PROGRAMACIÓN OUTUBRO 2016

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Os cinco sentidos postos na biblioteca

A biblioteca expón durante este mes unha escolma da bibliografía máis destacada do fondo sobre os cinco sentidos. O gusto, o tacto, o olfacto, o oído e a vista son os protagonistas desta mostra que nos amosarán como viaxar polos libros.
Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 01 ao 31 de outubro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Os cinco sentidos postos na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

RECOMENDACIÓN DO MES: Valle-Inclán

Mostra bibliográfica

Neste mes de outubro celébrase o 150º aniversario do nacemento deste gran autor, poeta e dramaturgo. A biblioteca Neira Vilas súmase aos festexos realizando unha mostra bibliográfica da súa obra.

Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 01 ao 31 de outubro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Recomendación do mes Valle Inclán na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves 06 e 20 de outubro ás 19.00 h

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS: Pavís Pavós

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura onde presentamos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, todo encamiñado a fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Venres, 14 de outubro ás 18.00 h

Para: público infantil dende 3 anos.

Aforo limitado

 
A hora dos contos Pavís Pavós Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 01 DE OUTUBRO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Un venres ao mes grazas a Bea e a Davide os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Venres, 21 de outubro ás 18.00 h

Para: público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

DÍA DAS BIBLIOTECAS: Obradoiro de collage con Marc Taeger

PREVIA INSCRICIÓN* 11 DE OUTUBRO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Para festexar o Día da Biblioteca o ilustrador Marc Taeger, visita a biblioteca para realizar un obradoiro de collage partindo da súa obra Aquiles o Puntiño.

Luns, 24 de outubro ás 18.00 h


Para: público infantil dende 5 anos.

Día das bibliotecas Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Felipe Caxoto

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aqueles persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o contador Felipe Caxoto.

Venres, 28 de outubro ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Aforo limitado

Contos Dakí Felipe Caxoto Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

Inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Estade atentos ao próximo newsletter e ao blog, facebook e twitter da biblioteca, onde poderedes atopar máis información das actividades.

Normas de inscrición da actividade

Normas de comportamento na actividade

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org