PROGRAMACIÓN DECEMBRO 2016

INTEGRAD@S:Durante todo o mes de decembro faranse diferentes sesión de contos para todo tipo de públicos, dende bebés, nenos e adultos, nas que sumaremos a linguaxe de signos para fomentar a coexistencia de linguas e potenciar a diversidade lingüística e social

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Larpeiradas

A biblioteca expón durante este mes unha escolma da bibliografía máis destacada do fondo sobre cociña, en especial dos libros de sobremesas, doces e todo tipo de larpeiradas para ir tomando nota e facendo probas para as festas de Nadal.

Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 01 ao 30 de decembro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Larpeiradas na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

RECOMENDACIÓN DO MES: Bob Dylan

Mostra bibliográfica

Neste mes de decembro queremos recomendar a obra do último Premio Nobel de Literatura Bob Dylan. Músico, cantante e poeta é considerado coma unhas das figuras máis prolíficas e influentes da súa xeración.

Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 01 ao 31 de decembro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Recomendación do mes Bob Dylan na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves 01 e 15 de decembro o ás 19.00 h

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Fátima Iglesias

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aqueles persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos a contadora Fátima Iglesias.

Venres, 16 de decembro ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Aforo limitado

Contos Dakí Fátima Iglesias Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Nadal

Durante as festas de Nadal a Biblioteca Neira Vilas ofrece unha mostra na que atopar moitas ideas para decorar a túa casa, preparar novas receitas nas celebracións, facer agasallos ou gozar con diferentes historias para celebrar estas datas.
Para público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Do 22 de decembro ao 06 de xaneiro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Nadal na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

BUZÓN REAL

O Buzón Real estará na biblioteca para que todo o mundo poida deixar as súas peticións aos Reis Magos e contarlles como se portaron durante todo o ano.
Para público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Do 22 de decembro ao 06 de xaneiro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Buzón Real na biblioteca

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS: Lingua de signos

PREVIA INSCRICIÓN* 01 DE DECEMBRO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Un venres ao mes grazas a Bea e a Davide os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Venres, 23 de decembro ás 18.00 h

Para: público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

OBRADOIRO DE NADAL: Teatro de sombras

PREVIA INSCRICIÓN* 02 DE DECEMBRO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Con motivo das festas do Nadal a Biblioteca Xosé Neira Vilas organiza un obradoiro que ten como finalidade fomentar a lectura durante o período vacacional do público infantil. Así, partindo de diferentes historias crearán o seu propio teatro de sombras e personaxes para que recreen as súas historias preferidas ou inventen algunhas novas.

Martes, 27 de decembro

Horario de 11.00 a 13.00 h

Para: público infantil dende 5 anos.

 

 
Obradoiro de Nadal Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ARROLANDO CONTOS: ACTIVIDADE DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

PREVIA INSCRICIÓN* 15 DE DECEMBRO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Unha sesión especial na que Bea e a Davide recrearán contos e cancións dirixidos ao máis pequenos, os que aínda non teñen un ano de idade, para que teñan a súa primeira ocasión de gozar cun contacontos.

Mércores, 28 de decembro ás 18.00 h

Para: público infantil de 0 meses a 12 meses.

Arrolando Contos Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS: AZ Lengua de Signos

Un contacontos dende a normalización e a inclusión lingüística, xuntando e mesturando en todo o espectáculo a lingua de signos e a lingua oral de xeito simultáneo.

Xoves, 29 de decembro ás 18.00 h

Para: público infantil dende 3 anos.

Aforo limitado

A hora dos contos Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A CESTA DOS LIBROS

Para celebrar que remata o 2016 premiamos aos lectores máis activos de cada categoría (adulto e infantil) cun lote de libros para que poidan comezar o 2017 gozando das mellores lecturas.

Mércores, 30 de decembro

 

 
Cesta dos libros Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

Inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Estade atentos ao próximo newsletter e ao blog, facebook e twitter da biblioteca, onde poderedes atopar máis información das actividades.

Normas de inscrición da actividade

Normas de comportamento na actividade

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org