PROGRAMACIÓN FEBREIRO 2017

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: 7 Vidas

O día 20 de febreiro celébrase o Día Internacional do Gato polo que a biblioteca quere sumarse á celebración deste día con esta mostra bibliográfica, para lembrar a todos eses gatos que acompañaron aos escritores nos seus longos días de traballo sen separarse do seu carón, así coma a esas mascotas que non deixan aos seus amigos durante as longas sesións de lectura nas súas casas, e como non, aos gatos coma protagonistas de moitas historias.

Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 1 ao 28 de febreiro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: 7 vidas

Volver ao inicio Back to top

RECOMENDACIÓN DO MES: Elena Poniatowska. Mostra bibliográfica

Mostra bibliográfica

Neste mes de febreiro queremos recomendar a obra da autora mexicana Elena Poniatowska, máis coñecida como a “ Princesa Roja”. Esta escritora, periodista e activista foi galardoada no 2013 co Premio Cervantes. A súa obra, tanto narrativa como poética e periodística, é unha obra comprometida co que cree, co seu activismo político e caracterizada pola súa loita pola igualdade.

Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 1 ao 28 de febreiro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Recomendación do mes Bob Dylan na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 2 e 16 de febreiro ás 19.00 h

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CICLO DE CINE: De verbas a fotogramas

Mostra das diferentes fórmulas de audiovisual que se realizan en Galicia: o filme, a webserie, o documental, a ficción ou a realidade; todo en torno á literatura e ás verbas.

Contrafaces

Visionado da longametraxe documental e charla coloquio con Fon Cortizo, director do proxecto.

Sinopse
Longametraxe documental en torno á creatividade e á identidade, dirixido por Fon Cortizo. A canadense Erin Moure descubriu as súas orixes galegas hai 20 anos, o que rematou por cambiar a súa vida e a súa poesía. En Islandia, Elías Knörr é un recoñecido poeta. Durante anos conseguiu manter oculta a súa identidade, agora explora novos camiños de creación. Iolanda anda na procura da súa propia voz dende que descubriu que algúns dos seus poemas xa foran escritos noutros idiomas. Ninguén parece saber quen é Elisa Sampedrín pero ela segue escribindo e influíndo a creadores en diferentes partes do mundo.

Martes, 7 de febreiro ás 19.00 h

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Aforo limitado

Ciclo de Cine de verbas a fotogramas: Contrafaces Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS: Pavís Pavós

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura onde presentamos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, todo encamiñado a fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Venres, 10 de febreiro ás 18.00h

Para: público infantil dende 3 anos.

Aforo limitado

A hora dos contos Biblioteca Xosé Neira Vilas  Pavís pavós

Volver ao inicio Back to top

CICLO DE CINE: De verbas a fotogramas

Mostra das diferentes fórmulas de audiovisual que se realizan en Galicia: o filme, a webserie, o documental, a ficción ou a realidade; todo en torno á literatura e ás verbas.

A Esmorga

Visionado do filme

Sinopse
Filme dirixido por Ignacio Vilar que supón a transposición filmíca da obra homónima de Eduardo Blanco Amor. Protagonizada por Miguel de Lira como Cibrán, Karra Elejalde como Bocas, e Antonio Durán "Morris" como Milhomes. A historia está ambientada na cidade de Ourense, lugar onde se rodou e onde transcorre a noite de troula dos tres personaxes principais.

Martes, 14 de febreiro ás 19.00 h

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Aforo limitado

Ciclo de Cine de verbas a fotogramas: A esmorga Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

¡PASEN I ESCOITEN! ¡PASEN I LEAN! Os murais de Vigo

Trátase de lecturas públicas de textos que teñen como fío condutor os murais da cidade. As sesións están conducidas polo Voluntariado do Concello de Vigo, pero están abertas a todas aquelas persoas que desexen compartir co resto do público as súas lecturas.

Mércores 15 de febreiro ás 19.00h

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Pasen i escoiten! Pasen i lean! Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 1 DE FEBREIRO ÁS 10.00 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Un venres ao mes grazas a Bea e a Davide os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Venres, 17 de febreiro ás 18.00h

Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CICLO DE CINE: De verbas a fotogramas

Mostra das diferentes fórmulas de audiovisual que se realizan en Galicia: o filme, a webserie, o documental, a ficción ou a realidade; todo en torno á literatura e ás verbas.

Vento Ferido

Visionado da webserie e charla coloquio con Paulino Pérez, produtor e profesor de Comunicación Audiovisual, e Miguel Grandío, director de “Vento ferido”

Webserie dirixida por Miguel Grandío, que fai unha adaptación da obra de Carlos Casares do mesmo nome, unha historia única capaz de recoller o estilo e o ton empregados polo autor .
O proceso de creación da trama principal así coma dos personaxes, fíxose partindo da base dos que xa creara Casares. Deste xeito poderíase dicir que os relatos que máis influíron neste desenvolvemento foron: “O xogo da guerra” e “Agarda longa ao sol” dous referentes importantes xa que deles xorden figuras sen as que a serie non podería existir, como son o Rata e Milo. Destes títulos extráense situacións e temáticas tales coma a soidade, a violencia ou a propia idea do suicidio. A infancia é tamén un tema recorrente nesta obra (“O xogo da guerra”, “O outro verán”, “A rapaza do circo”, “Vou quedar cego”), feito relevante que se amosa nesta adaptación a través do pasado común dos protagonistas e o impacto que este tivo na súa situación e relacións actuais.

Martes, 21 de febreiro ás 19.30h

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Aforo limitado

Ciclo de Cine de verbas a fotogramas: Vento Ferido Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

TÓMAO CON FILOSOFÍA: Teño as rendas da miña vida ou déixome levar?

PREVIA INSCRICIÓN* 07 DE FEBREIRO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

De xaneiro a marzo

Un dos propósitos dos diálogos é que cada un dos participantes comparta aquelas ideas ás que chegou a través do seu propio percorrido vital. Trataremos de xerar un diálogo enriquecedor no que todos podamos ser partícipes activos, achegando as nosas ideas, reflexións e experiencias. Trataremos así mesmo de xerar un espazo de escoita respectuosa no que teñan cabida visións distintas e modos diferentes de comprender a cuestión que nos reúne para facilitar que sexa un diálogo aberto do que todos podamos enriquecernos e pasalo ben.

Non é preciso ter coñecementos de filosofía para participar nestes encontros.

Mércores, 22 de febreiro ás 19.00 h

Para: público adulto.

 
Tómao con filosofía Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Ángeles Goás

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aqueles persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos a contadora Ángeles Goás.

Venres, 24 de febreiro ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Aforo limitado

Contos Dakí Ángeles Goás Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

Inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Estade atentos ao próximo newsletter e ao blog, facebook e twitter da biblioteca, onde poderedes atopar máis información das actividades.

Normas de inscrición da actividade

Normas de comportamento na actividade

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org