PROGRAMACIÓN DE FEBREIRO 2015

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Sorpresa! Un libro

Nunha zona destacada da biblioteca, exponse unha escolma de libros que teñen como característica os seus deseños vistosos e atractivos.
Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 2 ao 28 de febreiro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Para público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica:Sorpresa!… un libro. Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 5 e 19 de febreiro ás 19.30 h

Para: Participantes do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura onde presentamos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, todo encamiñado a fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Xoves, 12 de febreiro ás 18.00 h

Para: Público infantil de 3 a 10 anos.

Aforo limitado

A hora dos contos Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

AS TARDES DO ROQUE

PREVIA INSCRICIÓN*
PRAZAS CUBERTAS

O Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir con nós fantásticas historias, divertidas cancións e estupendos xogos.

Venres, 13 de febreiro ás 18.00 h

Para: Público infantil de 3 a 10 anos.

As tardes de Roque Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 2 DE FEBREIRO ÁS 17.00 H. ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

O terceiro venres de cada mes grazas a Bea e a David os bebés compartirán coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Venres, 20 de febreiro ás 18.00 h

Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ACHEGANDO CULTURAS

Actividade de fomento da lectura dirixida á Fundación Secretariado Xitano. Nestas actividades fanse distintas visitas á biblioteca nas que se realizan accións de promoción lectora. Nesta ocasión coñeceremos a cultura da India.

luns 23, martes 24 e xoves 26 de febreiro de 2015, ás 16.30 h.

Para: Actividade destinadas para a Fundación Secretariado Xitano.

Achegando culturas: Secretariado Xitano

 

 

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: César Cambeiro

Cada mes visitan a Biblioteca Neira Vilas algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego, para deleitar ao público cos seus contos, rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferente ao público que teña o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o actor e narrador César Cambeiro.

Venres, 27 de febreiro ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Contos Daki: Avelino González

 

 

Volver ao inicio Back to top

... E TAMÉN Lembrade que o

16 de febreiro ás 17.00 h abre o prazo de inscrición para:

AS TARDES DO ROQUE de febreiro (venres, 6 de marzo ás 18.00 h)

17 de febreiro ás 10.30 h abre o prazo de inscrición para:
Achégate a Inernet. Inciación I.
(Martes 3 - venres 6 de de marzo de 2015)

Inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Estade atentos ao próximo newsletter e ao blog, facebook e twitter da biblioteca, onde poderedes atopar máis información das actividades.

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

 

Séguenos Picassa

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org