PROGRAMACIÓN DE XUÑO 2016

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: A biblioteca sae do armario

Para festexar o Día do Internacional do Orgullo LGBT que se celebra o día 28 de xuño, a biblioteca realiza unha mostra bibliográfica durante todo este mes para unirse pola tolerancia e a igualdade.

Do 01 ao 30 de xuño

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: A biblioteca sae do armario Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves 02 e 16 de xuño ás 19.00 h

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ACHÉGATE Á INTERNET: Buscas de traballo

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

Pechamos o ciclo de Achégate á Internet con esta sesión monográfica para aprender a realizar buscas eficaces de emprego a través da rede.

Martes 07 de xuño de 17.30 h a 19.30 h

Para: Público maior de 16 anos con coñecementos básicos de Internet.

 
Achégate á internet: Iniciación ás redes socias Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura con contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, co obxectivo de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Xoves, 09 de xuño ás 18.00 h

Aforo limitado

Para: Público infantil de 3 a 10 anos.

A hora dos Contos: Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ARAÑEIRA DE LINGUAS

En colaboración co CPR Mariano presentamos esta sesión de contacontos coa que poderemos gozar das fantásticas historias que se tecen nesta particular arañeira!

Martes, 14 de xuño ás 18.00 h

Aforo limitado

Para: Para público infantil de 3 a 10 anos.

 
Día do Libro Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 01 DE XUÑO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Con Entre arrolos e contiños os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Venres, 17 de xuño ás 18.00 h

Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas
ler conta moito

Volver ao inicio Back to top

AS TARDES DO ROQUE

PREVIA INSCRICIÓN* 15 DE XUÑO ÁS 10.30h H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

O noso amigo Roque visita cada mes a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir as súas aventuras, contarnos fantásticas historias, ensinarnos divertidas cancións e propoñernos estupendos xogos.

Xoves, 30 de xuño ás 18.00 h

Para: Público infantil de 3 a 10 anos.

As tardes de Roque Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

Inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Podedes consultar as normas de inscrición aquí e as normas das actividades aquí.

Normas de inscrición da actividade

Normas de comportamento na actividade

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org