PROGRAMACIÓN DE MARZO 2015

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Historias dunha vida

Durante o mes de marzo exporase na biblioteca unha escolma da bibliografía máis destacada do fondo, con libros que traten sobre biografías de distintas personalidades da historia, do cine, do deporte...
Estas obras estarán a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 02 ao 31 de marzo

Horario de apertura da biblioteca

Para: Para público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Historias de unha vida

Volver ao inicio Back to top

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA: Exposición

Exposición na que se amosan fotografías e imaxes de diferentes proxectos e intervencións poéticas de Batania, o poeta Neorrabioso.

Do 02 ao 31 de marzo

Horario de apertura da biblioteca

Para: Para público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Día da poesía: Exposición Batania

Volver ao inicio Back to top

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA: Poesía 2.0

Para festexar o Día da Poesía realizamos diferentes actividades ao redor deste xénero literario. Habilitamos un espazo na biblioteca para que a xente que así o desexe poida facer unha gravación lendo ou recitando un poema. Estes vídeos, xunto cos que os participantes nos fagan chegar, serán publicados nas redes sociais da biblioteca.

Do 02 ao 31 de marzo

Horario de apertura da biblioteca

Para: Para público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Día internacional da poesía

Volver ao inicio Back to top

ACHÉGATE A INTERNET: Inciación I

PREVIA INSCRICIÓN*
PRAZAS CUBERTAS

Unha nova edición deste proxecto de alfabetización dixital, no nivel de “Iniciación I”, pensado para aquelas persoas usuarias sen coñecementos básicos no manexo do ordenador. A súa finalidade é formar na busca/asimilación de información e no manexo das novas tecnoloxías, requisito indispensable hoxe en día para acceder ás novas formas de información, formación, e lecer.

Martes 3, mércores 4, xoves 5 e venres 6 de marzo

De 10.00 A 12.00 h

Para: Público maiores de 16 anos sen coñecementos de básicos de informática ou internet.

 
Achégate a internet: Iniciación I

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 5 de marzo ás 19.30 h

Para: Participantes do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

AS TARDES DO ROQUE

PREVIA INSCRICIÓN*
PRAZAS CUBERTAS

O Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir con nós fantásticas historias, divertidas cancións e estupendos xogos.

Venres, 06 de marzo ás 18.00 h

Para: Público infantil de 3 a 10 anos.

As tardes de Roque Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

¡ PASEN I ESCOITEN! ¡ PASEN I LEAN ! Historias dunha vida

Nestas sesións o voluntariado e a xente que así o desexe lerán textos de forma pública para animar á lectura aos asistentes coa temática das biografías como fío condutor desta xornada.

Mércores, 11 de marzo ás 19.30 h

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

¡Pasen i escoiten! ¡Pasen i lean!

 

 

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura onde presentamos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, todo encamiñado a fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Xoves, 12 de marzo ás 18.00 h

Para: Público infantil de 3 a 10 anos.

Aforo limitado

A hora dos contos Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 2 DE MARZO ÁS 17.00 H. ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

O terceiro venres de cada mes grazas a Bea e a David os bebés compartirán coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Venres, 13 de marzo ás 18.00 h

Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Soledad Felloza

Cada mes visitan a Biblioteca Neira Vilas algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego, para deleitar ao público cos seus contos, rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferente ao público que teña o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o a narradora Soledad Felloza.

Venres, 27 de marzo ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Contos Daki: Soledad Felloza

 

 

Volver ao inicio Back to top

OBRADOIRO: Achégate á fotografía

PREVIA INSCRICIÓN* 17 DE MARZO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Neste obradoiro achegamos dunha forma lúdica ao público infantil aos principios de formación de imaxes nas cámaras de fotografía.
O público asistente construirá a súa propia cámara estenopeica 3D e aprenderá a revelar negativos e o seu paso a positivos.


Martes, 31 de marzo e mércores, 1 de abril Horario: de 10.30 a 13.30 h

Para: Público infantil maiores de 8 anos.

Prazas: 15

Achegando culturas: Secretariado Xitano

 

 

Volver ao inicio Back to top

... E TAMÉN Lembrade que o

16 de marzo ás 17.00 h abre o prazo de inscrición para:

AS TARDES DO ROQUE da sesión de abril

Inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Estade atentos ao próximo newsletter e ao blog, facebook e twitter da biblioteca, onde poderedes atopar máis información das actividades.

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos Picassa

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org