PROGRAMACIÓN SETEMBRO 2019

CITA A CEGAS

Ofrecemos unha CITA A CEGAS co que pode chegar a ser un gran amor literario. Haberá na biblioteca unha serie de paquetes pechados que se poden levar a casa emprestados, sen saber o que hai dentro, ata que ao abrilos se desvele o seu segredo, atopando o que pode chegar a ser un gran descubrimento, unha decepción ou un gran amor.

Do 1 de xullo ao 30 de setembro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Todo o público socio da biblioteca.

Cita a cegas

Volver ao inicio Back to top

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Especies do ecosistema dixital

Bloggers, vloggers, youtubers, influencers, gamers e outras especies do ecosistema dixital ocupan a mostra deste mes.

Marcan estilos, tendencias, modas, falan dos nosos xogos ou libros favoritos, de viaxes de cociña e de todos os mundo posibles que poidamos imaxinar.

Lembrade que podedes consultar todas as obras en sala ou levalas para casa en préstamo.

Do 1 ao 30 de setembro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

RECOMENDACIÓN DO MES: Andrea Camilleri

Mostra bibliográfica

O pasado mes de xullo deixounos este gran escritor siciliano, polo que con esta mostra queremos facer unha homenaxe á súa obra.

Guionista, director de cine e novelista, escribiu máis dun centenar de novelas marcadas sempre polo seu sentido do humor e polo seu sentir político. Camilleri sempre será recordado por ser o pai do comisario Moltalbano, ao que chamou así pola súa amistade con Manuel Váquez Montalbán, creador do detective Pepe Carvalho.

Lembrade que podedes consultar todas as obras en sala ou levalas para casa en préstamo.

Do 1 ao 30 de setembro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Recomendación do mes na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

TERRAZAS DE VERÁN

Aproveitando o bo tempo do verán sairemos á rúa para realizar unha serie de actividades de dinamización cultural que terán a literatura e a música como protagonistas.

Contaremos coa escritora Eva Mejuto nun encontro informal, unha charla amigable onde o público pode falar e preguntar á escritora sobre o que rodea ao mundo literario.

Ao día seguinte disfrutaremos do concerto de Su Garrido, mentres que o público máis pequeno da casa tamén terá a oportunidade de gozar coa música de Luis Vallecillo.

Encontro coa escritora Eva Mejuto

Xoves, 12 de setembro ás 19.30h

Para: Público xeral, maiores de 16 anos.

 
Encontro coa escritora Eva Mejuto Biblioteca Xosé Neira Vilas

Concerto de Su Garrido

Venres, 13 de setembro ás 19.30h

Para: Público xeral, maiores de 16 anos.

 
Su Garrido Concerto Biblioteca Xosé Neira Vilas

Concerto de Luis Vallecillo

Xoves, 19 de setembro ás 19.30h

Para: Público familiar.

  Luis Vallecillo Concerto Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

...E ADEMAIS:

En outubro comezan de novo as actividades permanentes: Entre arrolos e contiños, A hora do contos, O club de lectura e Contos Dakí.

 

 

CLUB DE LECTURA

Lembrade as datas de inscrición:

CLUB DE LECTURA comeza o prazo de inscrición o martes 18 de setembro ás 10.30 h

Martes, 18 de setembro ás 10.30 h

 

Club de lectura Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

eFilm Vigo

eFilm Vigo Biblioteca Neira Vilas

Acceso en streaming a un amplo catálogo de cinema, documentais, concertos ou curtametraxes, entre outros.

Poderá consultar o catálogo completo de eFilmVigo no enderezo:

https://vigo.efilm.online/es/vigo/

Inscrición:

A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Máis información das actividades en: a web, blog, facebook, twitter da biblioteca e no próximo newsletter.

Normas de inscrición

Normas de comportamento

 

Aforo

Nas actividades sen inscrición, a entrada é libre ata completar aforo.

 

Toma de imaxes

actividades Neira Vilas na biblioteca

No transcurso das actividades o persoal da biblioteca realizará fotografías, para a súa divulgación e difusión.

Se non desexas participar na reportaxe, comunícao ao comezo da actividade.