PROGRAMACIÓN DE ABRIL 2016

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Érase unha vez

Para festexar o día do Libro Infantil e Xuvenil expoñemos algúns dos títulos máis destacados da LIX (Literatura Infantil e Xuvenil), tanto de autores clásicos como obras contemporáneas... verdadeiras xoias coas que vos convidamos a gozar como pequenos!

Do 01 ao 16 de abril

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Érase unha vez Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL: Obradoiro con Ramón Trigo

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

Seguimos a celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril) cun obradoiro impartido polo autor e ilustrador Ramón Trigo.
Neste taller explicarámosvos cal é a labor dun ilustrador para logo realizar entre todos un mural colectivo empregando distintas técnicas..

Venres, 01 de abril de 18.00 a 20.00 h

Para: Público infantil dende 8 anos.

Día do Libro infantil e xuvenil: Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ACHÉGATE Á INTERNET: Introdución ao libro electrónico

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

Sesión monográfica para facer unha primeira aproximación ao uso do lector de libro electrónico e coñecer as principais plataformas de préstamo de ebook: eBookvigo e GaliciaLe.

Martes, 05 de abril de 17.30 h a 19.30 h

Para: Público maior de 16 anos con coñecementos básicos de Internet.

 
Achégate á internet: Iniciación ás redes socias Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves 07 e 21 de abril ás 19.00 h

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura con contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, co obxectivo de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Xoves, 14 de abril ás 18.00 h

Aforo limitado

Para: Público infantil de 3 a 10 anos.

A hora dos Contos: Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 01 DE ABRIL ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Con Entre arrolos e contiños os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Venres, 15 de abril ás 18.00 h

Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas
ler conta moito

Volver ao inicio Back to top

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: 400 anos de Cervantes

Con motivo do IV Centenario da morte de Miguel de Cervantes, presentamos unha mostra coa que achegarvos a este xenio da literatura universal, pero tamén a todo tipo de obras que xiran ao redor da súa figura ou da súa creación máis célebre, Don Quixote.

Do 18 ao 30 de abril

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: 400 anos de Cervantes Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

DÍA DO LIBRO: Obradoiro de papel mármore

*PREVIA INSCRICIÓN 5 DE ABRIL ÁS 10.30H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Achegámonos ao mundo do libro e a edición con este obradoiro no que aprender a elaborar papel mármore, técnica usada tradicionalmente en encadernación para decorar as follas das gardas e que consiste en reproducir debuxos sobre o papel facendo flotar as cores en suspensión nunha disolución acuosa.

Luns, 25 de abril de 18.00 a 20.00 h

Para: Público adulto.

 
Día do Libro: Obradoiro papel marmoré Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

DÍA DO LIBRO: Arañeira de linguas

Con motivo do Día do Libro o alumnado do Colexio Mariano presenta na biblioteca o proxecto de dinamización lectora “Arañeira de linguas”, no que a través de diferentes traballos, dende carteis a cuñas radiofónicas ou booktrailers, queren meternos no corpo o gusto pola lectura!

Martes, 26 de abril ás 18.30h

Para: Público adulto.

 
Día do Libro Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

AS TARDES DO ROQUE

PREVIA INSCRICIÓN* 15 DE ABRIL ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

O noso amigo Roque visita cada mes a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir as súas aventuras, contarnos fantásticas historias, ensinarnos divertidas cancións e propoñernos estupendos xogos.

Xoves, 28 de abril ás 18.00 h

Para: Público infantil de 3 a 10 anos.

As tardes de Roque Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: María da Pontragha

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos a contadora María da Pontragha.

Venres, 29 de abril ás 19.30 h

Aforo limitado

Para: Público adulto.

Contos Dakí: María da Pontragha Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

... E TAMÉN:

O 16 de abril abre o prazo de:

ACHÉGATE Á INTERNET: Trámites comúns en Facenda

PREVIA INSCRICIÓN* 16 DE ABRIL ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Sesión monográfica para aprender a realizar os trámites máis comúns na Axencia Tributaria, como solicitar por exemplo o borrador da Declaración da Renda.

Martes, 03 de maio ás 17.30 h

Para: Público maior de 16 anos con coñecementos básicos de Internet.

 
Achégate á internet: Trámistes comúns en Facenda

Volver ao inicio Back to top

Inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Podedes consultar as normas de inscrición aquí e as normas das actividades aquí.

Normas de inscrición da actividade

Normas de comportamento na actividade

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org