PROGRAMACIÓN DE XANEIRO 2015

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Silencio...Rodamos!

Durante o mes de xaneiro exponse na biblioteca unha escolma da bibliografía máis destacada do fondo que teña como temática o cine.
Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.
Esta mostra complétase coa proxección do filme O Apóstolo o venres 16 de xaneiro ás 19.00h.

Do 2 ao 31 de xaneiro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Para público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica:Silencio … Rodamos! Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura onde presentamos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, todo encamiñado a fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Xoves, 8 de xaneiro ás 18.00 h

Para: Público infantil de 3 a 10 anos.

Aforo limitado

A hora dos contos Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

AS TARDES DO ROQUE

PREVIA INSCRICIÓN*

O Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir con nós fantásticas historias, divertidas cancións e estupendos xogos.

Venres, 9 de xaneiro ás 18.00 h

Para: Público infantil de 3 a 10 anos.

As tardes de Roque Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves,15 de xaneiro ás 19.30 h

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CINE NA BIBLIOTECA: O Apóstolo

O APÓSTOLO conta unha escura historia de misterio ambientada no Camiño de Santiago na que se mistura o suspense, o humor e a fantasía a partes iguais. O protagonista, un preso acabado de fuxir da cadea, verase envolto nuns estraños e inquietantes sucesos ao tentar recuperar un botín escondido anos atrás nunha apartada aldea desta centenaria ruta. Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, un peculiar crego, e ata o mesmísimo arcipreste de Santiago conflúen nunha trama chea de misterio e intriga que levará ao protagonista a enfrontarse a unha cadea maior da que lograra escapar.

Venres, 16 de xaneiro ás 19.00 h

Para: Público xeral.

 
CINE NA BIBLIOTECA: O Apóstolo

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 2 DE XANEIRO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN

O terceiro venres de cada mes grazas a Bea e a David os bebés compartirán coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Venres, 23 de xaneiro ás 18.00 h

Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

¡ PASEN I ESCOITEN! ¡ PASEN I LEAN!: Silencio...Rodamos!

Nestas sesións o voluntariado e a xente que así o desexe lerán textos de forma pública para animar á lectura aos asistentes coa temática do cine como fío conductor desta xornada.

Mércores, 28 de xaneiro ás 19.30 h

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
¡PASEN I ESCOITEN! ¡PASEN I LEAN! Silencio…Rodamos!

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Avelino González

Cada mes visitan a Biblioteca Neira Vilas algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego, para deleitar ao público cos seus contos, rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferente ao público que teña o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o actor e narrador Avelino González.

Venres, 30 de xaneiro ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Contos Daki: Avelino González

 

 

Volver ao inicio Back to top

Estade atentos ao próximo newsletter e ao blog, facebook e twitter da biblioteca, onde poderedes atopar máis información das actividades.

... E TAMÉN

Lembrade que o 15 de xaneiro abre o prazo de inscrición para: AS TARDES DO ROQUE de febreiro ( venres, 13 de febreiro ás 18.00 h)

Inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

 

Séguenos Picassa

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org