PROGRAMACIÓN OUTUBRO 2018

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Día das Escritoras: rebeldes e transgresoras...

Aproveitando que este mes se celebra o III Día de las Escritoras baixo o lema “Rebeldes e transgresoras”, sumámonos á Biblioteca Nacional no seu obxectivo de “difundir o legado cultural das escritoras do ámbito hispánico e hispanoamericano e lembrar as dificultades que, no pasado, impediron tanto o desenvolvemento da súa obra como o xusto recoñecemento ao seu labor cultural".

Nomeamos ás escritoras homenaxeadas para dar visivilidade a esta edición: María de Zayas, Juana Manso, Rosalía de Castro, Rosario de Acuña, Filomena Dato Muruais, Carmen de Burgos, Delmira Agustini, Victoria Ocampo, Aurora Bertrana, Magda Donato, Sorne Unzueta Lanzeta, Ángela Figuera Aymerich, María Zambrano, Idea Vilariño, Ana María Matute, Carmen Martín Gaite, Josefina Aldecoa, Alejandra Pizarnik, Esther Tusquets, María-Mercé Marcal e Teresa de Jesús.

Lembrade que podedes consultar todas as obras en sala ou levalas para casa en préstamo.

Do 1 ao 31 de outubro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: A que estamos, a por Rolex ou a por setas?

Volver ao inicio Back to top

RECOMENDACIÓN DO MES: Ana María Matute. Mostra bibliográfica

Mostra bibliográfica

Nesta ocasión queremos reinvidicar o legado cultural dunha das rebeldes e transgresoras, considerada unha das mellores novelistas da posguerra española. É Doutora honoris causa pola Universidade de León e membro honorario da Hispanic Society of America e da American Association of Teachers of Spanish and Portuguese. Destacamos algúns dos premios recibidos ao longo da súa traxectoria; Premio Nacional de Literatura, por Los hijos muertos (1959), Premio Nacional de Literatura Infantil e xuvenil, por Solo un pie descalzo (1984), Premio Nacional de las Letras Españolas (2007), Premio Cervantes (2010)

En 1996 foi elixida académica, ocupando o asento K, da Real Academía Española, sendo a terceira muller en formar parte da institución en 300 anos.

Lembrade que podedes consultar todas as obras en sala ou levalas para casa en préstamo.

Do 1 ao 31 de outubro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Recomendación do mes David Rubín na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Samaín

Co gallo de festexar a celebración do Samaín faise unha mostra de libros e material audiovisual relacionados cos monstros, vampiros, fantasmas e todos os seres fantásticos que dan medo.

Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 24 de outubro ao 5 de novembro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica samaín

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 4 e 11 de outubro ás 19.00 h

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS: Raquel Queizás

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Venres, 5 de outubro ás 18.00h

Para: público infantil dende 3 anos.

Aforo limitado

A hora dos contos Biblioteca Xosé Neira Vilas  Raquel Queizás

Volver ao inicio Back to top

DÍA DE LAS ESCRITORAS: Rebeldes e transgresoras

O 15 de outubro é a data que a Biblioteca Nacional propón para celebrar o “Día de las escritoras”, así que ao longo desta xornada toda aquela persoa que leve en préstamo libros escritos por unha muller será obsequiado cunhas flores que levarán unha etiqueta co lema deste ano, “rebeldes e transgresoras”, e unha cita dalgunha autora. Haberá así mesmo un "Photocall" para que quen o desexe se faga fotos conmemorando este día e as difunda nas súas redes sociais.

Paralelamente a esta celebración, todo o mes de outubro contaremos coa mostra bibliográfica na que presentamos diferentes libros de destacadas escritoras, que estarán dispoñibles tanto para consulta como préstamo.

Luns, 15 de outubro de 2018

Hora: 17.00 a 20.30h

Para: público xeral.

 

Día de las escritoras: Rebeldes, transgresoras Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 1 DE OUTUBRO ÁS 17.00 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Un venres ao mes grazas a Migallas Teatro os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Venres, 19 de outubro ás 18.00h

 

Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

DÍA DAS BIBLIOTECAS: SEICA...

SEICA... é unha colección de historias curiosas e sorprendentes, compiladas por Antía Marante e Antonio M. Fraga, que lembran feitos reais acontecidos en Galiza. É un xogo que fomenta a imaxinación ao tempo que escribe asombrosas notas a rodapé na nosa historia.

Mércores, 24 de outubro ás 11.00 h

Para: Público Adulto, entidades interesadas.

 
Seica día das bibliotecas Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Avelino González

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o actor e contador Avelino González.

Venres, 26 de outubro ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Aforo limitado

Contos Dakí Avelino González Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org

Inscrición:

A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Máis información das actividades en: a web, blog, facebook, twitter da biblioteca e no próximo newsletter.

Normas de inscrición

Normas de comportamento

 

Aforo

Nas actividades sen inscrición, a entrada é libre ata completar aforo.

 

Toma de imaxes

actividades Neira Vilas na biblioteca

No transcurso das actividades o persoal da biblioteca realizará fotografías, para a súa divulgación e difusión.

Se non desexas participar na reportaxe, comunícao ao comezo da actividade.