PROGRAMACIÓN DE MAIO 2016

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Manuel María. Letras Galegas 2016

Ao longo do mes de maio poderedes achegarvos á figura de Manuel María, homenaxeado no Día das Letras Galegas neste 2016, a través dunha mostra bibliográfica na que atoparedes unha escolma da bibliografía máis destacada do autor así como as súas obras máis importantes.

Do 02 ao 31 de maio

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Día das Letras Galegas Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ACHÉGATE Á INTERNET: Trámites comúns en Facenda

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

Sesión monográfica na que aprender a realizar os trámites máis comúns na sede electrónica da Axencia Tributaria.

Martes, 03 de maio de 17.30 h a 19.30 h

Para: Público maior de 16 anos con coñecementos básicos de Internet.

 
Achégate á internet: Iniciación ás redes socias Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 05 e 19 de maio ás 19.00 h

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

STORYTIME -CONTACONTOS EN INGLÉS Under the sea

Ven a vivir a aventura dun neno que atopa unha moeda antiga procedente dun barco pirata afundido e decide ir en busca do resto do tesouro!

A biblioteca Neira Vilas e Kids&Us organizan esta sesión de contos en inglés para fomentar a aprendizaxe dos idiomas entre o público infantil.

Venres, 06 de maio ás 18.00 h

Aforo limitado

Para: Público infantil a partir de 3 anos.

Contacontos en Inglés Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CHÁMANME REFUXIADA

Contacontos dentro da Campaña #Seguirconvida de MSF

Dentro da campaña #seguirconvida, voluntarias de Médicos Sen Fronteiras narrarán tres historias que nos achegan ao difícil mundo dunha nena nun campo de refuxiados.

Mércores, 11 de maio ás 18.00 h

Aforo limitado

Para: Público infantil de a partir de 4 anos.

#Seguirconvida Médicos sen Fronteiras: Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura con contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, co obxectivo de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Xoves, 12 de maio ás 18.00 h

Aforo limitado

Para: Público infantil de 3 a 10 anos.

A hora dos Contos: Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

AS TARDES DO ROQUE

PREVIA INSCRICIÓN* 03 DE MAIO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

O noso amigo Roque visita cada mes a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir as súas aventuras, contarnos fantásticas historias, ensinarnos divertidas cancións e propoñernos estupendos xogos.

Venres, 13 de maio ás 18.00 h

Para: Público infantil de 3 a 10 anos.

As tardes de Roque Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

¡ PASEN I ESCOITEN, PASEN I LEAN! Letras Galegas

Oficina de Voluntariado do Concello de Vigo

O voluntariado cultural do Concello de Vigo, e todas aquelas persoas que desexen participar, ofrecerannos unha lectura pública de textos ao redor de Manuel María, así como doutros autores homenaxeados en pasados anos o Día das Letras Galegas.

Mércores, 18 de maio ás 19.00 h

Para: xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

¡ PASEN I ESCOITEN, PASEN I LEAN! Letras Galegas Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

XARDÍN DESORDENADO: Manuel María entre amigos

Con motivo do Día das Letras Galegas, presentamos o espectáculo de Xardín Desordenado “Manuel María entre amigos”, no que se interpretan cancións compostas sobre textos de Manuel María e doutros 6 poetas galegos que compartiron experiencias, libros e recitais co autor.

Xoves, 19 de maio ás 19.00 h

Para: xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

XARDÍN DESORDENADO: Manuel María entre amigos Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 02 DE MAIO ÁS 17.00 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Con Entre arrolos e contiños os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Venres, 20 de maio ás 18.00 h

Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas
ler conta moito

Volver ao inicio Back to top

O POETA DO MIÑO: Unha homenaxe a Manuel María

A perda da inspiración dun poeta de moita sona desencadea unha viaxe polo Miño... Aventuras, amor, xeografía e moito Manuel María!

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e polo Correo do Vento (Enrique Mauricio e Carlos Taboada) presentan este contacontos no que se relacionan a oralidade e a ilustración. Remataremos a actividade cun obradoiro de debuxo da caricatura de Manuel María.

Mércores, 25 de maio ás 18.00h

Para: Público infantil a partir de 3 anos.

 
O POETA DO MIÑO: Unha homenaxe a Manuel María  Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Paula Carballeira

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos a actriz e contadora Paula Carballeira.

Venres, 27 de maio ás 19.30 h

Aforo limitado

Para: Público adulto.

Contos Dakí: Paula Carballeira Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

... E TAMÉN:

O 16 de maio abre o prazo de:

ACHÉGATE Á INTERNET: Buscas de traballo por internet

PREVIA INSCRICIÓN* 16 DE maio ÁS 17.00 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Sesión monográfica para aprender a realizar buscas eficaces de emprego a través da rede.

Para público maior de 16 anos con coñecementos básicos de Internet.

Martes, 07 de xuño ás 17.30 h

Para: Público maior de 16 anos con coñecementos básicos de Internet.

 
Achégate á internet: Trámistes comúns en Facenda

Volver ao inicio Back to top

Inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Podedes consultar as normas de inscrición aquí e as normas das actividades aquí.

Normas de inscrición da actividade

Normas de comportamento na actividade

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org