PROGRAMACIÓN MAIO 2017

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Carlos Casares

Unha mostra bibliográfica onde estarán presentes as obras de Carlos Casares, así coma outras obras significativas da literatura galega. Esta mostra complétase cunha exposición de carteis de conmemoración do Día das Letras doutros anos e finalizaremos cunha sesión especial de contos dirixidos ao público adulto da man de Soledad Felloza que nos amosará o mundo literario de Carlos Casares.

Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 2 ao 31 de maio

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Carlos Casares Día das Letras Galegas

Volver ao inicio Back to top

RECOMENDACIÓN DO MES: Rosa Aneiros

Mostra bibliográfica

Neste mes no que celebramos o Día das Letras Galegas queremos recomendarvos o traballo desta escritora e xornalista.

Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 2 ao 31 de maio

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Recomendación do mes Rosa Aneiros na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 4 e 18 de maio ás 19.00 h

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

OBRADOIRO ESCRITURA CREATIVA

PREVIA INSCRICIÓN: ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

O Servizo de Normalización Lingüística e a Biblioteca Xosé Neira Vilas ofrecen un obradoiro de escritura creativa dirixido polo escritor Xabier Xil Xardón e pensado para os escritores máis novos. Os participantes achegaranse ao mundo da creación literaria cun curso intensivo de iniciación á escritura centrada no desenvolvemento da creatividade, a experimentación literaria e o pracer de escribir.

Martes 9 e xoves 11 de maio

De 18.00 a 20.00 h

Para: público infantil entre 8 e 12 anos.

Obradoiro escritura creativa Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ACHÉGATE Á INTERNET

PREVIA INSCRICIÓN: 2 DE MAIO ÁS 10.30H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Preséntase unha nova edición deste proxecto de alfabetización dixital, no nivel de “Iniciación I”, pensado para aquelas persoas sen coñecementos básicos no manexo do ordenador, O curso encádrase dentro das accións de formación, unha das liñas estratéxicas de traballo da biblioteca pública. A súa finalidade é formar a usuarios autónomos na busca/asimilación de información e no manexo das novas tecnoloxías, requisito indispensable hoxe en día para acceder ás novas formas de información, formación, e lecer.

Mércores 10 e venres 12 de maio

De 10.00 a 12.00 h

Para: púbico maior de 16 anos sen coñecementos básicos de Internet.

Achégate á internet Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS: Carteiro en bicicleta: Felipe Caxoto

Levaremos ao espectador nunha viaxe evocadora á busca das nosas raíces dende a cercanía das emocións, as historias coñecidas, a palabra mil veces escoitada, o verso relembrado. Este espectáculo quere condensar nun suspiro algunhas das esencias da nosa literatura facendo un percorrido nas dúas rodas polas autoras e autores homenaxeados co Día das Letras Galegas.

Venres, 12 de maio ás 18.00h

Para: público infantil dende 3 anos.

Aforo limitado

A hora dos contos Biblioteca Xosé Neira Vilas  Balea

Volver ao inicio Back to top

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: Contos de Carlos Casares. Soledad Felloza

Sesión especial de contos dirixido ao público adulto da man da narradora e actriz Soledad Felloza na que contará diferentes relatos ao redor da figura de Carlos Casares.

Martes, 16 de maio ás 19.30h

Para: Público adulto.

Aforo limitado

Día das letras galegas contos de Carlos Casares Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 2 DE MAIO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Un venres ao mes grazas a Bea e a Davide os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Venres, 19 de maio ás 18.00h

Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas ler conta moito

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Yoshi Hioki

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todos aqueles que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o contador Yoshi Hioki.

Venres, 26 de maio ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Aforo limitado

Contos Dakí Yoshi Hioki Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

...E ADEMÁIS

RECOMÉNDOCHE UN LIBRO: máis info


A Bibloteca Neira Vilas xunto coa Escola Oficial de Idiomas e o IES Castelao continúan co proxecto "Recoméndoche un libro", para a visibilización e o emprego do galego e a animación á lectura.
Unha das vías escollidas é a creación dunha canle de Youtube para colgar recomendacións de lecturas ou outro tipo de documentos audiovisuais enfocados á animación lectora.

II Concurso "O Ollo de vidro"
As entidades colaboradoras no proxecto “RECOMÉNDOCHE UN LIBRO” convocan anualmente o concurso “O OLLO de VIDRO” para premiar os traballos audiovisuais máis valorados de entre os participantes nese proxecto.

Premios
Haberá dúas modalidades:
Premio do xurado. O xurado constituído a tal fin escollerá un vídeo, o que considere o mellor, de entre os presentados. 

Premio do Xurado: 300€ + escultura conmemorativa do artista Miguel Vázquez + Lote de libros (Agasallo da Editorial Galaxia)

Premio do público. Resultará gañador o vídeo que obteña máis “gústame” dende o día da súa publicación ata o día e hora en que se pecha o prazo (12 de maio ás 24:00h de Galicia).
Premio do público: 200€ + Lote de libros (Agasallo da Editorial Galaxia)

Bases
Os participantes neste concurso deberán aceptar as bases cumprimentando e asinando o “Documento de aceptación de bases”.

Para máis información podedes visitar a páxina de Recoméndoche un Libro ou preguntar nas entidades organizadoras.

https://recomendocheunlibro.wordpress.com

ESPERAMOS OS VOSOS TRABALLOS!

Destinatarios: Neste concurso poderán participar todas aquelas persoas e colectivos que o desexen.

Contos Dakí Paula Carballeira Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

Inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Estade atentos ao próximo newsletter e ao blog, facebook e twitter da biblioteca, onde poderedes atopar máis información das actividades.

Normas de inscrición da actividade

Normas de comportamento na actividade

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org