PROGRAMACIÓN DE VERÁN 2016

FEIRA DO LIBRO

Unímonos a este proxecto literario, onde se atopan as diferentes personalidades do sector das letras, as novidades editoriais, actividades, etc. estando presentes cunha caseta na que amosaremos os servizos e as actividades que ofrecemos á cidadanía.

Do 01 ao 10 de xullo

Horario de apertura da feira:

de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 22.00 h

Para: Todos os públicos.

Feira do Libro Vigo

 

 

Volver ao inicio Back to top

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Cultura urbana

Expoñemos na biblioteca unha escolma da bibliografía máis destacada do fondo relacionada co cultura urbana. Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

A mostra complétase co obradoiro de Breaking The First Moves, que impartirá o Bboy Kawa o 23 e 24 de agosto na biblioteca ver info

Do 01 de xullo ao 31 de agosto

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Cultura urbana

Volver ao inicio Back to top

CITA A CEGAS

Ofrecemos unha CITA A CEGAS co que pode chegar a ser un gran amor literario. As persoas usuarias terán á súa disposición unha serie de paquetes pechados que poden levar a casa emprestados, sen saber o que hai dentro, ata que ao abrilo desvelen o seu segredo, atopándose co que pode chegar a ser un gran descubrimento, unha decepción ou un gran amor.

Do 01 de xullo ao 30 de setembro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Para todo o público socio da biblioteca.

 
Cita a cegas

Volver ao inicio Back to top

OBRADOIRO DE ENCADERNACIÓN: Libro acordeón

PREVIA INSCRICIÓN* 01 de xullo abre o prazo de inscrición

Neste obradoiro os participantes teñen que deseñar o seu propio libro, que confeccionarán utilizando a técnica de encadernación en acordeón.
Unha vez montado o corpo do libro, será o momento de encher o seu interior, para o que utilizaremos técnicas como o debuxo, o collage, o uso de imaxes en relevo, etc. Todo o necesario para crear un auténtico libro de coleccionista!

Mércores 13 e xoves 14 de xullo

Horario de 11.00 a 13.00 h

Para: Público infantil maior de 8 anos.

Obradoiro encadernación libro acordeón

Volver ao inicio Back to top

OBRADOIRO DE BREAKING: The First Moves

PREVIA INSCRICIÓN* 02 de agosto abre o prazo de inscrición

Bboy Kawa imparte un obradoiro no que os participantes descubrirán as orixes e bases da cultura hiphop, e poderán facer un achegamento aos seus principais movementos, como o breaking (break dance) ou o up-rocking.

Martes 23 e mércores 24 de agosto

Horario de 11.00 a 13.00 h

Para: Público infantil maior de 8 anos.

Obradoiro de breaking: the First moves

Volver ao inicio Back to top

Inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Estade atentos ao próximo newsletter e ao blog, facebook e twitter da biblioteca, onde poderedes atopar máis información das actividades.

Normas de inscrición da actividade

Normas de comportamento na actividade

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org