PROGRAMACIÓN NOVEMBRO 2012

XABARÍN 18: Mostra de ilustracións

A Biblioteca Neira Vilas recolle a mostra realizada polo EEI Monte da Guía de Vigo e o CEP de Sequelo de Marín por mor do 18 aniversario do “Xabarín”, o emblemático personaxe creado por Miguel Anxo Prado para o programa infantil da TVG. Esta mostra, na que participan máis de 20 artistas, é unha homenaxe na que reinterpretan a este animaliño que nos fixo tantas e tantas merendas divertidas... Entre estes artistas podemos atopar nomes como Kiko da Silva, Pepe Carreiro, Dávila ou Ramón Trigo entre outros.

Do 1 ao 30 de novembro

Horario de apertura da biblioteca

Destinatarios: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Volver ao inicio Back to top

O SABADIÑO DO ROQUE: De viaxe por Galicia

PREVIA INSCRICIÓN*
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

O primeiro sábado de cada mes, o Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario e ó que lle encanta viaxar, visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir cos máis pequenos as súas aventuras: cada mes viaxa a unha cidade ou pobo de Galicia e volve para falarnos de todos eses marabillosos lugares, contarnos fantásticas historias, ensinarnos divertidas cancións e propoñernos estupendos xogos.

Sábado, 3 de novembro ás 12.00 h

Destinatarios: Nenos de 3 ata 10 anos.

 

 

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS

“A hora dos contos” é un proxecto de animación á lectura onde cada segundo xoves de mes presentaremos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, todo encamiñado a fomentar entre os máis pequenos o gusto polos libros e a lectura.

Xoves, 8 de novembro ás 18.00 h

Destinatarios: Nenos de 3 ata 10 anos.

 

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reunirá dúas veces ao mes (1º e 3º mércores) na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. Non é preciso ser un experto lector para participar, o club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións con outros lectores.

Mércores 7 e 21 de novembro ás 19.30 h

Destinatarios: Socios do club.

 

Volver ao inicio Back to top

ACHÉGATE Á INTERNET: IV Edición

PREVIA INSCRICIÓN*
1 DE NOVEMBRO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Ante o éxito das pasadas edicións do curso “Achégate á Internet”, e a crecente demanda por parte dos usuarios solicitando información sobre a realización de novos cursos básicos de manexo da Internet, preséntase unha nova edición deste proxecto de alfabetización dixital, encadrado dentro das accións de formación de usuarios, unha das liñas estratéxicas de traballo da biblioteca pública, que ten como finalidade formar a usuarios autónomos na busca/asimilación de información. Dentro destes programas, o bo manexo das novas tecnoloxías é un requisito indispensable para acceder ás novas formas de información, formación e lecer.

Do luns 12 ao venres 16 de novembro

Horario: de 10.00 a 12.00 h: (Total 10 horas)

Destinatarios: Maiores de 16 anos con escasos ou ningún coñecemento de informática ou Internet.

 

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN*
1 DE NOVEMBRO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN

O terceiro sábado de cada mes os nenos compartirán con aqueles que os coidan un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Sábado, 17 de novembro ás 12.00 h

Destinatarios: Nenos de 12 meses ata 3 anos.

 

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Paula Carballeira

O último venres de cada mes visitan a Biblioteca Neira Vilas algúns dos contadores de máis renome do panorama galego, para deleitar aos nosos usuarios cos seus contos, rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todos aqueles que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos a actriz e escritora Paula Carballeira.

Venres, 30 de novembro ás 19.30 h

Destinatarios: Público adulto.

 

Volver ao inicio Back to top

Inscrición:

*Os interesados en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.


E LEMBRADE QUE O DÍA 15 COMEZA O PRAZO DE INSCRICIÓN DA NOVA EDICIÓN DE ÁCHEGATE Á INTERNET: PROCURA DE EMPREGO E DO SABADIÑO DO ROQUE DO MES DE DECEMBRO.

 

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

 

Séguenos http://bpvigoneiravilas.blogspot.com/

 

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 11:00 a 14:00h
Tardes: de luns a venres de 17:00 a 20:30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18:00h