PROGRAMACIÓN XUÑO 2018

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: A biblioteca sae do armario

Para festexar o Día do Internacional do Orgullo LGBTI que se celebra o día 28 de xuño, a biblioteca realiza unha mostra bibliográfica durante todo este mes para unirse pola tolerancia e a igualdade.

Do 1 ao 30 de xuño

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

RECOMENDACIÓN DO MES: Federico García Lorca

Mostra bibliográfica

A biblioteca Neira Vilas súmase as celebracións do “Año Lorca” e este mes, no que tamén se celebra o nacemento do autor, queremos recomendar a obra Federico García Lorca.

A mostra complétase cunha lectura pública dos textos do autor e unha representación de fragmentos da súa obra o día 5 de xuño ás 19.00h

Do 1 ao 30 de xuño

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Recomendación do mes María Reimóndez na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

¡PASEN I ESCOITEN! PASEN I LEAN!: Federico García Lorca

Trátase de lecturas públicas de textos que teñen como fío condutor a figura do poeta granadino Federico García Lorca e que estarán acompañadas por diferentes representacións de fragmentos da súa obra da man do grupo de teatro Lohengrín de Vigo.

As sesións están conducidas polo voluntariado de Vigo, pero están abertas a todas aquelas persoas que desexen compartir co resto do público as súas lecturas.

Martes, 5 de xuño ás 19.00h

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Aforo limitado

¡Pasen i escoiten! ¡Pasen i lean! Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ACHÉGATE Á INTERNET

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

Preséntase unha nova edición deste proxecto de alfabetización dixital, no nivel de “Iniciación I”, pensado para aquelas persoas sen coñecementos básicos no manexo do ordenador. O curso encádrase dentro das accións de formación, unha das liñas estratéxicas de traballo da biblioteca pública. A súa finalidade é formar na busca/asimilación de información e no manexo das novas tecnoloxías, requisito indispensable hoxe en día para acceder ás novas formas de información, formación e lecer.

Mércores 6 e venres 8 de xuño

De 10.00 a 12.00 h

Para: púbico maior de 16 anos sen coñecementos básicos de Internet.

Achégate á internet Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 7 e 21 de xuño ás 19.00 h

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS: Trini Puentes

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Venres, 8 de xuño ás 18.00 h

Para: Público infantil dende 3 anos.

Aforo limitado

A hora dos Contos: Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 1 DE XUÑO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Un venres ao mes grazas a Migallas Teatro os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Venres, 15 de xuño ás 18.00 h

Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

FESTA DE PIXAMAS DE PELUCHES

Convidamos ao público infantil a que deixen os seus peluches na biblioteca, para que estes celebren unha festa de pixamas durante a fin de semana. Os xoguetes gozarán da lectura, de camiñar pola biblioteca e de durmir nun espazo diferente fóra do seu fogar. O luns seguinte poderán vir a recollelo e descubrirán o ben que o pasaron.

Venres, 15 de xuño

Para: Público infantil.

Aforo limitado

Festa de los

Volver ao inicio Back to top

FEIRA DO LIBRO

Unímonos a este proxecto literario onde se atopan as diferentes personalidades do sector das letras, as novidades editoriais, actividades, etc. estando presentes cunha caseta na que amosaremos os servizos e as actividades que ofrecemos á cidadanía.

Do 28 de xuño ao 7 de xullo

Horario de apertura da feira: de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 22.00 h

Para: Todos os públicos.

Aforo limitado

Feira do Libro Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

Si non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org

Inscrición:

A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Máis información das actividades en: a web, blog, facebook, twitter da biblioteca e no próximo newsletter.

Normas de inscrición

Normas de comportamento

 

Aforo

Nas actividades sen inscrición, a entrada é libre ata completar aforo.

 

Toma de imaxes

actividades Neira Vilas na biblioteca

No transcurso das actividades o persoal da biblioteca realizará fotografías, para a súa divulgación e difusión.

Se non desexas participar na reportaxe, comunícao ao comezo da actividade.