PROGRAMACIÓN XANEIRO 2019

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Contra o Blue Monday... Móndaite de risa!

En 2005 o psicólogo Cliff Arnall publicou a dubidosa teoría de que o terceiro luns de xaneiro, o Blue Monday, é o día máis deprimente do ano, co mal tempo, a costa de xaneiro ou os novos propósitos incumpridos como causas máis importantes.
Sexa certo ou non, na biblioteca axusdámosvos a combater a tristeza cunha chea de divertidas lecturas que vos arrincarán un sorriso e algunha que outra gargallada.
Para público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Do 1 ao 31 de xaneiro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica:Contra o Blue Monday... Móndaite de risa! Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

RECOMENDACIÓN DO MES: Forges

Mostra bibliográfica

Nun mes no que o protagonista da nosa mostra bibliográfica é o humor non podíamos deixar de recomendarvos a obra do gran Antonio Fraguas, Forges, un dos humoristas gráficos máis importantes do noso país.

Cunha galería de personaxes inesquecibles (os blasillos, os náufragos, os oficinistas...) e un estilo inconfundible logrou plasmar nas súas tiras cheas de humor e crítica social a idiosincrasia da sociedade actual.

Do 1 ao 31 de xaneiro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Recomendación do mes: Forges

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 10 e 24 de xaneiro ás 19.00 h

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

DÍA DO USUARIO

Para celebrar o Día do Usuario, premiamos cun lote de libros aos usuarios máis activos de cada categoría (adulto e infantil) para comezar o 2019 gozando das mellores lecturas.

Ademais, pola tarde teremos a ocasión de deleitarnos co Kamishibai de Juste, nunha nova sesión da Hora dos contos

Venres, 11 de xaneiro

 
Día do usuario Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS: O Kamishibai de Juste

Aproveitando que é o Día do Usuario celebramos unha nova sesión da Hora dos contos, un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Venres, 11 de xaneiro ás 18.00h

Para: público infantil dende 3 anos.

Aforo limitado

A hora dos contos Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CICLO DE CINE: De verbas a fotogramas

De verbas a fotogramas é unha mostra das diferentes fórmulas de audiovisual que se realizan en Galicia (filme, webserie, documental...) en torno á literatura e ás verbas. Tras o visionado dos distintos proxectos incluídos no ciclo, manteremos un encontro cos seus directores e protagonistas.

RADIOGRAFÍA DE UN AUTOR DE TEBEOS

Sinopse
Unha viaxe a través do imaxinario dun dos autores de tebeos galegos máis importantes do momento: David Rubín.
Premio Mestre Mateo ao mellor documental, entregado en 2011. Galardón á mellor dirección de documental No XVI Festival de Cine Internacional de Ourense (2011). Premio ao mellor documental no IX Festival de Curtmetrages de Manlleu (2011). Premiado como curta documental no I One Cloud Film Fest (2011) .

Dirección e guión: Marcos Nine.
Produción: Setemedia, Marcos Nine Búa e Alicia Veira.

Luns, 14 de xaneiro ás 19.00 h

Para: público adulto.

 
radiografía de un autor de tebeos ciclo de cine Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

AMERICANO + AYSHA

Sinopse
AMERICANO
O Pai de Emanuel Xavier abandonou á súa nai despois de saber que estaba embarazada. Con tres anos, Xavier foi vítima de abusos sexuais por parte dun familiar. Aos 16, a súa nai botouno de casa. Nas rúas de New York, gañaba a vida como prostituto e vendedor de droga nalgúns dos clubes do circuíto gay, como The Sound Factory ou Roxy NYC.
Tras abandonar a escena de clubes comenzou a traballar nunha libraría, onde descubríu a súa paixón pola poesía, que acabaría cambiando a súa vida. Xavier asegura que a poesía é a “saída para liberarse da dor e a ira”

AYSHA
A Primavera árabe devolveu ás rúas a unha xeración que se sentía allea á realidade xordana. Pouco quedou de aqueles días onde o descontento se facía visible en Amman. Aysha recita ideas de cambio en poemas que atacan á indiferenza. As súas palabras en inglés esquivan unha censura máis interesada nos versos en árabe.
Meses atrás, Aysha renunciou ao seu traballo para emprender un proxecto creativo, loitando contra as barreiras e resistencias dun mundo masculinizado.

Luns, 21 de xaneiro ás 19.00 h

Para: público adulto.

 
Xosé Neira Vilas americano aysha ciclo de cine Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CONTRA A MORTE: Unha aproximación a Lois Pereiro

Sinopse
Contra a morte é un documental ao redor da figura do poeta Lois Pereiro (Monforte de Lemos, 1958 – A Coruña, 1996), un documental de testemuño que percorre os lugares e convive coas persoas da súa vida, debuxando un arco xeracional para achegarse á persoa e o seu tempo. Lois Pereiro é a presenza constante dun símbolo, un poeta que apostou pola independencia da súa voz fronte á poesía canónica e profesoral, un home que viviu a vida intensamente. Monforte, Madrid, Berlín, A Coruña e O Incio son os lugares polos que os autores transitan perseguindo unha presenza, as voces que narran o paso de Lois Pereiro entre os vivos. Homenaxeado no Día dás Letras Galegas de 2011, son moitos os ángulos escuros na biografía dun poeta que encarna a modernidade na poesía galega, o risco, o punk e o underground.

Dirección: Alexandre Cancelo , Iago Martínez

Luns, 28 de xaneiro ás 19.00 h

Para: público adulto.

 
Contra a morte ciclo de cine Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 2 DE XANEIRO ÁS 10.30H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Cada mes grazas a Migallas Teatro os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Venres, 18 de xaneiro ás 18.00h

Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Matías Tárraga

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todos aqueles que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o contador murciano Matías Tárraga.

Venres, 25 de xaneiro ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Aforo limitado

Contos dakí: Matías Tárraga Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org

Inscrición:

A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Máis información das actividades en: a web, blog, facebook, twitter da biblioteca e no próximo newsletter.

Normas de inscrición

Normas de comportamento

 

Aforo

Nas actividades sen inscrición, a entrada é libre ata completar aforo.

 

Toma de imaxes

actividades Neira Vilas na biblioteca

No transcurso das actividades o persoal da biblioteca realizará fotografías, para a súa divulgación e difusión.

Se non desexas participar na reportaxe, comunícao ao comezo da actividade.