PROGRAMACIÓN DE VERÁN 2015

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Un verán de cine

Durante os meses de verán exponse na biblioteca unha escolma da bibliografía máis destacada do fondo que teña como temática o cine.
Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.
A mostra complétase coa exposición Fotogramas por Segundo e coas Terrazas Literarias, nas que nos visitarán Antonio Durán “Morris” e Ignacio Vilar para falarnos da película A Esmorga, baseada na novela de Blanco Amor.

Do 1 de xullo ao 30 de setembro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Un verán de cine

Volver ao inicio Back to top

CITA A CEGAS

A Biblioteca Neira Vilas ofrece a quen o desexe unha CITA A CEGAS co que pode chegar a ser o seu gran amor literario. As persoas usuarias terán á súa disposición unha serie de paquetes pechados que poderán levar a casa emprestados, sen saber o que están levando ata que ao abrilo desvelen o seu segredo, atopándose co que pode chegar a ser un gran descubrimento, unha decepción ou un gran amor.

Do 1 de xullo ao 30 de setembro

Para: Para todo o público socio da biblioteca.

 
Cita a cegas

Volver ao inicio Back to top

FEIRA DO LIBRO

A biblioteca únese a este proxecto literario, onde se atopan as diferentes personalidades do sector das letras, as novidades editoriais, actividades, etc. estando presente nunha caseta na que amosará os servizos e as actividades que ofrece á cidadanía.

Do 3 ao 12 de xullo

Para: Todos os públicos.

Feira do Libro Vigo

 

 

Volver ao inicio Back to top

OBRADOIRO: de robótica

PRAZAS CUBERTAS

Construción e programación de pequenos robots de Lego Robotix que conectándoos ao ordenador poden facer pequenas accións.

Con eses autómatas introduciremos ao público participante no mundo da robótica, combinándoo con outras actividades como a creación das nosas propias historias protagonizadas polas personaxes que deseñemos.

Martes a venres, 7, 8, 9 e 10 de xullo

Horario de 11.00 a 12.30 h

Para: Público infantil maior de 10 anos.

Obradoiro robótica - Lego

Volver ao inicio Back to top

EXPOSICIÓN FOTOGRAFÍA: Fotogramas por segundo

PRAZAS CUBERTAS

Xosé Holgado é o creador de F.P.S. (fotogramas por segundo) unha serie fotográfica que homenaxea á sétima arte. O traballo baséase na reconstrución dos fotogramas dalgunhas das películas máis representativas da historia do cine.
O protagonismo do traballo recae na iluminación, que se integra á perfección con todos os elementos da posta en escena (maquillaxe, peiteado e atrezzo) para dotar ás imaxes de atmosfera.

Do 15 ao 31 de xullo

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral.

Exposición Fotografía: Fotogramas por segundo

Volver ao inicio Back to top

OBRADOIRO: de papel mármore

PREVIA INSCRICIÓN* ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

Esta técnica consiste en reproducir debuxos facendo flotar as cores en suspensión sobre unha disolución acuosa.

Os papeis mármore empregarémolos despois como soporte para facer tacos de notas, caligrafía, cadernos ...

Martes e mércores, 4 e 5 de agosto

Horario de 11.00 a 13.00 h

Para: Público infantil maior de 8 anos.

Obradoiro robótica - Lego

Volver ao inicio Back to top

... E EN SETEMBRO: TERRAZAS LITERARIAS

O actor Antonio Duran “Morris” e o director de cine Ignacio Vilar estarán presentes este ano nas nosas Terrazas Literarias falando da película A Esmorga, baseada na novela de Blanco Amor. Tamén nos visitará a escritora Rosa Aneiros para contarnos todos os segredos das súas novelas. Así, aproveitando o bo tempo do verán sairemos á rúa para facer estes encontros, unhas reunións informais onde o público participante poderá falar e preguntar aos invitados sobre o que rodea ao mundo literario e cinematográfico (creación, edición...) nun ambiente lúdico amigable ao tempo que se goza do solpor.

Venres, 11 de setembro

A Esmorga . Antonio Durán “Morris” e Ignacio Vilar

Venres, 11 de setembro

Rosa Aneiros

Horario de 19.00 h

Para: Público adulto.

Obradoiro robótica - Lego

Volver ao inicio Back to top

Inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Estade atentos ao próximo newsletter e ao blog, facebook e twitter da biblioteca, onde poderedes atopar máis información das actividades.

Normas de inscrición da actividade

Normas de comportamento na actividade

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org