PROGRAMACIÓN MARZO 2019

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: 8 de marzo

O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller e para celebralo, durante este mes de marzo realizamos unha mostra na biblioteca na que reunimos material bibliográfico e audiovisual que trate sobre a muller e a súa loita pola igualdade de oportunidades na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.
Para público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Do 1 ao 30 de marzo

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Armas de muller

Volver ao inicio Back to top

RECOMENDACIÓN DO MES: Paula Carballeira

Mostra bibliográfica

Este mes, no que ademais do Día Interancional da Muller se celebra o Día da Narración Oral, o Día da Poesía e o Día do Teatro tiñamos que adicar a nosa recomendación do mes a Paula Carballeira, xa que ela representa marabillosamente a unión de todas estas disciplinas.

Do 1 ao 30 de marzo

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Recomendación do mes: Manel Loureiro

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 7 e 14 de marzo ás 19.00 h

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS: Trini Puentes

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Venres, 8 de marzo ás 18.00h

Para: público infantil dende 3 anos.

Aforo limitado

A hora dos contos Trini Puentes Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 1 DE MARZO ÁS 10.30H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Un venres ao mes grazas a Migallas Teatro os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Venres, 15 de marzo ás 18.00h

Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

DÍA DA POESÍA: Concerto de Xoan Curiel

Xoán Curiel cantará temas propios a partir de textos de poetas e autores/as galegos/as. Un concerto íntimo no que a palabra e a poesía cobran outra dimensión diferente ao ser musicalizadas polo artista.

Xoves, 21 de marzo ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Día da poesía Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Paula Carballeira

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todos aqueles que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos a escritora e actriz Paula Carballeira.

Venres, 22 de marzo ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Aforo limitado

Contos Dakí Quico Cadaval Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

Inscrición:

A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Máis información das actividades en: a web, blog, facebook, twitter da biblioteca e no próximo newsletter.

Normas de inscrición

Normas de comportamento

 

Aforo

Nas actividades sen inscrición, a entrada é libre ata completar aforo.

 

Toma de imaxes

actividades Neira Vilas na biblioteca

No transcurso das actividades o persoal da biblioteca realizará fotografías, para a súa divulgación e difusión.

Se non desexas participar na reportaxe, comunícao ao comezo da actividade.