PROGRAMACIÓN DE DECEMBRO 2015: NADAL

AVISO IMPORTANTE

Ao longo do mes de decembro a Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas vai participar na posta en marcha dun catálogo único para todas as bibliotecas públicas de Galicia, que nunha primeira fase inclúe ás Bibliotecas Nodais (entre elas a Juan Compañel) e ás bibliotecas municipais dos concellos de Vigo, Sanxenxo, Laxe, Oleiros e Ortigueira.

Este importante paso para a conformación da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia suporá que as persoas usuarias destas bibliotecas poderedes facer uso do voso carné en calquera dos outros centros que se integren nesta primeira etapa. Haberá tamén cambios no que se refire ao servizo de préstamo, variando o número de documentos prestables e os prazos de devolución dos mesmos. De todas estas novidades irémosvos informando debidamente a través da páxina web, blog, redes sociais e por suposto na propia biblioteca. Estade atentos!

 
Aviso importante Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Se ten tres acordes...é Jazz

Este mes presentámosvos unha escolma de documentos nos que os acordes do Jazz, o seu swing e o seu particular fraseo servirán de banda sonora excepcional para estas festas que se aveciñan!

Do 01 ao 30 de decembro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Se ten tres acordes…é jazz

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 03 e 17 de decembro ás 19.00 h.

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura onde presentamos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, todo encamiñado a fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Xoves, 10 de decembro ás 18.00 h

Aforo limitado

Para: Público infantil de 3 a 10 anos.

A hora dos Contos: Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 01 DE DECEMBRO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Un venres ao mes grazas a Bea e a Davide os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Venres, 11 de decembro ás 18.00 h

Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Avelino González

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns das contadoras e dos contadores de máis renome do panorama galego e internacional para deleitar ás persoas participantes cos seus contos, rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o actor Avelino González.

Venres, 18 de decembro ás 19.30 h

Aforo limitado

Para: Público adulto.

Contos DakíAvelino González Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Mostra de Nadal

Durante as festas de Nadal a Biblioteca Neira Vilas ofrece unha mostra na que atopar moitas ideas para decorar a túa casa, preparar novas receitas nas celebracións, facer agasallos ou gozar con diferentes historias para celebrar estas datas.

Do 22 de decembro ao 06 de xaneiro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Mostra de Nadal

Volver ao inicio Back to top

BUZÓN REAL

O Buzón Real estará na biblioteca para que todo o mundo poida deixar as súas peticións aos Reis Magos e contarlles como se portaron durante todo o ano.

Do 22 de decembro ao 05 de xaneiro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Se ten tres acordes…é jazz

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DE NADAL: con Pavis Pavos

PREVIA INSCRICIÓN* 15 DE DECEMBRO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Pavís Pavós é un grupo de contacontos que recupera nas súas sesións o xeito tradicional de narrar as nosas historias, pero tamén as nosas adiviñas, refráns ou xogos para que non desaparezan.

Xoves, 23 de decembro ás 18.00 h

Para: Público infantil de 3 a 10 anos.

Contos de Nadal: Pavis Pavos

 

 

Volver ao inicio Back to top

OBRADOIRO DE NADAL: Dobraxe cinematográfico

PREVIA INSCRICIÓN* 02 DE DECEMBRO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Neste obradoiro o público participante participará nunha dobraxe dun filme. A técnica de dobraxe en xeral, e concretamente nas películas de animación, é unha ferramenta máxica e novidosa que é capaz de captar a atención dos nenos e nenas, sobre aspectos básicos na comunicación oral (como cadencia, ritmo, intención...). Trabállanse aspectos tan importantes como a concentración, a empatía e o traballo en equipo ao tempo que os participantes se divirten.

Martes 29 e mércores, 30 de decembro

Horario de 11.00 a 12.00 h

Para: Público infantil dende 8 anos.

Obradoiro de nadal Biblioteca Neira vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

A CESTA DOS LIBROS

Para celebrar que remata o 2015 premiamos aos lectores máis activos de cada categoría (adulto e infantil) cun lote de libros para que poidan comezar o 2016 gozando das mellores lecturas.

Mércores, 30 de decembro

 

Cesta dos libros Biblioteca Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

... E TAMÉN:

Dende o día 15 de decembro tedes a vosa disposición o novo programa trimestral das actividades da biblioteca

Inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Estade atentos ao próximo newsletter e ao blog, facebook e twitter da biblioteca, onde poderedes atopar máis información das actividades.

Normas de inscrición da actividade

Normas de comportamento na actividade

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org