MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Tempo de vendima
Comeza a vendima e para que todos esteades ao tanto do mundo da uva e dos viños. durante este mes tedes na biblioteca unha escolma de libros sobre este tema.
Lembrade que podedes consultar todas as obras en sala ou levalas para casa en préstamo.
Do 1 ao 30 de setembro
Horario de apertura da biblioteca
Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca. |
|
|
Volver ao inicio
RECOMENDACIÓN DO MES: Pedro Feijoo
Mostra bibliográfica
Licenciado en Filoloxía Galega, exerceu como músico, produtor, compositor e membro dalgúns proxectos musicais como Lamatumbá. Este escritor vigués percorre a memoria colectiva da súa cidade nas súas novelas cheas de misterio, intriga e humor.
Lembrade que podedes consultar todas as obras en sala ou levalas para casa en préstamo.
Do 1 ao 30 de setembro
Horario de apertura da biblioteca
Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca. |
|
|
Volver ao inicio
CITA A CEGAS
Continuamos a propoñervos as nosas CITAS A CEGAS co que pode chegar a ser un gran amor literario. Tedes á vosa disposición unha serie de paquetes pechados que podedes levar a casa emprestados, sen saber o que hai dentro, ata que ao abrilo desveledes o seu segredo, atopándovos co que pode chegar a ser un gran descubrimento, unha decepción ou un gran amor.
Do 01 de xullo ao 30 de setembro
Horario de apertura da biblioteca
Para: Para todo o público socio da biblioteca. |
|
|
Volver ao inicio
TERRAZAS DE VERÁN
Aproveitando o bo tempo do verán saímos á rúa para realizar unha serie de actividades que teñen a literatura e a música como protagonistas. Encontro co escritor Manuel Esteban
En primeiro lugar visítanos o escritor Manuel Esteban, autor da novela A ira dos mansos (Premio Xerais de Novela 2016). Trátase dun encontro informal cos lectores, unha charla amigable onde os participantes poden falar e preguntar ao escritor sobre o que rodea ao mundo literario.
Xoves, 7 de setembro ás 19.30h
Para: Público adulto dende 16 anos. |
|
Volver ao inicio
Concerto de Aúreas
Un “conxunto internacional” dos anos 20 no que ventos, cordas, voces e baterías interpretan os ritmos bailables de moda nos comezos do século pasado. O traballo de cinco intérpretes femininas e unha directora escénica confluén na creación deste proxecto.
Xoves, 14 de setembro ás 19.30h
Para: Público xeral. |
|
Volver ao inicio
ARROLANDO CONTOS SNL
PREVIA INSCRICIÓN* 1 DE SETEMBRO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN
Grazas a Bea e a Paulo os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.
Venres, 22 de setembro ás 18.00h
Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos. |
|
Volver ao inicio
Inscrición:
*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.
Estade atentos ao próximo newsletter e ao blog, facebook e twitter da biblioteca, onde poderedes atopar máis información das actividades.
Normas de inscrición da actividade
Normas de comportamento na actividade
Volver ao inicio Si non visualizas ben o boletín fai clic aquí
Baixa do boletín |