PROGRAMACIÓN DE NOVEMBRO 2015

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Os oitenta

Nunha zona destacada da biblioteca, exporase unha escolma da bibliografía máis destacada do fondo que tratan desta década tan especial e cunha escenografía atractiva que capte a atención do público visitante.

Do 02 ao 30 de novembro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Os oitenta

Volver ao inicio Back to top

ACHÉGATE Á INTERNET: Como facer un curriculum

PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO

Sesións monográficas que teñen como finalidade formar a persoas autónomas na busca/asimilación de información e no manexo das novas tecnoloxías, requisito indispensable hoxe en día para acceder ás novas formas de información, formación, e lecer.

Martes, 03 de novembro ás 17.30 h.

Para: Público maior de 16 anos con coñecementos básicos de Internet.

 
Achégate á internet: Como facer un curriculum

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 05 e 19 de novembro ás 19.00 h.

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura onde presentamos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, todo encamiñado a fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Xoves, 12 de novembro ás 18.00 h

Aforo limitado

Para: Público infantil de 3 a 10 anos.

A hora dos Contos: Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 03 DE NOVEMBRO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Un venres ao mes grazas a Bea e a Davide os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Venres, 20 de novembro ás 18.00 h

Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

AS TARDES DO ROQUE

PREVIA INSCRICIÓN* 16 DE NOVEMBRO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

O Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir con nós fantásticas historias, divertidas cancións e estupendos xogos.

Xoves, 26 de novembro ás 18.00 h

Para: Público infantil de 3 a 10 anos.

As tardes de Roque Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Paula Carballeira

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns das contadoras e dos contadores de máis renome do panorama galego e internacional para deleitar ás persoas participantes cos seus contos, rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos a actriz e escritora Paula Carballeira.

Venres, 27 de novembro ás 19.30 h

Aforo limitado

Para: Público adulto.

Contos Dakí: Paula Carballeira Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

... E TAMÉN:

Lembrade a data de inscrición:

ACHÉGATE Á INTERNET: Como acordar citas por Internet

COMEZA O PRAZO DE INSCRICIÓN O 16 DE NOVEMBRO ÁS 10.30 H

Sesións monográficas que teñen como finalidade formar a persoas autónomas na busca/asimilación de información e no manexo das novas tecnoloxías, requisito indispensable hoxe en día para acceder ás novas formas de información, formación, e lecer.

Martes, 01 de decembro ás 17.30 h

Para: Público maior de 16 anos con coñecementos básicos de Internet.

 
Achégate á internet: Como facer un CV

Volver ao inicio Back to top

Inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Estade atentos ao próximo newsletter e ao blog, facebook e twitter da biblioteca, onde poderedes atopar máis información das actividades.

Normas de inscrición da actividade

Normas de comportamento na actividade

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org