PROGRAMACIÓN OUTUBRO 2017

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: A que estamos, a por Rolex ou a por setas?

A biblioteca expón durante este mes unha escolma da bibliografía máis destacada do fondo sobre o mundo das setas, onde atopalas, cales son comestibles e tamén todo tipo de receitas para degustalas.

Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 1 ao 31 de outubro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: A que estamos, a por Rolex ou a por setas?

Volver ao inicio Back to top

RECOMENDACIÓN DO MES: David Rubín. Mostra bibliográfica

Mostra bibliográfica

O historietista David Rubín destaca como guionista e debuxante da banda deseñada. Nos seus comezos foi galardonado na primeira edición do Premio Castelao de Cómic marcando xa unha traxectoria profesional que o levou a estar nominado ao Premio Nacional de Cómic.

Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 1 ao 31 de outubro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Recomendación do mes David Rubín na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

CON OLLOS DE ARTISTAS: Exposición do CEIP Chans de Bembrive

Mostra de cadros onde alumnado do CEIP Chans de Bembrive fai un percorrido comentando e analizando diversas obras de arte ao longo da historia.

Do 1 ao 31 de outubro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Con ollos de artistas Exposición do CEIP chans Bembrive

Volver ao inicio Back to top

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Samaín

Co gallo de festexar a celebración do Samaín faise unha mostra de libros e material audiovisual relacionados cos monstros, vampiros, fantasmas e todos os seres fantásticos que dan medo.

Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 24 de outubro ao 5 de novembro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica samaín

Volver ao inicio Back to top

CONFERENCIA: La novela gráfica o cuando el tebeo se ganó el respeto

Conferencia impartida por Vicente Funes, responsable da Biblioteca Regional de Murcia, que se centrará na evolución da banda deseñada dende as súas orixes ata o momento de recoñecemento que ten actualmente como lectura adulta.

Luns, 2 de outubro ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Aforo limitado

Conferencia la novela gráfica o cuando el tebeo se ganó el respeto Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 5 de outubro ás 19.00 h

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS: Marc Taeger e Olalla González

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Venres, 6 de outubro ás 18.00h

Para: público infantil dende 3 anos.

Aforo limitado

A hora dos contos Biblioteca Xosé Neira Vilas  Marc Taeger olalla González

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 2 DE OUTUBRO ÁS 17.00 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Un venres ao mes grazas a Bea e a Paulo os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Venres, 20 de outubro ás 18.00h

Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

DÍA DAS BIBLIOTECAS: Obradoiro con Óscar Villán

PREVIA INSCRICIÓN* 3 DE OUTUBRO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Para festexar o Día da Biblioteca o ilustrador Óscar Villán visita a biblioteca para realizar un obradoiro sobre o proceso de ilustración dun libro, tomando como referencia de entrada o traballo do propio autor e logo o de outros/as artistas con estilos e puntos de vista diverxentes, coa intención de mostrar o amplo abano de posibilidades que ofrece o mundo do debuxo.

Martes, 24 de outubro ás 18.00 h

Para: público infantil dende 8 anos.

 
Obradoiro de ilustración Óscar Villán Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

PRENDE NO COLO: Luis Prego

PREVIA INSCRICIÓN* 10 DE OUTUBRO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

O SNL do Concello de Vigo en colaboración coa Biblioteca Neira Vilas organiza este obradoiro, realizado por Luis Prego, onde se traballará con cantigas, cantos de berce, xogos de dedos, recitados e outras pezas cheas ritmo e melodía a partir de temas tradicionais galegos, de forma que despois as familias poidan cantar e xogar na casa.

Xoves, 26 de outubro ás 18.00 h

Para: público infantil ata 3 anos.

 
Obradoiro Prende no colo Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Yoshi Hioki

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes ao público que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o contador Yoshi Hioki

Venres, 27 de outubro ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Aforo limitado

Contos Dakí Yoshi Hioki Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

Inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Estade atentos ao próximo newsletter e ao blog, facebook e twitter da biblioteca, onde poderedes atopar máis información das actividades.

Normas de inscrición da actividade

Normas de comportamento na actividade

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org