PROGRAMACIÓN OUTUBRO 2019

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Día das Escritoras: Mujeres, amor y libertad..

Aproveitando que este mes se celebra o IV Día de las Escritoras baixo o lema “Mujeres, amor y libertad”, sumámonos á Biblioteca Nacional no seu obxectivo de “difundir o legado cultural das escritoras do ámbito hispánico e hispanoamericano e lembrar as dificultades que, no pasado, impediron tanto o desenvolvemento da súa obra como o xusto recoñecemento ao seu labor cultural".

Nomeamos ás escritoras homenaxeadas para dar visivilidade a esta edición: Feliciana Enríquez De Guzmán, Ana Caro de Mallén, Sor Juana Inés de la Cruz, Isabel María Morón, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Carmen de Burgos, Tene Mujika, Anna Murià, Alfonsina Storni, Dulce María de Loynaz, Ernestina de Champourcín, Maruxa Orxales, Carmen Laforet, Esther Tusquets, Alejandra Pizarnik, Montserrat Roig, Dulce Chacón e Teresa de Jesús.

Lembrade que podedes consultar todas as obras en sala ou levalas para casa en préstamo.

Do 1 ao 31 de outubro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Todos os públicos.

Mostra bibliográfica: día das escritoras: Mujeres, amor y libertad

Volver ao inicio Back to top

RECOMENDACIÓN DO MES:

Mostra bibliográfica

Nesta ocasión queremos recomendar a obra de Carmen Martín Gaite, unha das figuras máis importantes dentro das letras hispánicas. Entre visillos, Retahílas, El cuarto de atrás son algunhas das súas obras máis importantes. Foi galardoada co Premio Nadal, o Nacional de Literatura, o Nacional de las Letras, e o Premio Anagrama de Ensayo.

Lembrade que podedes consultar todas as obras en sala ou levalas para casa en préstamo.

Do 1 ao 31 de outubro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Recomendación do mes na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 10 e 31 de outubro ás 19.00 h

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS: Olalla González e Marc Taeger

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Venres, 4 de outubro ás 18.00 h

Para: público infantil dende 3 anos.

Aforo limitado

A hora dos contos Biblioteca Xosé Neira Vilas  Olalla González e Marc Taeger

Volver ao inicio Back to top

DÍA DE LAS ESCRITORAS: Mujeres, amor y libertad

O 14 de outubro é a data que a Biblioteca Nacional propón para celebrar o “Día de las escritoras”, así que ao longo desta xornada toda aquela persoa que leve en préstamo libros escritos por unha muller será obsequiado cunhas flores que levarán unha etiqueta co lema deste ano, “Mujeres, amor y libertad”, e unha cita dalgunha autora. Haberá así mesmo un "Photocall" para que quen o desexe se faga fotos conmemorando este día e as difunda nas súas redes sociais.

Paralelamente a esta celebración, todo o mes de outubro contaremos coa mostra bibliográfica na que presentamos diferentes libros de destacadas escritoras, que estarán dispoñibles tanto para consulta como préstamo.

Luns, 14 de outubro

Hora: 17.00 a 20.30h

Para: Todos os públicos.

Día das Escritoras Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

Grazas a Migallas Teatro os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Xoves, 17 de outubro ás 18.00h

 

Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

Aforo limitado

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

PASAMOS CONSULTA: Día da bibliotecas

Para festexar o Día da Biblioteca realizaremos un consultorio na biblioteca, onde o persoal da biblioteca pasará consulta literaria.
Trataremos ao público usuario as súas doenzas literarias e intentaremos atopar unha solución aos seus problemas coa lectura. Receitando novos títulos e explicando como levar unha vida lectora saudable.

Dende o xoves 24 ata o 31 de outubro

De 11.00 a 13.00 h

Para: Todos os públicos.

Horario de apertura da biblioteca

día das bibliotecas Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Caxoto

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o contador Caxoto.

Venres, 25 de outubro ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Aforo limitado

Contos Dakí Caxoto Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

eFilm Vigo

eFilm Vigo Biblioteca Neira Vilas

Acceso en streaming a un amplo catálogo de cinema, documentais, concertos ou curtametraxes, entre outros.

Poderá consultar o catálogo completo de eFilmVigo no enderezo:

https://vigo.efilm.online/es/vigo/

Inscrición:

A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Máis información das actividades en: a web, blog, facebook, twitter da biblioteca e no próximo newsletter.

Normas de inscrición

Normas de comportamento

 

Aforo

Nas actividades sen inscrición, a entrada é libre ata completar aforo.

 

Toma de imaxes

actividades Neira Vilas na biblioteca

No transcurso das actividades o persoal da biblioteca realizará fotografías, para a súa divulgación e difusión.

Se non desexas participar na reportaxe, comunícao ao comezo da actividade.