PROGRAMACIÓN ABRIL 2017

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Libros prohibidos

Con esta mostra queremos amosar aqueles libros que hoxe podemos atopar sen problema na biblioteca, pero que ao longo da historia sufriron unha longa viaxe para que isto fora posible. Libros prohibidos pola súa idioloxía, pola súa dureza, postos nunha lista negra pola inquisición ou por un censor, libros que foron queimados... todos son libros que sobreviviron.

Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 1 ao 30 de abril

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Libros prohibidos

Volver ao inicio Back to top

RECOMENDACIÓN DO MES: Eduardo Mendoza

Mostra bibliográfica

Neste mes de abril faise entrega do Premio Cervantes e para celebralo queremos recomendarvos a obra do último galardoado, Eduardo Mendoza.

Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 1 ao 30 de abril

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Recomendación do mes Eduardo Mendoza na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 6 de abril ás 19.00 h

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS: Balea

A balea azul é o animal máis grande do mundo. Tan grande que no seu interior poderían caber varios edificios.
Tendo como modelo o grande cetáceo, os recoñecidos enxeñeiros Fernández & González deseñaron un novo sistema habitacional e de transporte marítimo, de superficie e sumerxible, mecánico e de moi baixo consumo enerxético, que está a piques de revolucionar a navegación.
Este grande artefacto que presentamos nun espectáculo pictórico musical chámase: Balea.

Balea: ¡A mellor forma de viaxar polo fondo do mar!

Venres, 7 de abril ás 18.00h

Para: público infantil dende 3 anos.

Aforo limitado

A hora dos contos Biblioteca Xosé Neira Vilas  Balea

Volver ao inicio Back to top

OBRADOIRO DE SEMANA SANTA: Un tear de contos

PREVIA INSCRICIÓN: 29 DE MARZO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Neste obradoiro achegamos dunha forma lúdica ao público infantil á creación dun tear, co que cada participante realizará o seu tecido a partir de cintas e fíos de diferentes calidades: sedas, cordas, liños, las, algodóns... Partiremos do conto "La Inteligente Anait" do fermoso libro "El telar de Cuentos: historias fantásticas de aquí y de allá", no que a súa autora Tanya Robyn Batt recompilou contos tradicionais de diversas culturas, resultado dunha rica amálgama do seu compromiso coa infancia, a súa paixón pola literatura e o seu coñecemento do mundo dos téxtiles.

Martes 11 e mércores 12 de abril

De 11.00 a 13.00 h

Para: Público infantil maiores de 8 anos.

Obradoiro un tear de contos Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

¡PASEN I ESCOITEN! ¡PASEN I LEAN! Miguel Hernández

Trátase de lecturas públicas de textos que teñen como fío condutor a obra e a figura do poeta Miguel Hernández. As sesións están conducidas polo Voluntariado do Concello de Vigo, pero están abertas a todas aquelas persoas que desexen compartir co resto do público as súas lecturas.

Mércores, 19 de abril de 2017 ás 19.00h

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

¡Pasen i escoiten! ¡Pasen i lean! Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

OBRADOIRO: Prende no colo

PREVIA INSCRICIÓN: 4 DE ABRIL ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

O SNL do Concello de Vigo en colaboración coa Biblioteca Neira Vilas organizan este obradoiro realizado por Luis Prego. No mesmo traballarase con cantigas, cantos de berce, xogos de dedos, recitados e outras pezas cheas de ritmo e melodía a partir de temas tradicionais galegos. O obradoiro servirá de base para que poidan cantar e xogar as familias na casa.

Xoves, 20 de abril ás 18.00h

Para: Público infantil ata 3 anos.

 
Obradoiro Prende no colo Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 1 DE ABRIL ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Un venres ao mes grazas a Bea e a Davide os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Venres, 21 de abril ás 18.00h

Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

DÍA DO LIBRO: Contos da mesa de noite

Os contos da mesa de noite é un proxecto de narración oral e títeres. Este fermoso proxecto de microarte comezou cando a narradora e actriz Bea Campos atopou dúas mesas de noite tiradas no lixo. O artista plástico Miguel Sagüillo axudoulle a facer da súa idea unha realidade, pintounas e, con moito agarimo e paciencia, descubriu que nelas estaba escondido un teatro con música, luz e títeres.

Luns, 24 de abril ás 18.00 h

Para: Público infantil dende 3 anos.

Aforo limitado

Día do libro Contos da mesa de noite Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Paula Carballeira

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todos aqueles que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos a actriz e escritora Paula Carballeira.

Venres, 28 de abril ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Aforo limitado

Contos Dakí Paula Carballeira Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

...E ADEMÁIS

RECOMÉNDOCHE UN LIBRO: máis info


A Bibloteca Neira Vilas xunto coa Escola Oficial de Idiomas e o IES Castelao continúan co proxecto "Recoméndoche un libro", para a visibilización e o emprego do galego e a animación á lectura.
Unha das vías escollidas é a creación dunha canle de Youtube para colgar recomendacións de lecturas ou outro tipo de documentos audiovisuais enfocados á animación lectora.

II Concurso "O Ollo de vidro"
As entidades colaboradoras no proxecto “RECOMÉNDOCHE UN LIBRO” convocan anualmente o concurso “O OLLO de VIDRO” para premiar os traballos audiovisuais máis valorados de entre os participantes nese proxecto.

Premios
Haberá dúas modalidades:
Premio do xurado. O xurado constituído a tal fin escollerá un vídeo, o que considere o mellor, de entre os presentados. 

Premio do Xurado: 300€ + escultura conmemorativa do artista Miguel Vázquez + Lote de libros (Agasallo da Editorial Galaxia)

Premio do público. Resultará gañador o vídeo que obteña máis “gústame” dende o día da súa publicación ata o día e hora en que se pecha o prazo (12 de maio ás 24:00h de Galicia).
Premio do público: 200€ + Lote de libros (Agasallo da Editorial Galaxia)

Bases
Os participantes neste concurso deberán aceptar as bases cumprimentando e asinando o “Documento de aceptación de bases”.

Para máis información podedes visitar a páxina de Recoméndoche un Libro ou preguntar nas entidades organizadoras.

https://recomendocheunlibro.wordpress.com

ESPERAMOS OS VOSOS TRABALLOS!

Destinatarios: Neste concurso poderán participar todas aquelas persoas e colectivos que o desexen.

Contos Dakí Paula Carballeira Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

Inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Estade atentos ao próximo newsletter e ao blog, facebook e twitter da biblioteca, onde poderedes atopar máis información das actividades.

Normas de inscrición da actividade

Normas de comportamento na actividade

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org