PROGRAMACIÓN XUÑO 2019

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: A biblioteca sae do armario

Para festexar o Día Internacional do Orgullo LGBTIQ que se celebra o 28 de xuño, a biblioteca realiza unha mostra bibliográfica durante todo este mes para unirse pola tolerancia e a igualdade.

Do 1 ao 30 de xuño

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

RECOMENDACIÓN DO MES: Álvaro Pombo Mostra bibliográfica

Mostra bibliográfica

Este mes queremos recomendarvos a obra de Álvaro Pombo. Un dos mestres indiscutibles da literatura española contemporánea, con títulos tan destacados como El héroe de las mansardas de Mansard o El metro de platino iridiado.

Á súa faceta de novelista hai que engadir a súa achega como escritor de relatos, que recolle o volume Relatos sobre a falta de substancia e outros relatos, prologado por Mario Crespo. Tamén é autor de artigos, reunidos en Alrededores. Poeta destacado, obtivo en 1997 o Premio El Bardo e recompilou en Protocolos (1973-2003) os seus catro libros de posía ata a data.

Do 1 ao 30 de xuño

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Recomendación do mes: Álvaro Pombo

Volver ao inicio Back to top

ECOBIBLIOTECA: Adopta unha semente

Axenda 2030

Para festexar o Día Mundial do Medio Ambiente, durante a semana do 5 de xuño a biblioteca entregará ao público usuario e entidades que así o desexen unhas sementes xunto cunha carta de “adopción”. Ao longo do ano a biblioteca fará un seguemento das plantas e do seu crecemento.

Con esta actividade a biblioteca únese as accións para promover a implantación da Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible da ONU.

Do 3 ao 8 de xuño

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral e entidades.

#DA21 #Lib4Dev #GlobalGoals

 
ecobiblioteca adopta unha semente Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 6 e 20 de xuño ás 19.00 h

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS: Vero Rilo

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Venres, 7 de xuño ás 18.00h

Para: público infantil dende 3 anos.

Aforo limitado

A hora dos contos Vero Rilo Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ACHÉGATE Á INTERNET

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

Preséntase unha nova edición deste proxecto de alfabetización dixital, no nivel de “Iniciación I”, pensado para aquelas persoas sen coñecementos básicos no manexo do ordenador, O curso encádrase dentro das accións de formación, unha das liñas estratéxicas de traballo da biblioteca pública. A súa finalidade é formar a usuarios autónomos na busca/asimilación de información e no manexo das novas tecnoloxías, requisito indispensable hoxe en día para acceder ás novas formas de información, formación e lecer.

Martes 11 e xoves 13 de xuño

de 10.00 a 12.00 h

Para: Público maior de 16 anos sen coñecementos básicos de Internet.

 
Achégate á internet Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CANTACONTOS Pablo Díaz

PREVIA INSCRICIÓN* 1 DE XUÑO ÁS 10.30H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Pablo Díaz fará unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para os máis pequen@s. Para conseguilo, axudarase de instrumentos como frautas, guitarra, harmónica, e algún dos seus temas máis populares. Unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión sexan as protagonistas, e na que grandes e miúdos axuden a cantar e a entonar as melodías e retrousos.
Actividade realizada en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello e Vigo.

Mércores, 12 de xuño ás 18.00h

Para: público infantil ata 3 anos.

Aforo limitado

Cantacontos Pablo Díaz Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 1 DE XUÑO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Un venres ao mes grazas a Migallas Teatro os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Venres, 14 de xuño ás 18.00h

Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

FESTA DE PIXAMAS DE PELUCHES

Convidamos ao público infantil a que deixen os seus peluches na biblioteca, para que estes celebren unha festa de pixamas durante a fin de semana. Os xoguetes gozarán da lectura, de camiñar pola biblioteca e de durmir nun espazo diferente fóra do seu fogar. O luns seguinte poderán vir a recollelo e descubrirán o ben que o pasaron.

Venres, 14 de xuño

Para: Público infantil.

Festa de los

Volver ao inicio Back to top

PRENDE NO COLO: Luis Prego

PREVIA INSCRICIÓN* 1 DE XUÑO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo en colaboración coa Biblioteca Neira Vilas organiza este obradoiro, realizado por Luis Prego, onde se traballará coas cantigas, cantos de berce, xogos de dedos, recitados e outras pezas cheas ritmo e melodía a partir de temas tradicionais galegos, de forma que despois as familias poidan cantar e xogar na casa.

Mércores, 19 de xuño ás 18.00h

Para: Público infantil ata 3 anos.

 

Prende no colo luis Prego  Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

FEIRA DO LIBRO

Unímonos a este proxecto literario onde se atopan as diferentes personalidades do sector das letras, as novidades editoriais, actividades, etc. estando presentes cunha caseta na que amosaremos os servizos e as actividades que ofrecemos á cidadanía.

Do 27 de xuño ao 6 de xullo

Horario de apertura da feira: de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 22.00 h

Para: Todos os públicos.

Feira do Libro Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

eFilm Vigo

eFilm Vigo Biblioteca Neira Vilas

Acceso en streaming a un amplo catálogo de cinema, documentais, concertos ou curtametraxes, entre outros.

Poderá consultar o catálogo completo de eFilmVigo no enderezo:

https://vigo.efilm.online/es/vigo/

Inscrición:

A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Máis información das actividades en: a web, blog, facebook, twitter da biblioteca e no próximo newsletter.

Normas de inscrición

Normas de comportamento

 

Aforo

Nas actividades sen inscrición, a entrada é libre ata completar aforo.

 

Toma de imaxes

actividades Neira Vilas na biblioteca

No transcurso das actividades o persoal da biblioteca realizará fotografías, para a súa divulgación e difusión.

Se non desexas participar na reportaxe, comunícao ao comezo da actividade.