MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: As imaxes do libro
Para festexar o día da Ilustración (30 de xaneiro) a biblioteca expón durante este mes unha escolma da bibliografía máis destacada do fondo sobre a ilustración e os libros ilustrados.
Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.
Do 02 ao 31 de xaneiro
Horario de apertura da biblioteca
Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca. |
|
|
Volver ao inicio
CLUB DE LECTURA:De outubro a xuño
O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.
Xoves, 07 e 21 de xaneiro ás 19.00 h
Para: Público socio do club. |
|
|
Volver ao inicio
ACHÉGATE Á INTERNET: Iniciación a Internet
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO
Sesións monográficas que teñen como finalidade formar a persoas autónomas na busca/asimilación de información e no manexo das novas tecnoloxías, requisito indispensable hoxe en día para acceder ás novas formas de información, formación, e lecer.
Martes, 12 de xaneiro ás 17.30 h.
Para: Público maior de 16 anos con coñecementos básicos de Internet. |
|
|
Volver ao inicio
A HORA DOS CONTOS
A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura onde presentamos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, todo encamiñado a fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.
Xoves, 14 de xaneiro ás 18.00 h
Aforo limitado
Para: Público infantil de 3 a 10 anos. |
|
Volver ao inicio
ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS
PREVIA INSCRICIÓN* 02 DE XANEIRO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN
Un venres ao mes grazas a Bea e a Davide os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.
Venres, 22 de xaneiro ás 18.00 h
Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos. |
|
Volver ao inicio
OS CONTOS DE PAVÍS PAVÓS
PREVIA INSCRICIÓN* 15 DE XANEIRO ÁS 17.00 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN
Pavís Pavós é un grupo de contacontos que recupera nas súas sesións o xeito tradicional de narrar as nosas historias, pero tamén as nosas adiviñas, refráns ou xogos para que non desaparezan.
Xoves, 28 de xaneiro ás 18.00 h
Para: Público infantil de 3 a 10 anos. |
|
|
Volver ao inicio
CONTOS DAKÍ: Soledad Felloza
Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns das contadoras e dos contadores de máis renome do panorama galego e internacional para deleitar ás persoas participantes cos seus contos, rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos a actriz e contadora Soledad Felloza.
Venres, 29 de xaneiro ás 19.30 h
Aforo limitado
Para: Público adulto. |
|
|
Volver ao inicio
... E TAMÉN:
Dende o 16 de xaneiro abre o prazo de:
ACHÉGATE Á INTERNET: Como facer un CV
PREVIA INSCRICIÓN* 16 DE XANEIRO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN
Sesións monográficas que teñen como finalidade formar a persoas autónomas na busca/asimilación de información e no manexo das novas tecnoloxías, requisito indispensable hoxe en día para acceder ás novas formas de información, formación, e lecer.
Martes, 02 de febreiro ás 17.30 h.
Para: Público maior de 16 anos con coñecementos básicos de Internet. |
|
|
Volver ao inicio
Inscrición:
*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.
Estade atentos ao próximo newsletter e ao blog, facebook e twitter da biblioteca, onde poderedes atopar máis información das actividades.
Normas de inscrición da actividade
Normas de comportamento na actividade
Volver ao inicio Si non visualizas ben o boletín fai clic aquí
Baixa do boletín |
Séguenos
Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org
Horario:
Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h
Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h
EbookVigo
Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:
www.ebookvigo.org
|