PROGRAMACIÓN MAIO 2019

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Día das Letras Galegas

Unha mostra bibliográfica onde estarán presentes as obras de Antón Fraguas, así coma outras obras significativas da literatura galega.

Do 1 ao 31 de maio

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

RECOMENDACIÓN DO MES: Antón Fraguas

Mostra bibliográfica

Ao longo do mes de maio poderedes achegarvos á figura de Antón Fraguas, homenaxeado no Día das Letras Galegas neste 2019, a través dunha mostra bibliográfica na que atoparedes unha escolma da bibliografía máis destacada do autor así como as súas obras máis importantes.

Do 1 ao 31 de maio

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Recomendación do mes: Antón Fraguas

Volver ao inicio Back to top

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: May the 4th be with you

Mostra bibliográfica

O 4 de maio celébrase o Día da Guerra das Galaxias, día escollido no calendario polos seguidores desta saga de ciencia fición debido a que en inglés a data (May the 4th Be With You )soa moi parecido ao lema dos Jedis («May the Force be with you»).

Así que o noso espírito friki non pode deixar escapar esta oportunidade de festexar esta data con todos vós facendo unha mostra do material relacionado coa saga de Star Wars.

Que a forza te acompañe!

Do 1 ao 6 de maio

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
mostra bibliografica may the 4th be with you

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 9 e 23 de maio ás 19.00 h

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS: Trini Puentes

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Venres, 3 de maio ás 18.00h

Para: público infantil dende 3 anos.

Aforo limitado

A hora dos contos Trini Puentes Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 2 DE MAIO ÁS 17.00H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Un venres ao mes grazas a Migallas Teatro os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Venres, 10 de maio ás 18.00h

Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

PASEN I ESCOITEN! PASEN I LEAN! Día das Letras Galegas

Trátase de lecturas públicas de textos que teñen como fío condutor o “Día das letras Galegas”, onde nos achegaremos á obra do homenaxeado deste ano, Antón Fraguas, e tamén a outros autores e autoras das nosas letras. As sesiós está conducida polo voluntariado, pero están abertas a todas aquelas persoas que desexen compartir co resto do público as súas lecturas.

Xoves, 16 de maio ás 19.00h

Para: público xeral.

Aforo limitado

¡Pasen i escoiten! ¡Pasen i lean! Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: María da Pontragha

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos a contadora María da Pontragha.

Venres, 25 de maio ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Aforo limitado

Contos dakí  Biblioteca Neira Vilas María dea Pontragha

Volver ao inicio Back to top

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

Inscrición:

A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Máis información das actividades en: a web, blog, facebook, twitter da biblioteca e no próximo newsletter.

Normas de inscrición

Normas de comportamento

 

Aforo

Nas actividades sen inscrición, a entrada é libre ata completar aforo.

 

Toma de imaxes

actividades Neira Vilas na biblioteca

No transcurso das actividades o persoal da biblioteca realizará fotografías, para a súa divulgación e difusión.

Se non desexas participar na reportaxe, comunícao ao comezo da actividade.