PROGRAMACIÓN XULLO 2012 UN VERÁN DE EXPERIENCIAS

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: A volta ao mundo en 80 guías

Chega o verán, e con el as vacacións e as ganas de viaxar e coñecer novos lugares. Así, durante todo o mes de xullo a biblioteca exporá unha selección do fondo bibliográfico do seu centro de interese “Viaxes”, no que atoparemos guías de distintos países e cidades, guías de conversa, libros con rutas lendarias... Só nos queda escoller a que máis nos guste, facer as maletas e poñernos rumbo ao noso destino!

Do 2 ao 31 de xullo

Destinatarios: Todos os usuarios e visitantes da biblioteca.

 


O SABADIÑO DO ROQUE: As vacacións!

Tamén no verán Roque, a nosa mascota, visitará a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para contarnos fantásticas historias, ensinarnos divertidas cancións e propoñernos estupendos xogos. Da man deste simpático personaxe a biblioteca pretende achegar a lectura aos nenos dunha forma amena e divertida.



Sábado, 7 de xullo ás 12.00 h

Destinatarios: Nenos de 3 ata 10 anos.

 

 

Volver ao inicio Back to top

ACHÉGATE Á PINTURA CON... Din Matamoro

PREVIA INSCRICIÓN*
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

Con este obradoiro a biblioteca quere ofrecer aos máis pequenos unha alternativa de ocio lúdico-formativa nas mañás de xullo, ao tempo que achegalos ao mundo da pintura, da man dun dos artistas plásticos galegos máis recoñecidos no panorama artístico actual: Din Matamoro.
Así, ao longo de catro sesións de dúas horas, Din Matamoro achegará aos rapaces ao mundo da pintura, a súa linguaxe, os seus códigos e os seus segredos, de forma que esperte neles o amor polas artes e o interese polos libros que tratan esta temática.
En cada unha das sesións haberá unha motivación, un tema a partir do cal traballar: a luz e as cores, o retrato, as formas curvas ou os animais serán algúns dos puntos de partida para crear auténticas obras de arte.

17, 19, 24 e 26 de xullo (martes e xoves)

Horario: de 11.00 a 13.00 h

Destinatarios: Nenos de 5 ata 12 anos.

 

 

 

Volver ao inicio Back to top

GUÍAS DE LECTURA: verán 2012

Atendendo á demanda dos pais e rapaces que solicitan información sobre novos títulos e autores, así como lecturas apropiadas para cada rango de idade, ofrecemos dende a biblioteca unhas guías de lecturas recomendadas e atractivas para os nenos.

 

Destinatarios: Todos os usuarios e visitantes da biblioteca.

 

 

Volver ao inicio Back to top

...E NO MES DE AGOSTO: Achégate á astronomía

PREVIA INSCRICIÓN*

Catro sesións independentes pero complementarias nas que se elaboraran diferentes obradoiros entorno á astronomía.


Dous dos obradoiros falarán da astronáutica onde se explicará de forma amena as dificultades que atopa un astronauta ao viaxar ao espazo e os requisitos que se deben cumprir se queremos ser astronautas.


E nos outros dous entraremos nun espazo máxico que nos traslada a un mundo descoñecido, no que se agochan historias e lendas creadas por todos os pobos.


ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN O
15 DE XULLO

Martes 7, 14, 24 e 28 de agosto
Horario: de 12.00 a 13.00

Destinatarios: Nenos de 3 ata 13 anos.

 

 

Volver ao inicio Back to top

FEIRA DO LIBRO

... Este mes tamén nos atoparedes na Feira do Libro, do 29 de xuño ao 8 de xullo na Praza de Compostela

Do 29 de xuño ao 8 de xullo

Lugar: Praza de Compostela

 

 

Volver ao inicio Back to top

*Os interesados en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. Os obradoiros son gratuítos e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

 

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

 

Séguenos http://bpvigoneiravilas.blogspot.com/

 

Horario:

Mañáns: de martes a sábado de 11:00 a 14:00h
Tardes: de luns a venres de 17:00 a 20:30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18:00h