PROGRAMACIÓN NOVEMBRO 2018

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Día das Librarías

O 16 de novembro celébrase o Día das Librerías, compañeiras inseparables das biliotecas na promoción do libro e a lectura.
Da mesma forma que non hai dúas persoas iguais, tampouco o son as librerías: hainas grandes e pequenas, xeneralistas e especializadas, hainas que falan linguas, outras pensadas especialmente para os máis pequenos, algunhas convídannos a tomar un café... pero todas elas comparten coma nós a paixón polos libros.

Lembrade que podedes consultar todas as obras en sala ou levalas para casa en préstamo.

Do 1 ao 30 de novembro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Día das librerías Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

RECOMENDACIÓN DO MES: Santiago Posteguillo

Mostra bibliográfica

Á espera de que saia á venda “Yo, Julia”, gañadora do último premio Planeta, destacamos en novembro a obra de Santiago Posteguillo, un dos maiores expoñentes da novela histórica no noso país, con sagas como as do emperador Traxano ou o xeneral romano Escipión.

Ademáis, Posteguillo é autor de tres libros de relatos sobre a historia da literatura, imprescindibles para calquera amante das letras, entre eles os libreiros aos que este mes homenaxeamos na nosa mostra bibliográfica.

Do 1 ao 30 de novembro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Recomendación do mes David Rubín na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

PRESENTACIÓN DE KALANDRAKA TV

A editorial Kalandraka presenta na biblioteca o seu novo proxecto, KALANDRAKA TV, unha canle de televisión dixital sobre Literatura Infantil e Xuvenil na que podedes atopar entrevistas, reportaxes, actualidade, recomendacións literarias, experiencias lectoras…

Mércores, 7 de novembro ás 19.00 h

Para: Público xeral.

Aforo limitado

 
Presentaicón de Kalandraka TV

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 8 e 22 de novembro ás 19.00 h

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS: Pablísimo

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Este mes de novembro estará con nós Pablísimo.

Venres, 9 de novembro ás 18.00h

Para: público infantil dende 3 anos.

Aforo limitado

A hora dos contos Biblioteca Xosé Neira Vilas  Pablísimo

Volver ao inicio Back to top

PASEN I ESCOITEN! PASEN I LEAN!: As vangardas

Trátase de lecturas públicas de textos que nesta ocasión teñen como fío condutor as Vangardas e o seu reflexo na literatura de finais de s. XIX e principios do s. XX. As sesións están conducidas polo Voluntariado do Concello de Vigo, pero están abertas a todas aquelas persoas que desexen compartir co resto do público as súas lecturas.

Mércores, 14 de novembro ás 19.00h

Para: público xeral.

Aforo limitado

¡Pasen i escoiten! ¡Pasen i lean! Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 2 DE NOVEMBRO ÁS 10.30H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Un venres ao mes grazas a Migallas Teatro os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Venres, 16 de novembro ás 18.00h

Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ACHÉGATE Á INTERNET

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

Nova edición deste proxecto de alfabetización dixital, no nivel de “Iniciación I”, pensado para aquelas persoas sen coñecementos básicos no manexo do ordenador, A súa finalidade é formar a usuarios autónomos na busca/asimilación de información e no manexo das novas tecnoloxías, requisito indispensable hoxe en día para acceder ás novas formas de información, formación e lecer.

Mércores 21 e venres 23 de novembro

de 10.00 a 12.00 h

Para: Público maior de 16 anos sen coñecementos básicos de Internet.

 
Achégate á internet Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Quico Cadaval

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o actor e contador Quico Cadaval.

Venres, 30 de novembro ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Aforo limitado

Contos Dakí Quico Cadaval Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org

Inscrición:

A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Máis información das actividades en: a web, blog, facebook, twitter da biblioteca e no próximo newsletter.

Normas de inscrición

Normas de comportamento

 

Aforo

Nas actividades sen inscrición, a entrada é libre ata completar aforo.

 

Toma de imaxes

actividades Neira Vilas na biblioteca

No transcurso das actividades o persoal da biblioteca realizará fotografías, para a súa divulgación e difusión.

Se non desexas participar na reportaxe, comunícao ao comezo da actividade.