PROGRAMACIÓN XUÑO 2012 UN MES DE CINE

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: da palabra ao fotograma

Nunha zona destacada da biblioteca, exporase unha escolma da bibliografía e filmografía máis destacada do noso fondo, con obras literarias que sufriron unha transposición fílmica.
Estas obras estarán a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e tamén poden levalas a casa.

Do 4 ao 30 de xuño

Destinatarios: Todos os usuarios e visitantes da biblioteca

 


OBRADOIRO DE CINE: PREVIA INSCRICIÓN*

Obradoiro de Stop Motion. Partindo dun fragmento dun texto literario crearemos unha película, seguindo todos os pasos dos filmes: guión, storyboard, creación de escenografías...


Venres, 8 de xuño ás 18.30 h

 

Destinatarios: Usuarios da biblioteca maiores de 16 anos

 

 

Volver o inicio Back to top

ACHEGANDO CULTURAS : Estoxo Xitano

Continuamos a nosa colaboración coa Fundación Secretariado Gitano, nesta ocasión realizaremos un achegamento á cultura xitana a través de contos, xogos, receitas, música, cine...Todo un mundo a descubrir agochado neste novo estoxo que podedes levar a casa para gozar toda a familia xunta.

Mércores, 13 de xuño ás 18.00 h

Destinatarios: Actividade para a familia

 

 

 

Volver o inicio Back to top

OBRADOIRO DE CINE PARA NENOS

Sesión de contacontos nos que se engadirán escenas de cine clásico. Xirafa e Crocodilo van ao cine a ver unha película onde aparecen os mellores sketch de Charlot (Charlot coméndose un zapato en La Quimera del Oro, Charlot no zoo intentando saír da gaiola dos leóns...). Cada escena que ven failles recordar un dos seus contos preferidos.


Sábado, 23 de xuño ás 12.00 h

 

Destinatarios: Nenos de 3 ata 10 anos

 

 

Volver o inicio Back to top

ACHÉGATE A INTERNET. III EDICIÓN: Programa de alfabetización dixital PREVIA INSCRICIÓN*

Curso básico de alfabetización dixital encamiñado a persoas de máis de 16 anos sen experiencia no manexo dos ordenadores. A necesidade dun bo manexo das novas tecnoloxías é, hoxe en día, un requisito indispensable para acceder á información, á formación, e ao lecer.

Martes, mércores e xoves
Do 19 de xuño ao 28 de xuño de 10.00 a 11.30 h

Destinatarios: Usuarios da biblioteca maiores de 16 anos

 

 

Volver o inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS: PREVIA INSCRICIÓN*

Entre arrolos e contiños os nenos compartirán con aqueles que os coidan un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns; espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Sábado, 30 de xuño ás 12.00 h

Destinatarios: 30 nenos de 12 meses ata 3 anos e os seus acompañantes

 

 

Volver o inicio Back to top

"CONTOS DAKI"

Continuamos o ciclo de contacontos para adultos “Contos Dakí,” a cargo de Celso Sanmartín, que nos ofrecerá as historias que ao longo da súa traxectoria ten recollido por toda a xeografía galega, ás que lles engade un toque contemporáneo.

Venres, 29 de xuño ás 19.30 h

Destinatarios: Todos os usuarios e visitantes da biblioteca maiores de 16 anos

 

 

Volver o inicio Back to top

E COMA SEMPRE OS NOSOS SABADIÑOS!

O SABADIÑO DO ROQUE: A ilustración. A pintar!

 

Nesta ocasión a nosa mascota Roque contaranos a importancia das ilustracións nos libros. E xunto co noso amigo xogaremos a pintar!. Sen esquecer as súas cancións de benvida e despedida, xa coñecidas por todos, así como tamén unha sesión de contos.

Sábado, 02 de xuño ás 12.00 h

 

Destinatarios: Nenos de 3 ata 10 anos

 

 

Volver o inicio Back to top

ESTOXOS VIAXEIROS: Destino México

Finalizamos a nosa viaxe polos diferentes países e culturas que durante este ano nos levou dende Colombia, ata Armenia ou Alxeria, pasando por Estados Unidos, China ou Xapón. Unha viaxe onde descubrimos a xente extraordinaria que nos aprendeu novos xogos, receitas, personaxes ou lugares que nunca antes víramos. E para esta ocasión a nosa amiga Mariana Fernández mostraranos moito de México ao tempo que nos divertimos xogando. Este estoxo súmase á nosa colección para que o levedes a casa e gocedes toda a familia coñecendo novas culturas.

Sábado, 09 de xuño ás 12.00 h

Destinatarios: Actividade para a familia

 

 

Volver o inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS : O mar

Nesta ocasión Trini contaranos historias e contos, algúns orixinais, cos que nos achegaremos ao marabilloso e refrescante mundo do mar. Tamén faremos algunha actividade relacionada coa temática e veremos como quedou o noso Diario de Lecturas. E haberá agasallos para os mellores lectores!

Sábado, 16 de xuño ás 12.00 h

Destinatarios: nenos de 3 ata 10 anos

 

*Os interesados en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición do 1 de xuño ao día anterior da actividade de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. Os obradoiros son gratuítos e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

 

Volver o inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

 

Séguenos http://bpvigoneiravilas.blogspot.com/

 

Horario:

Mañáns: de martes a sábado de 11:00 a 14:00h
Tardes: de luns a venres de 17:00 a 20:30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18:00h