PROGRAMACIÓN DE MAIO 2015

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Día das Letras Galegas: Xosé Filgueira Valverde

Celebramos ao longo do mes de maio unha serie de accións encamiñadas a conmemorar o Día das Letras Galegas e a difundir a vida e a obra do homenaxeado en 2015: Xosé Filgueira Valverde. Entre elas, unha mostra bibliográfica que nos achega unha escolma da bibliografía publicada ao redor do autor e doutras figuras homenaxeadas en anos anteriores. A mostra exponse nunha zona destacada da entrada da biblioteca, e as obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 2 ao 31 de maio

Horario de apertura da biblioteca

Para: Para público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Postais de viaxes

Volver ao inicio Back to top

EXPOSICIÓN Día das Letras Galegas: Xosé Filgueira Valverde

Continuando coas celebracións do Día das Letras Galegas realízase unha exposición na que poderemos atopar referencias aos homenaxeados en anos anteriores.


Do 2 ao 31 de maio

Horario de apertura da biblioteca

Para: Para público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Exposición Día das Letras Galegas

 

 

Volver ao inicio Back to top

ACHÉGATE A INTERNET: Inciación II

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

Nova edición deste proxecto de alfabetización dixital, no nivel de “Iniciación II”, pensado para aquelas persoas con coñecementos básicos no manexo do ordenador, O curso encádrase dentro das accións de formación de usuarios, unha das liñas estratéxicas de traballo da biblioteca pública. A súa finalidade é formar a persoas autónomas na busca/asimilación de información e no manexo das novas tecnoloxías, requisito indispensable hoxe en día para acceder ás novas formas de información, formación, e lecer.

Do luns 5 ao venres 8 de maio

De 10.00 A 12.00 h

Para: Público maiores de 16 anos con coñecementos de básicos de informática ou internet.

 
Achégate a internet: Iniciación I

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 7 e 21 de maio ás 19.30 h

Para: Participantes do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

¡PASEN I ESCOITEN! ¡PASEN I LEAN!

Nestas sesións o voluntariado do Concello de Vigo e as persoas que así o desexen lerán textos, relacionados coa mostra bibliográfica que ese mes está presente, de forma pública para animar á lectura aos asistentes.


Mércores, 13 de maio ás 19.30 h

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Pasen i Escoiten! Pasen i lean!

 

 

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura onde presentamos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, todo encamiñado a fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Xoves, 14 de maio ás 18.00 h

Para: Público infantil de 3 a 10 anos.

Aforo limitado

A hora dos contos Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 2 DE MAIO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Un venres ao mes grazas a Bea e a David os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Actividade dentro do programa LER CONTA MOITO

Venres, 15 de maio ás 18.00 h

Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

DÍA DAS LETRAS GALEGA: Cintadhesiva

Espectáculo a cargo de Cintadhesiva (Silvia Pena e Jesús Tejada), un proxecto literario-musical no que sobre o fío condutor da música, os textos van dotando de significados ás melodías, aos ritmos e ás cadencias. Un percorrido pola literatura galega, desde os autores e autoras máis clásicos ata os máis contemporáneos.


Luns, 18 de maio ás 19.30 h

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Día das Letras Galegas:

 

 

Volver ao inicio Back to top

AS TARDES DO ROQUE

PREVIA INSCRICIÓN*
PRAZAS CUBERTAS

O Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir con nós fantásticas historias, divertidas cancións e estupendos xogos.

Venres, 22 de maio ás 18.00 h

Para: Público infantil de 3 a 10 anos.

As tardes de Roque Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Yoshi Hioki

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitar ao público asistente cos seus contos, rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todos aqueles que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o actor e narrador xaponés Yoshi Hioki.


Venres, 29 de maio ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Contos Daki: Yoshi Hioki

 

 

Volver ao inicio Back to top

... E TAMÉN Lembrade que o

15 de maio abre o prazo de inscrición para:

AS TARDES DO ROQUE da sesión do 12 de xuño

Volver ao inicio Back to top

Inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Estade atentos ao próximo newsletter e ao blog, facebook e twitter da biblioteca, onde poderedes atopar máis información das actividades.

Normas de inscrición da actividade

Normas de comportamento na actividade

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org