MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Día da Poesía
O 21 de marzo celébrase o Día da Poesía e para celebralo durante este mes de marzo realizamos unha mostra na biblioteca na que reunimos material bibliográfico e audiovisual que trate sobre a poesía.
Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.
Do 1 ao 30 de marzo
Horario de apertura da biblioteca
Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca. |
|
|
Volver ao inicio
RECOMENDACIÓN DO MES: Jules Verne
Mostra bibliográfica
Este mes queremos conmemorar a chegada a Vigo do escritor francés ofrecendo esta mostra bibliográfica da súa obra.
Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.
Do 1 ao 30 de marzo
Horario de apertura da biblioteca
Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca. |
|
|
Volver ao inicio
CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño
O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.
Xoves, 1 e 15 de marzo ás 19.00 h
Para: Público socio do club. |
|
|
Volver ao inicio
A HORA DOS CONTOS: Pavís, Pavós
A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.
Venres, 9 de marzo ás 18.00h
Para: Público infantil dende 3 anos.
Aforo limitado |
|
Volver ao inicio
ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS "MÉRCORES"
PREVIA INSCRICIÓN* 1 DE MARZO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN
Grazas a Migallas Teatro os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.
Mércores, 14 de marzo ás 18.00h
Para: público infantil de 12 meses a 3 anos. |
|
Volver ao inicio
Contos Dakí: Festival Atlántica: Tâmara Becerra
O Festival Atlántica regresa a Vigo e fai unha parada na biblioteca. Nesta ocasión contamos coa presenza da contadora brasileira Tâmara Becerra.
Mulheres que ensaboam palavras (Mulleres que enxaboan palabras)
Sesión con contos recollidos á beira de ríos no deserto brasileiro. A narradora presenta historias que xenerosamente compartiron con ela lavandeiras de roupas, que contan historias e cantan cancións para enganar a ira do sol. Esas mulleres que enxaboan palabras son verdadeiras gardiás do imaxinario popular.
Venres, 16 de marzo ás 19.30 h
Para: Público adulto.
Aforo limitado |
|
Volver ao inicio
DÍA DA POESÍA: Recital Poético de Paco Barreiro
Para celebrar o Día da Poesía ofrecemos un recital poético de Paco Barreiro cunha breve charla para falar da súa obra.
Mércores, 21 de marzo ás 19.00 h
Para: Público adulto. |
|
Volver ao inicio
CONTOS DAKÍ: Paula Carballeira
Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos a escritora e actriz Paula Carballeira.
Venres, 23 de marzo ás 19.30 h
Para: Público adulto.
Aforo limitado |
|
Volver ao inicio
OBRADOIRO: A arte de ilustrar contos
PREVIA INSCRICIÓN* 2 DE MARZO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN
Realizar en conxunto un conto, creando cada un deles unha das ilustracións que o compon, baseado na maxia do cotiá. Exposición das ilustracións, do conto materializado.
Martes, 27 de marzo ás 11.00 h
Para: público infantil maiores de 8 anos. |
|
Volver ao inicio
Volver ao inicio Si non visualizas ben o boletín fai clic aquí
Baixa do boletín |
Séguenos
Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org
Horario:
Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h
Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h
EbookVigo
Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:
www.ebookvigo.org
Inscrición:
A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.
Máis información das actividades en: a web, blog, facebook, twitter da biblioteca e no próximo newsletter.
Normas de inscrición
Normas de comportamento
Aforo
Nas actividades sen inscrición, a entrada é libre ata completar aforo.
Toma de imaxes
No transcurso das actividades o persoal da biblioteca realizará fotografías, para a súa divulgación e difusión.
Se non desexas participar na reportaxe, comunícao ao comezo da actividade.
|