira Vilas na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS: Raquel Queizás

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Venres, 1 de decembro ás 18.00 h

Para: público infantil dende 3 anos.

Aforo limitado

A hora dos contos Biblioteca Xosé Neira Vilas  Raquel Queizás

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 14 de decembro ás 19.00 h

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Regueifas

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes o público que teña o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítannos dous regueifeiros da Asociación Oral de Galicia.

Venres, 15 de decembro ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Aforo limitado

Contos Regueifas Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Mostra de Nadal

Durante as festas de Nadal a Biblioteca Neira Vilas ofrece unha mostra na que atopar moitas ideas para decorar a túa casa, preparar novas receitas nas celebracións, facer agasallos ou gozar con diferentes historias para celebrar estas datas.
Para público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Do 22 de decembro ao 6 de xaneiro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Mostra bibliográfica  Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

BUZÓN REAL

O Buzón Real estará na biblioteca para que todo o mundo poida deixar as súas peticións aos Reis Magos e contarlles como se portaron durante todo o ano.

Do 22 de decembro ao 5 de xaneiro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Buzón Real na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 1 DE DECEMBRO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Un venres ao mes grazas a Bea e a Paulo os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Venres, 22 de decembro ás 18.00 h

Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

OBRADOIRO DE NADAL: Álbum de fotografías

PREVIA INSCRICIÓN* 5 DE DECEMBRO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Con motivo das festas do Nadal a Biblioteca Xosé Neira Vilas organiza un obradoiro no que o público infantil poderá realizar o seu propio álbum de fotografías para ir engadido fotos ao longo do novo ano que comeza.

Xoves, 28 de decembro

Horario de 11.00 a 13.00 h

Para: público infantil dende 5 anos.

Achégate á internet Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A CESTA DOS LIBROS

Para celebrar que remata o 2017 premiamos aos lectores máis activos de cada categoría (adulto e infantil) cun lote de libros para que poidan comezar o 2018 gozando das mellores lecturas.

Venres, 29 de decembro

 

 
Cesta dos libros Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org

 

Inscrición:

A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Estade atentos ao próximo newsletter e a web, blog, facebook e twitter da biblioteca, onde poderedes atopar máis información das actividades.

Normas de inscrición

Normas de comportamento

 

Aforo

Nas actividades sen inscrición, a entrada é libre ata completar aforo.

 

Toma de imaxes

actividades Neira Vilas na biblioteca

No transcurso das actividades o persoal da biblioteca realizará fotografías, para a súa divulgación e difusión.

Se non desexas participar na reportaxe, comunícao ao comezo da actividade.