PROGRAMACIÓN VERÁN 2017

FEIRA DO LIBRO

Unímonos a este proxecto literario, onde se atopan as diferentes personalidades do sector das letras, as novidades editoriais, actividades, etc. estando presentes cunha caseta na que amosaremos os servizos e as actividades que ofrecemos á cidadanía.

Do 29 de xuño ao 8 de xullo

Horario de apertura da feira:

de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 22.00 h

Para: Todos os públicos.

Feira do libro Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

FESTA PIXAMA DE PELUCHES


Invítase ao público infantil a que deixen os seus peluches por unha noite na biblioteca, para que estos celebren unha festa de pixamas. Nesa noite os xoguetes disfrutarán da lectura, de camiñar pola biblioteca e de durmir nun espazo diferente fóra do seu fogar. O día seguinte o seu dono virá a recollelo e poderá ver o ben que o pasou esa noite.

Do 30 de xuño ao 1 de xullo

Para: Público infantil.

Festa pixama de peluches Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Espazos de vida

Expoñemos na biblioteca unha escolma da bibliografía máis destacada do fondo relacionada coa arquitectura.
Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 1 de xullo ao 31 de agosto

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Espazos de vida

Volver ao inicio Back to top

RECOMENDACIÓN DO MES: Gloria Fuertes - Jo Nesbø

Mostra bibliográfica

Neste 2017 celébrase o centenario do nacemento desta gran escritora e poeta. E como homenaxe queremos recomendar as obras de Gloria Fuertes tanto de público infantil, coma a obra para adultos, esta algo máis esquecida.

En agosto recomendamos a obra de Jo Nesbø, unhas lecturas moi apropiadas para levar á praia ou disfrutar delas no tempo de lecer.

Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 1 ao 31 de xullo: Gloria Fuertes
Do 1 ao 31 de agosto: Jo Nesbø

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Recomendación do mes Gloria Fuertes Jo Nesbo na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

CITA A CEGAS

Ofrecemos unha CITA A CEGAS co que pode chegar a ser un gran amor literario. As persoas usuarias terán á súa disposición unha serie de paquetes pechados que poden levar a casa emprestados, sen saber o que hai dentro, ata que ao abrilo desvelen o seu segredo, atopándose co que pode chegar a ser un gran descubrimento, unha decepción ou un gran amor.

Do 01 de xullo ao 30 de setembro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Para todo o público socio da biblioteca.

 
Cita a cegas

Volver ao inicio Back to top

OBRADOIRO DE PAPAVENTOS

PREVIA INSCRICIÓN* 20 DE XUÑO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Neste obradoiro os participantes teñen que deseñar o seu propio papaventos, que confeccionarán empregando diferentes materiais e que logo aprenderán a voar.

Mércores 5 e xoves 6 de xullo

Horario de 11.00 a 13.00h

Para: Público infantil dende 8 anos.

Obradoiro de papaventos Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

¡PASEN I ESCOITEN! ¡PASEN I LEAN! Gloria Fuertes

Trátase de lecturas públicas de textos que teñen como fío condutor a obra e a figura da poeta Gloria Fuertes. As sesións están conducidas polos voluntarios de Vigo, pero están abertas a todas aquelas persoas que desexen compartir co resto do público as súas lecturas.

Mércores, 12 de xullo de 2017 ás 19.00h

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

¡Pasen i escoiten! ¡Pasen i lean! Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

 

CLUB DE LECTURA XUVENIL

PREVIA INSCRICIÓN* 15 DE XUÑO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

O club de lectura xuvenil é unha iniciativa para achegar a este público á biblioteca e disfrutar do tempo libre do verán.

Nesta actividade realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios nun ambiente distendido, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura con actividades de dinamización lectora.

Xoves 13 e 27 de xullo e 10 e 24 de agosto

Horario de 11.00 a 12.00h

Para: Público infantil dende 12 anos.

Club de lectura xuvenil Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

OBRADOIRO DE BEAT BOX

PREVIA INSCRICIÓN* 1 DE AGOSTO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Davbeatbox imparte un obradoiro no que os participantes descubrirán as orixes e bases da cultura hip hop e poderán facer un achegamento musical co seu propio corpo converténdose en caixas de ritmos e Beat Box.

Martes 22 e mércores 23 de agosto

Horario de 11.00 a 12.00h

Para: Público infantil maior de 8 anos.

Obradoiro Beat Box Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

Inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Estade atentos ao próximo newsletter e ao blog, facebook e twitter da biblioteca, onde poderedes atopar máis información das actividades.

Normas de inscrición da actividade

Normas de comportamento na actividade

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org