PROGRAMACIÓN XUÑO 2017

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: As artes en Vigo

Unha mostra bibliográfica na que queremos destacar como as diferentes artes están presente nas rúas, nas prazas, nos bares e noutras localizacións da cidade.

Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 1 ao 30 de xuño

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: As artes de vigo

Volver ao inicio Back to top

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: A biblioteca sae do armario

Para festexar o Día do Internacional do Orgullo LGBTI que se celebra o día 28 de xuño, a biblioteca realiza unha mostra bibliográfica durante todo este mes para unirse pola tolerancia e a igualdade.

Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 1 ao 30 de xuño

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: A biblioteca sae do armario Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

RECOMENDACIÓN DO MES: Jane Austen

Mostra bibliográfica

Neste 2017 celébrase o bicentenario da morte desta gran escritora británica. E como homenaxe queremos recomendar as súas novelas e tamén as películas baseadas na súa obra.

Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 2 ao 31 de xuño

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Recomendación do mes Rosa Aneiros na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 8 e 22 de xuño ás 19.00 h

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS: Trini Puentes

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes contadores coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Venres, 9 de xuño ás 18.00h

Para: público infantil dende 3 anos.

Aforo limitado

A hora dos Contos: Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CONTACONTOS: Elisa no mundo das marabillas

A Ludoteca Inclusiva APAMP mostrános o seu traballo a través do proxecto “Elisa no mundo das marabillas”. Disfrutaremos con este conto e con máis sorpresas.

Venres, 16 de xuño ás 18.00h

Para: Público infantil dende 3 anos.

Aforo limitado

Elisa no mundo das marabillas Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 1 DE XUÑO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Un venres ao mes, grazas a Migallas Teatro, os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Venres, 30 de xuño ás 18.00h

Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas ler conta moito

Volver ao inicio Back to top

FEIRA DO LIBRO

Unímonos a este proxecto literario, onde se atopan as diferentes personalidades do sector das letras, as novidades editoriais, actividades, etc. estando presentes cunha caseta na que amosaremos os servizos e as actividades que ofrecemos á cidadanía.

Do 29 de xuño ao 8 de xullo

Horario de apertura da feira:

de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 22.00 h

Para: Todos os públicos.

 

Feira do libro Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

...E ADEMÁIS

FESTA PIXAMA DE PELUCHES


Invítase ao público infantil a que deixen os seus peluches por unha noite na biblioteca, para que estos celebren unha festa de pixamas. Nesa noite os xoguetes disfrutarán da lectura, de camiñar pola biblioteca e de durmir nun espazo diferente fóra do seu fogar. O día seguinte o seu dono virá a recollelo e poderá ver o ben que o pasou e o peluche.

 

Do 30 de xuño ao 1 de xullo

Para: Público infantil.

Contos Dakí Paula Carballeira Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

OBRADOIRO DE PAPAVENTOS

PREVIA INSCRICIÓN* 20 DE XUÑO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Neste obradoiro os participantes teñen que deseñar o seu propio papaventos, que confeccionarán empregando diferentes materiais e que logo aprenderán a voar.

Mércores 5 e xoves 6 de xullo

Horario de 11.00 a 13.00h

Para: Público infantil dende 8 anos.

Obradoiro de papaventos Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

 

CLUB DE LECTURA XUVENIL

PREVIA INSCRICIÓN* 15 DE XUÑO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

O club de lectura xuvenil é unha iniciativa para achegar a este público á biblioteca e disfrutar do tempo libre do verán.

Nesta actividade realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios nun ambiente distendido, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura con actividades de dinamización lectora.

Xoves 13 e 27 de xullo e 10 e 24 de agosto

Horario de 11.00 a 12.00h

Para: Público infantil dende 13 anos.

Club de lectura xuvenil Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

Inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Estade atentos ao próximo newsletter e ao blog, facebook e twitter da biblioteca, onde poderedes atopar máis información das actividades.

Normas de inscrición da actividade

Normas de comportamento na actividade

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org