PROGRAMACIÓN DE XUÑO 2015

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Parellas de baile

Nunha zona destacada da biblioteca, exponse unha escolma da bibliografía máis destacada do fondo que trata sobre a música, dende libros musicais ata libros nos que a música ten gran relevancia dentro do relato ou marca a existencia dos protagonistas.

Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 1 ao 30 de xuño

Horario de apertura da biblioteca

Para: Para público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Parellas de baile

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 04 e 18 de xuño ás 19.30 h

Para: Participantes do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura onde presentamos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, todo encamiñado a fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Xoves, 11 de xuño ás 18.00 h

Para: Público infantil de 3 a 10 anos.

Aforo limitado

A hora dos contos Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

AS TARDES DO ROQUE

PREVIA INSCRICIÓN*
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

O Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir con nós fantásticas historias, divertidas cancións e estupendos xogos.

Venres, 12 de xuño ás 18.00 h

Para: Público infantil de 3 a 10 anos.

As tardes de Roque Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 01 DE XUÑO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Un venres ao mes grazas a Bea e a David os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Actividade dentro do programa LER CONTA MOITO

Venres, 19 de xuño ás 18.00 h

Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

... E TAMÉN Lembrade que o

16 de xuño abre o prazo de inscrición para:

OBRADOIRO: de robótica

PREVIA INSCRICIÓN* 16 DE XUÑO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Construción e programación de pequenos robots de Lego Robotix que conectándoos ao ordenador poden facer pequenas accións.

Con eses autómatas introduciremos aos rapaces no mundo da robótica, combinándoo con outras actividades como a creación das nosas propias historias protagonizadas polas personaxes que deseñemos.

Martes a venres, 7, 8, 9 e 10 de xullo

Horario de 11.00 a 12.30 h

Para: Público infantil maior de 10 anos.

Obradoiro robótica - Lego

Volver ao inicio Back to top

OBRADOIRO: de papel mármore

PREVIA INSCRICIÓN* 16 DE XUÑO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Esta técnica consiste en reproducir debuxos facendo flotar as cores en suspensión sobre unha disolución acuosa.

Os papeis mármore empregarémolos despois como soporte para facer tacos de notas, caligrafía, cadernos ...

Martes e mércores, 4 e 5 de agosto

Horario de 11.00 a 13.00 h

Para: Público infantil maior de 8 anos.

Obradoiro robótica - Lego

Volver ao inicio Back to top

Inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Estade atentos ao próximo newsletter e ao blog, facebook e twitter da biblioteca, onde poderedes atopar máis información das actividades.

Normas de inscrición da actividade

Normas de comportamento na actividade

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org